Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 14/01/2015 . ACORDO DA COMISIÓN DELEGADA DA ASEMBLEA XERAL DA FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
ACORDO DA COMISIÓN DELEGADA DA ASEMBLEA XERAL DA FGA
A Comisión Delegada, órgano de goberno da FGA, celebrou unha xuntanza na tarde de onte en Vigo con carácter urxente. O contido do acordó alcanzado por unanimidade foi o seguinte:
Tras coñecer a decisión do concello de Vigo de pretender apropiarse da lexitimidade organizativa das carreiras de ruta de San Xoan e do Nadal así como a de “encargar” á organización dás mesmas á entidade deportiva Media Maratón de Vigo, a Comisión Delegada da Asemblea Xeral acorda:
1. Reivindicar o dereito organizativo da Delegación de Vigo desas dúas carreiras de ruta, tal e como vén sucedendo nas últimas décadas.
2. Denunciar o abuso de autoridade do concello de Vigo por apoderarse de dous eventos deportivos que organizativamente non lle corresponden.
3. Instar ao concello de Vigo a que rectifique a súa arbitraria e inxusta decisión.
4. Ordenar  ao Presidente da FGA, como órgano executivo de goberno, no caso de que o concello persista na súa decisión de vulnerar dereitos organizativos que non lle competen, a terminar a relación da FGA co concello de Vigo na xestión das pistas municipais de Balaídos desde o próximo 1 de febreiro.
No transcurso de esta mañá o contido deste acordo será presentado no rexistro oficial do Concello de Vigo por parte do delegado da FGA en Vigo.