Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Elena Llobera e Iria Rivas melloran marca en Sabadell e Getafe, respectivamente

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Control Pista Cuberta de Sabadell" onde participou a nosa atleta Elena Llobera Miro na proba de 60ml, realizando unha marca de 8.15s na semifinal e mellorando dita marca na final, onde acadou un tempo de 8.12s.

 

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de hoxe tivo lugar o Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista na localidade de Getafe, Madrid, onde participou a nosa atleta Iria Rivas Iglesias na proba dos 10km marcha na categoría absoluta femenina acadando un 14º posto e cruzando a línea de meta cun tempo de 49'26''.