Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 29/03/2017 . Victor Arufe, deixa a Secretaría Xeral da FGA logo de dez anos ó fronte da mesma

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/03/2017 . Victor Arufe, deixa a Secretaría Xeral da FGA logo de dez anos ó fronte da mesma

Logo de  preto de 10 anos ó fronte da Secretaría Xeral da Federación Galega de Atletismo o  vindeiro dia 31 de marzo Victor Arufe Giraldez deixará o seu actual cargo que pasará a ser ocupado por Dolores Rojas.

Mediante comunicado enviado ós estamentos atléticos no dia de onte anunciaba oficialmente a súa despedida malia que dende a propia federación xa se coñecían dende fai meses as intencións do Secretario Xeral e profesor universitario da UDC, que pasará deste xeito a centrarse nas súas dúas pasións: a docencia e a formación.

Do paso de Victor Arufe pola F.G.A. destácase a gran capacidade tanto de traballo como de organización asi como o súa sempre profesional e acertada xestión ó fronte dun área tan determinante como é a Secretaría Xeral. Da mesma forma coincidiría o seu periodo co medre tanto en recursos como en medios que experimentaría o atletismo autonómico na última década.

Dende esta Federación queremos amosar as nosas máis fondas gratitudes e recoñocementos á gran labor desenvolta polo noso compañeiro a quen llen dexesamos os maiores éxitos e medre personal nos seus novos retos profesionáis.