Enviado por RIA el Lun, 04/23/2018 - 16:25
Noticias FGA
Destaco papel dos universitarios galegos no seu nacional
Andujar daría collida esta fin de semana o Campionao de España Universitario, cita a que acudiron un bo número de atletas galegos en representación de varias universidades.
A nivel xeral colleitarían un total de setemedallas nas que destacan os títulos de Okutu e Leticia Gil en Lonxitude con 7.56 m. e 5.82 m. así como a de Frank Casañas en Disco con 55.13 m.
Por Universidades e actuacións, os resultados quedaron así:
Universidade de Vigo
-
Jean Marie Okutu, campión de España Universitario en lonxitude con 7.56 m.
-
Leticia Fernández, medalla de prata nos 1500 m. con 4:24.04
-
Sergio Paredes, 4º no martelo con 52.51 m.
-
Miguel Cajaraville, 4º en pértega con 4.50 m.
-
Marta Fernández, 7ª nos 400 valados con 1:05.11
-
David Abalde (3º/1ªsemf.) dos 400 m. con 49.60
Universidade da Coruña
-
Antía Martínez, medalla de prata nos 100 m.v. con 15.10
-
Anxo Blanco, 4º en triple con 14.93
-
Javi Cancela, 7º nos 100 m. con 11.02
-
Paula Iglesias, 8ª nos 400 m. con 58.10
Universidade de Santiago
-
Fernando Vales medalla de bronce nos 800 m. con 1:51.46
-
Javi García, 6º con 10.97 en 100 m. e 8º nos 200 m. con 22.58
-
Xiana González, 6ª nos 200 m. con 26.70
-
Iago Núñez, 7º nos 110 m.v. con 15.27
-
Miriam Otero, 8ª nos 200 m. con 27.18
-
Alexander Barreiro, 9º en Triple con 14.20 m.
-
Luis del Rio (6º/1ª smf) dos 800 m. con 1:54.14
-
Santiago Rozas (4º/2ª Smf.) dos 110 m.v. con 15.89
Outras universidades con presencia galega
-
Leticia Gil Pérez (Complutense de Madrid), Campiona de España en lonxitude con 5.82 m.
-
Frank Yennifer Casañas (U. Católica de San Antonio) Campión de España en disco con 55.13 m.
-
Carlos Revuelta (UNED), medalla de bronce en martelo con 61.28 m.
-
Marcos Cintrón (UNED), 5º en 10.000 marcha con 47:41.16