Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 01/08/2015 . Campionato de España Absoluto:F. Casañas,L. Parada, A. Peleteiro, S.Pereira ,oros, I. Vicente ,B. Toimil, Okutu .platas, M. Triana, Bronce

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/08/2015 . Campionato de España Absoluto:F. Casañas,L. Parada, A. Peleteiro, S.Pereira ,oros, I. Vicente ,B. Toimil, Okutu .platas, M. Triana, Bronce

Desde hoxe ata o domingo , se esta disputado o nacional absoluto cunha ampla presenza de atletas galegos 
Galicia preséntase coa maioría dos atletas que tomaron parte o pasado final de semana en Gijón no Campionato de España por Federacións, onde nosa comunidade realizou un bo campionato e con varios atletas con moita opcións de medalla e melloras as súas marcas persoais 
Na xornada de hoxe sábado, na primeira final do Campionato a atleta galega en intervir foi a marchadora Mar Chillón na proba de 10000 marcha, ocupando a decima praza cun rexistro de 50.29.18 
Polo que se refire aos atletas que competiron na mañá de hoxe, pasaron as súas rondas en 200 Mauro Triana (CCC) e Sergio Rodriguez (CCC) 21,65 e 22.05 ; Miguel Pérez (LUC) 14.91 e Teresa Rodriguez (VALL) 14.60 en valados; Adrian Pérez (TEN) en 100 con 10.84

A segunda final da xornada foi a xabalina homes, onde tomaban parte Manuel Uriz e Borja Barbeito, ambos tiveron un concurso moi por baixo do seu nivel, non podendo loitar polas medallas que polas súas marcas estaban en disposición deles, pero unha moi mala mañá soamente lograron o oitavo e noveno posto cuns discretos 62,72 e 61,42

Xornada de Tarde

A xornada nos deparo tres metais e unha vez máis os lanzamentos , volveron dar alegría ao noso deporte, como é o caso de Frank Casañas, que non defraudo e proclamar campión de disco coa segunda mellor marca da tempada con 61,48 metros. O martillo Isaac Vicente, cumpriu cos pronósticos e logra medalla de prata en martillo cun mellor rexistro de 70,17, sendo a súa terceira mellor marca da tempada. En peso mulleres tamén se cumpriu o guión e Belen Toimil, faise coa medalla de prata cunha marca de 15,98 metros.

Solange Pereira e Leticia Fernandez, se meten na final dous 1500 ao cruzar a meta en terceira e cuarta posición dá segunda semifinal.          En triplo Jose A. Palomanes, fíxose co quinto posto cun mellor salto de 15,76 lonxe dos 16,12 metros da súa mellor marca. 
Como colofón da primeira xornada do Campionato, a atleta do Barbanza, Lidia Parada realizou un lanzamento de 59,03 metros na jabalina, facéndose co titulo de Campioa de España Absoluta. 
Gran tempada de Lidia que volve bater o record de nacional e galego sub´23 que ela posuía desde o pasado dia 18 de Xullo en Ourense no Campionato galego absoluto

  Actuaccion Galega