Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 10/06/2016 . Moi importante para organizadores de probas no Calendario Oficial da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/06/2016 . Moi importante para organizadores de probas no Calendario Oficial da FGA

A FGA informa que dende hoxe todos os organizadores de probas incluídas no Calendario Oficial da FGA que non utilicen a plataforma de pago da propia federación terán que abonar un anticipo do 50% da factura proforma xenerada para a súa competición con anterioridade a data da celebración do evento, para poder garantir a asistencia de xuíces e medios técnicos da FGA. Os organizadores que non afronten o pago serán retirados automáticamente do calendario e non terán os servizos desta federación. A medida surxe como resposta ao número alto de débedas de organizadores de probas en pista, ruta, montaña e campo a través e para garantir o pago dos xuíces e técnicos do Programa de Tecnificación da FGA.

Asemade aprobáronse diferentes acordos que mellorarán a xestión do atletismo galego. Podes consultas as novidades nesta Circular 54-2016