Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Atletas e adestradores galegos concentrados coa Real Federación Española de Atletismo

 
 
Atletas e adestradores galegos concentrados coa RFEA
A Semana Santa é un período apropiado para a celebración de concentracións xa que serve de ponte entre a tempada de campo a través, pista cuberta e ruta e a tempada de aire libre. Adestramentos conxuntos, contacto con atletas doutros clubs e intercambio de experiencias e coñecementos dos adestradores son algúns dos obxectivos que se perseguen nas devanditas concentracións. Ademáis da concentracción de marcha a nivel galego son tamén varios os atletas que se atopan concentrados cos seus diferentes sectores a nivel nacional. Así en León, do 12 ao 16 de Abril ademais de Claudia Rojo del Ria de Ferrol e o seu adestrador José Antonio Paz no sector de valos atopánse algúns dos xovenes con mais futuro do atletismo galego e que tan bos resultados acadaron nos últimos campionatos de España. Eles son o lucenses Miguel González, Tariku Novales, do Atletismo Noia e Uxía Pérez, do atletismo Tui en fondo e Jorge Puig, da SGP e Angela González, do Comesaña en mediofondo. Nas mesmas datas, en Los Alcázares (Murcia) comparten sede as especialidades da marcha, as probas combinadas e saltos. Alí están a marchadora do Afflelou Narón Maria Abeledo, o atleta da SGP Dario Costas nas probas combinadas e a barbanza Iria Forján en lonxitude, quen parece estar xa recuperada das lesións que lle acompañaron case toda a tempada pasada. Tamén na concentración preparatoria para a copa do Mundo de marcha están preparandose dous galegos que xa saben o que é ser internacionais nesta disciplina: Lorena Luaces e Francisco Duran. Finalmente, durante os días 16 ao 21 abril no Car de San Cugat estará a monfortina que este ano defende as cores do Ria Ferrol Saleta Fernández na concentracción de altura.
A Semana Santa é un período apropiado para a celebración de concentracións xa que serve de ponte entre a tempada de campo a través, pista cuberta e ruta e a tempada de aire libre. Adestramentos conxuntos, contacto con atletas doutros clubs e intercambio de experiencias e coñecementos dos adestradores son algúns dos obxectivos que se perseguen nas devanditas concentracións. Ademáis da concentracción de marcha a nivel galego son tamén varios os atletas que se atopan concentrados cos seus diferentes sectores a nivel nacional. Así en León, do 12 ao 16 de Abril ademais de Claudia Rojo del Ria de Ferrol e o seu adestrador José Antonio Paz no sector de valos atopánse algúns dos xovenes con mais futuro do atletismo galego e que tan bos resultados acadaron nos últimos campionatos de España. Eles son o lucenses Miguel González, Tariku Novales, do Atletismo Noia e Uxía Pérez, do atletismo Tui en fondo e Jorge Puig, da SGP e Angela González, do Comesaña en mediofondo.