Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Lugo, A Coruña e Granollers, próximas citas con representación do clube.

"4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

Sábado 4 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse o 4º Control da delegación de Lugo onde a nosa canteira estará representada na categoría sub14 polos seguintes atletas:

Na proba de lonxitude homes formará parte o noso atleta Bruno Castro Pereira, mentres que na proba de 500ml mulleres participarán as atletas Adriana Castiñeira de Castro, Irma Veiguela Tizón, Carmen Grandal Ardao e Daniela Calvo Prados. Así mismo, as atletas Adriana e Irma formarán parte tamén da proba de altura.

 

"I CONTROL DE INVERNO"

Pistas Universitarias de A Coruña

Sábado 4 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse o I Control de Inverno de A Coruña onde tamén estará representada a nosa canteira na categoría sub12 polos seguintes atletas:

Noa Seoane Rubiños tomará parte na proba de 60ml, Alicia Jove Novo participará na proba de 500ml e Lara Fernández López realizará o mesmo na proba dos 1000ml.

 

"LV CROSS INTERNACIONAL DE CATALUNYA CIUTAT DE GRANOLLERS"

Instalaciones Municipales de Granollers

Domingo 5 de Decembro de 2021

O domingo 5 de decembro dará lugar o LV Cross Internacional de Catalunya onde o noso clube estará representado pola atleta absoluta Irene Bonafonte.