Friol será escenario o vindeiro 25 de Xaneiro.por segundo ano consecutivo, doCampeonato Galego de Cross Curto de Clubs, ademáis do Campeonato Galego Cadete e Xuvenil de Cross e o Memorial Alejandro Lorenzo de Cross, e que está organizada pola Delegación Lucense de Atletismo e o Concello de Friol en colaboración co club de atletismo da localidade.
Club Fluvial - Vestiarios / Duchas
A competición se desenrolará no entorno do Club Fluvial da localidade, no mesmo circuito que o pasado día 10 albergaba o Campeonato Provincial de deportes.
Preto dun milleiro de atletas de toda a comunidade estarán presentes na localidade lucense, onde os atletas buscarán a clasficación para o Campeonato de España de Clubs, que se disputará no mes de Febreiro en Cáceres. No que se refiere o capítulo individual nas categorías cadete e xuvenil, este campeonato será clasificatorio para o Campeonato de España por Autonomías de cross que organiza o CSD e que se disputará en Guadalajara no mes de marzo.
Os clubs Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Comesaña Sporting Club son os actuales campeóns galegos, títulos acadados o ano pasado en Friol. As probas comenzarán a partir das 10.30 horas da mañá.
Plano situación circuito: