Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .-02/03/2017 . A armada Galega de marcha, rumbo a Hierro

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2017 . A armada Galega de marcha, rumbo a Hierro

Este sábado dia 4 dispútase na localidade canaria de Valderde (El Hierro) unha nova edición do Campionato de España de Marcha na que un importante número de atletas galegos acudirá a pelexar polas medallas e os títulos en xogo. Da mesma maneira, tamén están por decidir as plazas para formar parte da selección española á que varios galegos optan.

Na proba raiña da compitición, os 50 km. masculinos cóntase ca presencia do internacional  Fran Durán da Real Sociedad  que  intentará continuar ca súa importante progresión e millora na mesma. Nos 20 km. femininos presencia destacada das galegas do RIA-CCA Samantha MulloniRocio Carbía e Carmen Fuentes que xunto a Mar Chillón do Valencia Esports garanten calidade nesta distancia.

No tocante á Selección, Galicia acude con catro equipos das categorías junior e xuvenil as cales estarán na loita polas medallas e mesmo ó titulo por Seleccións. Individualmente salientamos a presenza dos cadetes Hugo Martínez doFrancicanos de Lugo e Ana Piñeiro do Vila de Cangas así como a dos xuveniles Iria Rivas do Cuntis e Roberto Vieiro doC.A.Santiago que intentarán acadar algúns dos metáis en disputa.

Na categoría junior cóntase con serias opcións ó titulo na figura de Brais Prieto do Real Clube Celta en homes así como Antía Chamosa do C.A.Valladolid  Carmen Escaríz do Bidezabal en mulleres. Por último, no campionato de España de Veteranos importante presenza de Conchy Campos do Sekulebedarra que tomará parte nos 10 km.

MARCHADORES GALEGAS/OS