Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 12/03/2017 . Miguel González e Adrián Ben, amplían o seu palmarés en Gijón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/03/2017 . Miguel González e Adrián Ben, amplían o seu palmarés en Gijón

Vense de disputar este domingo a XCIX Campionato de España de Campo a Través na que Galicia acadaría un total de dúas medallas individuáis.

Na categoría Junior feminino as nosas representantes conseguirían a oita posición ca entrada en meta no posto 33º da nosa millor atleta Inés Castaño. Nos homes, quinto posto por Seleccións onde destacaría o título de Campión de España de Miguel González e o subcampionato de Adrián Ben que desta maneira completan un inmellorable fin de tempada invernal que deixa moitas esperanzas e ilusións de cara ó aire libre.

Na categoría Promesa tanto feminina como masculina, oitavo posto por Comunidades onde  Angela González no posto 15º e Alberto Castiñeiras no posto 27º serían os millores dos galegos clasificados. Xa na categoría absoluta feminina décimo posto para as galegas con Esther Navarrete encabezando a selección no posto 21º e décimo primeiro para os homes, cun Manuel Hurtado como millor galego no posto 33º.