Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 24/05/2015 . Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamín, Alevín e Infantil por equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos

Fantástica xornada a vivida nas Pistas do Complexo Deportivo A Fieiteira de Riveira durante o Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos. En xornada de mañán celebrouse o campionato benxamin e alevin con podium para Vila de Cangas, Atlética Barbanza e San Narciso en benxamin homes e Club Atletismo Sada, Vila de Cangas e Sammertolameu en benxamin femenino, Vila de Cangas, Ourense Atletismo e San Narciso en alevin homes e Olímpico de Vedra, Ría Ferrol e Millaraio en alevin mulleres. Xa na tarde, con un programa mais completo en canto a probas foi o turno dos infantis con podium para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Millarario e Franciscanos en homes e Vila de Cangas, Beade e Ría Ferrol en mulleres. Salientar o bo ambiente e a amplia participación nun campionato que medra ano tras ano.