Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Crónica da fin de semana: dúas mínimas nacionais, un récord autonómico e varias mellores marcas para as nosas atletas.

Esta fin de semana Ourense acolleu o “Campionato Galego Absoluto e sub23 de Pista Cuberta” e, como non podía ser menos, as nosas atletas conseguiron bos resultados.

Alicia Barreiro López conseguiu o subcampionato galego absoluto na proba de 400ml cunha magnífica actuación parando o crono en 57’’89, dándolle un bo mordisco a súa anterior marca.

Diaou Diallo Chao alcanzou a medalla de prata na proba de triple salto cunha marca de 12.18m.

Xiana Lago Andrade obtuvo, tamén, a medalla de prata na proba de lanzamento de peso cunha marca de 12.23m, o que supón mellor marca da tempada e quedándose a tan só 2cm da súa mellor marca persoal.

Ricardo Negrete Barrioluengo quedou en 6ª posición na proba de 800ml realizando unha magnífica marca de 1:56.33 o que supón mellor marca persoal e mínima para o Campionato Nacional sub18, rebaixando o tempo requerido en case 3 segundos.

Antía Martínez Queimaño acadou o 4º posto na proba de 60 metros valos realizando mellor marca da tempada ao parar o crono en 9.10s.

 

 

 

 

En Salamanca celebrouse o "IV Control Autonómico Absoluto" onde Talía Mara Pérez Dambrauskas correu os 60ml facendo un rexistro de 7.58s en semifinais e 7.56s na final e, na proba dos 200ml, parou o crono en 24.47s facendo mellor marca persoal, novo récord asturiano e mínima para o Campionato Nacional de PC. Por outra banda, Laura Alonso da Costa participou na proba de 400ml do "Contro RFEA" realizando unha marca de 55.77s.

En Madrid celebrouse o "Campeonato Autonómico de Pista Cubierta" onde Diana Jiménez Guerrero acadou o subcampionato de salto con pértega cun salto de 3.66m e Yaiza Sanz Calvo términos no 12 posto na proba de salto de lonxitude cuna salto de 5.27m.

 
Por outro, na localidade mallorquina de Inca disputouse o "Campeonato Balear de Campo a Través" onde Marina Bagur Olives conseguiu alzarse con título autonómico de cross cun tempo de 34'39'' nos 9,3km do percorrido.

E, en Oviedo, celebrouse o "Campeonato Asturiano Absoluto y sub23" onde Rocío Díaz Granda saltou 1.63m na proba de salto de altura que lle serviu para subirse ao caixón máis alto do podium.