Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 17/03/2017 . 28 atletas toman parte no nacional cadete desta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/03/2017 . 28 atletas toman parte no nacional cadete desta fin de semana

Un total de 28 atletas galegos (19 mulleres e 9 homes) tomarán parte esta fin de semana no XXX Campionato de España de Pista Cuberta que se vai a desenvolver nas pistas malagueñas de Antequera.

Entre a relación de atletas participantes prestaremos especial atención El Medhi El Nabaoui do San Paio A Estrada quen parte como claro favorito ó título nacional nos 3.000 m.l. grazas ós seus 8.53.24 que fan que se sitúe de maneira destacada ó fronte do ranking nacional. Outras actuacións das que teremos que estar moi pendentes serán as que protagonicen as atletas Nerea Iglesias do Atletismo Fontes do SAR nos 60 m.l;  Elsa Pena do Atletismo Tui nos 3.000 m. e Valeria Rodríguez do A.Vila de Cangas que tomará parte no concurso de peso as cales se atopan situadas entre as dez primeiras do ranking nacional indoor das súas respectivas probas.

Noutro orden de cousas os veteranos Manuel Rosales (independente) e Xosé Manuel Meizoso (Olympo As Pontes) tomarán parte este domingo no XLII Campionato de España de Veteranos de Campo a Través que se desenvolverá na localidade alicantina de Elda.