Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Amplia representación do clube en varias competicións esta fin de semana.

"Campeonato Absoluto de Castilla y León de PC"

"Control RFEA 200ml"

Salamanca

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado dispútase o "Campeonato Absoluto de Castilla y León" onde contaremos coa participación de Paula González García na proba de  60ml. Ademáis, dentro do campionato, celébrase un "control RFEA de 200ml" oinde estará presente a nosa atleta Talia Mara Pérez Dambrauskas.

"XI Campionato Xunta de Galicia Inverno Absoluto de Lanzamentos Longos"

"Control Inverno FGA Aire Libre

Pontevedra

Sábado 5 de febreiro de 2022

En Pontevedra celébrase o "Campionato Galego de Lanzamentos Longos" onde teremos participación local da man das atletas Laura Rico Bouza na proba de xavelina Xiana Lago Andrade na proba de disco. Por outra parte, no control de inverno da FGA teremos ao noso atleta Adrián Rivadulla Alonso nas probas de 800ml.

"Control Inverno FGA Pista Cuberta"

Ourense

Sábado 5 de febreiro de 2022

O sábado pola tarde dispútase o "Control Inverno FGA PC" na pista cuberta de Ourense onde contaremos coa presenza de Antía Martínez Queimaño nos 60mv Lia Caride Arufe nos 200ml.

"XXVIII Campeonato de Cantabri Absoluto de Invierno"

Mañá, sábado día 5, celébrase a primeira xornada do Campionato Absoluto de Inverno en Cantabria onde estará na liña de saída Paula González García na proba de 60mv.

"Campionat de Catalunya Absolut i Sub23 en Pista Coberta"

Pista Coberta de Catalunya (Sabadell)

Sábado 5 de febreiro de 2022

Este sábado, tanto en xornada matinal como vespertina, celébrase o Campionato autonómico de Catalunya onde teremos competindo a catro das nosas atletas. Elena Llobera Miro saltará na proba de salto de lonxitude, na proba de 800ml contaremos con Ona Alonso Camps  Irene Bonafonte Pardas, quen tamén correrá a proba de 1500ml. E, por último, nos 400ml tomará a saída Laura Alonso da Costa.

"XLIX Campionato de Galicia sub18H - XLI sub18M - XV sub16 de Campo a Través"

"XXV Memorial “Alejandro Lorenzo” – Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de Menores"

A Pobra do Caramiñal

Domingo 6 de febreiro de 2022

A Pobra do Caramiñal albergará este domingo a cita autonómica de campo a través en categorías sub18, sub16 e inferiores onde o noso clube terá unha amplia representación. En categoría sub 18 masculino competirán Ricardo Negrete Barrioluenga, Joel Novoa Gayoso, Adrián Rivadulla Alonso, Marcos Pérez Calvo, Sergio Fernández Rafales Diego Sánchez Aneiros. En categoría sub18 feminina estarán Carolina Santos Villalón Carmen Carrera Veiga.  En categoría sub16 feminina competirá Aroa Amado Prieto.

Por outra banda, en categoría sub14 competirán Adriana Castiñeira de Castro, Irma Veiguela Tizón, Olga Sánchez Romar, Billy Delgado Díaz, Brais Troitiño Díaz Bruno Castro Pereira. En categoría sub12 teremos a máxima representación coa presenza de Noa Seoane Rubiños, Lara  Fernández López, Carla Rioseco San José, Gala Fernández Castro, Claudia Garrido Gimeno, Manuela Baeza Rey, Adriana Sedes Montero, Elena Pita-Romero Brage, Carolina Ramil López, Hugo Veiguela Tizón  e  Arsenio Romero López. E, por último, en categoría sub10 tomarán a saída Martín Castiñeira de Castro  e Daniel Fachal de Castro.

¡Moítisima sorte a tod@s @s nos@s atletas!