Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 19/03/2017 . Gran ambente no Campionato Galego Indoor Benxamín, Alevín e Infantil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/03/2017 . Gran ambente no Campionato Galego Indoor Benxamín, Alevín e Infantil

Este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor acollería o último Campionato de Pista Cuberta da presente tempada na nosa Comunidade e na que os benxamíns, alevíns e infantiles serían os protagonistas.

Como se agardaba, gran ambente tanto nas bancadas coma nas pistas na que a deportividade, as boas actuacións e as gañas de tomar parte foron a tónica domiñante.

A nivel de resultados, salientamos o Récord Galego benxamín da atleta do Marineda Celia Puente nos 50 m.l. con 8.12 que tamén resultaría gañadora na proba dos 500 m., Iria Solera do Ourense Atletismo quen na categoría benxamín gañaría as probas de Altura e 1000 m. asi como os atletas Infantiles do Vila de Cangas Sara Mallo e Jacobo Díaz, gañadores das probas de  Lonxitude e Triple asi como de  Altura e Pértega respectivamente