Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 15/04/2015 . No día de hoxe deixounos Suso Alonso, parte da historia do atletismo compostelano, galego e nacional

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/04/2015 . No día de hoxe deixounos Suso Alonso, parte da historia do atletismo compostelano, galego e nacional

Nos últimos anos padecía unha grave enfermidade, o seu amor polo atletismo palpábase nas competicións nas que colaboraba ou xestionaba e no seu traballo a diario. Formou parte de numerosas comisións e comités, entre eles salientar a sua membresía á Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo e o seu cargo como 1º Director Técnico da FGA trala súa constitución como federación, periodo na que acompañouno como Presidenta do Comité Galego de Xuices Dª. Rosa Janeiro, a súa viúda, a quen enviamos unha forte aperta. Tamén foi delegado da Delegación de Santiago e como xuiz foi convidado e actuou nos Xogos Olímpicos do Barcelona 92, sempre sendo un gran referente dos xuíces galegos. Suso era unha persoa de trato cercano, amable, traballador e moi sociable. Dende a FGA lamentamos esta perda dun ser excepcional e desexamos transmitir o noso pésame para toda a súa familia e amigos.