Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 29/01/2016 . Previa Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes e Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Traves

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/01/2016 . Previa Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes e Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Traves

O vindeiro domingo 31 de xaneiro na localidade lucense de Friol disputarase o Campionato de Galicia de Cros Curto por equipos, na última edición os campións foron  en homes o New Balance, que este ano non presenta equipo e que deixa o camiño aberto á Sociedade Gimnastica de Pontevedra de recuperar o título que obtivo no 2014. En mulleres o club favorito é o Comesaña Sporting Club, quen vén de conseguir os sete últimos títulos consecutivos, participan nesta edición, Soidade Castro, Sandra Mosquera, Sara Pérez. No Campionato Xuvenil de Campo a través, destacamos que os últimos vencedores en ambas as categorías, Miguel González Carballal  e Ana García Arias, Lucus Caixa Rural e Lugo Running respectivamente non poderán revalidar o título ao cambiar de categoría. No Campionato Cadete de Campo a través, repítese a situación da categoría Xuvenil, os vixentes campións Lucía López e Adrián Lago.