Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Primeira proba da tempada para o noso clube: Ourense acapara todas as miradas esta fin de semana.

"XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta"

Ourense

Sábado 22 de xaneiro de 2022

Na xornada vespertina de este sábado disputase na Pista Cuberta de Ourense a "XVI Copa Xunta de Galicia de Clubs" onde estarán as nosas balas vermellas pelexando e defendendo as nosas cores. O equipo femenino estará formado polas seguintes atletas:

  • Talia Mara Pérez Dambrauskas nos 60ml.
  • Nos 60 metros valos estará Paula González García
  • Nos 200ml teremos a Inés Celorio Sánchez.
  • Na proba de 400ml participará Alicia Barreiro López.
  • Carolina Santos Villalón correrá os 800ml.
  • Carmen Carrera Veiga tomará a saída na proba de 1500ml.
  • Aroa Amado Veiga correrá os 3000ml.
  • No salto de altura competirá Rocío Díaz Granda.
  • María Blanco Méndez elevaráse no salto con pértega.
  • Rosalinda Ogie Ugo fará o salto de lonxitude.
  • Diaou Diallo Chao participará no triple salto.
  • En lanzamento de peso teremos a Xiana Lago Andrade.
  • As irmás Lucía e María Pérez Blanco, Talia Mara Pérez Aldara Ruiz Martínez conforman o relevo mixto.

¡Imos con todo, FORZA!

"Campeonato Regional de Pista Cubierta Individual"

Puertollano (Ciudad Real)

Sábado 22 de xaneiro de 2022

Celia Muñoz de Morales Castro disputará a proba de 60ml do "Campeonato Regional de PC" de Castilla-La Mancha que se celebrará o sábado.

"Trofeo-Ibercaja Ciudad de Zaragoza PC"

Palacio de los deportes de Zaragoza

Sábado 22 de xaneiro de 2022

O sábado disputarase o "Trofeo-Ibercaja Ciudad de Zaragoza PC" en xornada vespertina, onde contaremos coa presenza da nosa atleta Elena Llobera na proba de lonxitude.

"XII Copa Deputación de Lugo"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

Sábado 22 de xaneiro de 2022

Este sábado celébrase a "XII Copa Deputación de Lugo" en xornada de mañá e tarde tanto no módulo cuberto como ao aire libre ata onde se desplazarán varios dos nosos atletas. 

Por un lado, no módulo cuberto contaremos coa presenza de Bruno Castro Pereira nos 60ml infantil e, na mesma proba pero en categoría femenina, participarán as atletas Carmen Díaz PardavilaJulia Casal Fernández Olga Sánchez Romar.

Por outro lado, ao aire libre, teremos a participación de Brais Troitiño na proba de 1000ml infantil, Adrián Rivadulla Marcos Pérez nos 400ml absoluto, Joel Novoa Ricardo Negrete nos 800ml Sergio Fernández Diego Sánchez na proba dos 3000ml. En categoría femenina, Sara Martínez correrá os 500ml infantil e Noa Grandal tomará a saída na proba de 300ml.  Na proba de lanzamento de xavelina teremos a Laura Rico

"Campeonato de Asturias de Combinadas"

Palacio de Deportes de (Oviedo)

22-23 de xaneiro de 2022

Este fin de semana disputarase o "Campeonato de Asturias de Combinadas" onde teremos a participación da nosa atleta Rocío Díaz Granda no Pentatlón.

"Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Sábado 22 de xaneiro de 2022

En Sabadell contaremos, un fin de semana máis, con presenza das nosas atletas Laura Alonso da Costa e Ona Alonso Camps na proba dos 400 metros lisos.

"Reunión FAM 6"

Pista Cubierta de Gallur (Madrid)

Domingo 23 de xaneiro de 2022

Esta domingo celébrase a "Reunión FAM 6" na Pista Cubierta de Gallur, en Madrid, onde participará Diana Jiménez Guerrero na proba de salto con pértiga.

"XXXVIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO"

Ferrol (A Coruña)

Domingo 23 de xaneiro 2022

Este domingo celébrase a "XXXVIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO" onde as nosas cores estarán ben representadas grazas a unha amplia participación da nosa canteira.