Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Resultados da nosa canteira en Lugo e A Coruña

" RESULTADOS 4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

A competición de Lugo celebrada onte, día 4 de decembro, déixanos as seguintes marcas dos nosos atletas:

  • Bruno Castro Pereira fixo unha marca de 4m na proba de lonxitude.
  • Adriana Castiñeira realizou unha marca de 1.38m na proba de altura, mellorando así a súa anterior marca. Desafortunadamente, na proba de 500m tivo que abandonar.
  • Irma Veiguela Tizón realizou unha marca de 1.35m  na proba de altura, mentres que na proba de 500 metros acadou unha marca de 1:26.4 min.
  • Carmen Grandal Ardao conseguiu unha marca de 1:29.7 min na proba dos 500 metros.
  • Daniela Calvo Prados fixo unha marca de 1:40.5 nos 500m.

       Resultados módulo cuberto   

       Resultados aire libre

"RESULTADOS I CONTROL DE INVERNO"

Pistas Universitarias de A Coruña

Por outra banda, nas Pistas Universitarias de A Coruña, as nosas atletas realizaron as seguintes marcas:

  • Noa Seoane Rubiños  conseguiu unha marca de 9.51s na proba dos 60ml, quedándose moi preto da súa mellor marca.
  • Alicia Jove Novo acadou unha marca de 1:35:57 min na proba de 500 metros, preto tamén da súa mellor marca.
  • Lara Fernández López fixo unha marca de 3:33:81 min na proba de 1000ml.

       Resultados I Control Inverno A Coruña

Fantástica fin de semana para os nosos nenos e as nosas nenas, deixando un bo sabor de boca despois de tanto tempo sen competir.