Noticias Web FGA .- Todo por decidir logo da segunda xornada de Liga

Noticias FGA

Todo por decidir logo da segunda xornada de Liga

Aconteceu esta fin de semana o segundo encontro correspondente á Liga Nacional de clubs tanto na División de Honra como na Primeira categoría. A esta importante cita acudiron un total de cinco equipos con aspiracións e necesidades bastante dispares.
Comezando pola División de Honra masculina, paso importantísimo dado pola Sociedad Gimnástica na súa aspiración por permanecer un ano máis entre os grandes do atletismo nacional grazas ó terceiro posto acadado no seu encontro disputado en Soria e na que aventaxaría por un só punto o cuarto clasificado o conxunto do L´Hospitalet. Con esta puntuación os pontevedreses colócanse de 12º con catro puntos deixando tras deles  a catro equipos con 2 puntos e que o fan estar con pe e medio unha ano máis na División de Honra.
Pola súa banda na categoría feminina o RIA Ferrol, non puido evitar o cuarto lugar do seu cadrangular desenvolto en Donostia onde ocadaría unha puntuación total de 131 puntos que as colocan de 14ª  na clasificación xeral logo das dúas xornadas e que obligan as ferrolanas a tomar parte no último e decisivo encontró na procura da salvación. As opcións pasan por  gañar no octoganal pola permanencia tanto ó Valladolid, Bidezabal como Tenerife, equipos accesibles para o experimentado conxunto de Ferrol.
Xa na primeira división fantástico papel dos equipos celestes na que tanto as mulleres como os homes repetirían a meritoria segunda posición colleitada na primeira xornada o que lles permite disputar o último encontro da Fase de Ascenso.  Os homes que parten de octavos, sairán a competir e disfrutar sabedores de que un ano máis estarán na Primeira División. O Atletismo Femenino Celta, que parte como quinto clasificado, benefícialle o sistema de “atleta por proba” o que fai partir con certas posibilidades as olívicas nun encontro que será moi emocioante.
O Atletismo Narón desprazado ata Donostia cumpliría tamén no seu difícil encontró no que como se agardaba non puido pasar da cuarta posición a pesares da motivación e gañas amosadas polos seus compoñentes. Con esta puntuación pasan a ocupar o 13º lugar da clasificación xeral o que lles obliga a pelexar  no decisivo octogonal por estar de sextos en adiante. O Moratalaz a priori parece o conxunto máis feble, centrándose a loita entre Correr el Garbi e o Lleida cun potencial moi semellante ós naroneses
Por último o equipo feminino da Gimnástica baixaría un posto en relación ó seu primeiro encontro o que lle permitiría sumar un punto. O casilleiro das pontevedresas, con tres puntos, fan que encaren o último encontro con certas garantías xa que son catro equipos os que ten tras de si.  Sabadell e Tenerife serán os riváis a batir de maneira directa para evitar surpresas.