22/11/2016 . A Pobra agarda o Campionato de Galicia de Marcha de inverno |
O Concello da Pobra do Caramiñal será esciario (e organizador xunto a Agrupación Deportiva do Barbanza) o vindeiro sábado 26 de Novembro, da disputa da XV Campionato de Galicia de Marcha de Inverno que dará cita no Estadio da Alta a un total de 156 marchadores que loitarán por uns dos primeiros títulos da presente tempada. O campìonato que comezará a desenvolverse dende as 11.00 horas ca saida das categorías inferiores, terá a partir das 12.25 h. as posta en escea dos absolutos. A ausencia de Fran Durán e Eva Iglesias daralle a priori ós irmáns internacionáis Daniel e Antia Chamosa un papel de favoritos Noutro orden de cousas o mércores 23 as 13.30 horas na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Pobra terá lugar a rolda de prensa de presentación do campionato na que estarán presentes o alcalde do Concello Xosé Lois Piñeiro, a Concellala de Deportes Genoveva Hermo, asi como o Delegado da F.G.A en Santiago Iván Sanmartín e o Responsable de Marcha da FGA Carlos Morales. |