Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 20/06/2016 . Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/06/2016 . Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Destacado balance de actuación o protagonizado pola Selección Galega Cadete no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolveu esta fin de semana  en Cartagena.

Nas tres xornadas que duraría o encontro, sen lugar a dúbidas, o máis salientable sería a actución de Olaia Guisela Becerril que se imporía no concurso de lonxitude con 5.76 m. millorando ademáis o récord galego cadete en posesión de Iria Forjan en catro centímetros.

Nicolás Area sería outro dos protagonistas no concurso de disco, impoñéndose cun millor lanzamento de 55.75 m. e quitando máis de catro metros ao segundo clasificado.

Podiums de prata para os galegos, Lucía Sicre  nos 600 m.l. con 1.37.43; Sara López  nos 1500 m. Obstáculos con 5.07.56 e cuia marca representa un novo record galego millorando en preto de seis segundos a anterior marca que ela mesmoa poseía dende principios deste mes;  Cristina Freire no concurso de disco con 34.43 m.; e Iria Rivas nos 3000 m. Marcha con  14.37.26,  El Medhi El Nabaoui nos 3000 m.l. con 9.08.66. As únicas medalle de bronce correspondería a Marco Martínez en altura con 1.84 m. asi coma na do relevo feminino dos 4x100 m.

Serían precisamente protagonistas os relevos femininos xa que os seus rexistros de 49.05 nos 4x100 m. e de  2.50.45 nos 4x300 m. suporían sendos récords galegos. 

A nivel de Seleccións Galicia ocuparía ao remate na categoría feminina unha destacada quinta posición con 225 puntos sendo os homes sextos con 185,5 puntos.

RESULTADOS HOMES                     RESULTADOS MULLERES