Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Solange Pereira e Ana Peleteiro Campionas de España, plata para Okutu e bronce Mauro Triana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Solange Pereira e Ana Peleteiro Campionas de España, plata para Okutu e bronce Mauro Triana

A  segunda xornada do Campionato de España Absoluto deparou unha vez máis bos resultados para os nosos atletas.   Ana Peleteiro proclamábase Campioa de España Absoluta cun mellor salto de 13.95 confirmando que o futuro dá especialidade é seu e que tras diversas lesións volve estar a un gran nivel. Mauro Triana demostrou dende a primeira rolda que está nun sensacional estado de forma correndo en 21.65, a semifinal en 21.44 e a final con 21.23 logrando o bronce e novo record galego promesa. Nos 1500 femininos na final Solange Pereira e Leticia Fernández, nunha carreira táctica Solange logrou o título de Campioa de España ao igual que o fixese na pista cuberta, Leticia Fernández realizou tamén unha boa carreira. Na lonxitude Jean Marie Okutu lograba a medalla de prata en lonxitude con 7.78 e por último Esther Navarrerte nos 5000 metros foi cuarta con 16.26.34 marca persoal, indo sempre non grupo de cabeza e pelexando ata o final. Actuaccion Galega