Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Curso de Adestrador de Club. Nivel II RFEA. ¡¡¡Proximamente en Galicia!!!

 
 
06/06/2014 . Curso de Adestrador de Club. Nivel II RFEA. Próximamente en Galicia!
Dentro do compromiso ca formación de técnicos en atletismo a Federación Galega de Atletismo convocará en breve un Curso de Adestrador de Club Nivel II RFEA, ao curso poderán acceder aqueles técnicos que teñan o título de Monitor Nacional de Atletismo (Nivel I RFEA).
Para unha mellor planificación do curso, pregamos que todos os interesados en facelo cubran este formulario cas súas preferencias, de este xeito nos acolleremos ás preferencias da maioría dos potenciais alumnos. Graciñas pola vosa colaboración. O prazo remata o vindeiro día 13 de xuño.

 

Noticias Web FGA .- Equipos participantes no Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil por Equipos (Santiago, 14.Jun.2014)

 
 
Equipos participantes no Campionato Galego Benxamin, Alevin e Infantil por equipos

Amplisima participación no Campionato benxamin, alevin e infantil que se celebrará o vindeiro dia 14 nas pistas da Universidade de Santiago:

BENJAMIN MASCULINO: RIA Ferrol, Atlética Lucense, Lourenzá, Atletismo Fontes do Sar, Franciscanos, AVA, SGP, Atletismo Estrada, Ourense, Millaraio, Atletismo Noia, ADAS e Vila de Cangas
BENJAMIN FEMENINO: RIA Ferrol, Atlética Lucense, Lourenzá, Atletismo Fontes do Sar, Franciscanos, AVA, SGP, Atletismo Estrada, Ourense, Millaraio, Atletismo Noia, ADAS, Vila de Cangas e Club Atletismo Sada
ALEVIN MASCULINO: Atlética Lucense, Marineda, Lourenzá, Atletismo Fontes do Sar, Franciscanos, AVA, Afflelou Narón, SGP, Ourense, Millaraio, Atletismo Noia, ADAS, Club Atletismo Sada e Vila de Cangas
ALEVIN FEMENINO: RIA Ferrol, Atlétic A Silva, Atlética Lucense, Marineda, Lourenzá, Beade, Franciscanos, Guillerme Brown, AVA, Afflelou Narón, SGP, Atletismo A Estrada, Atletismo Noia, Ourense, Millaraio, ADAS, Club Atletismo Sada e Vila de Cangas
INFANTIL MASCULINO: RIA Ferrol, USC, Franciscanos, Guillerme Brown, AVA, SGP, Santa María del Mar, Millaraio, Lucus, Atletismo Noia e Vila de Cangas
INFANTIL FEMENINO: RIA Ferrol, Atlética a Silva, Atlética Lucense, USC, Beade, Franciscanos, AVA, Afflelou Narón, SGP, Santa María del Mar, Atletismo A Estrada, Atletismo Noia, Millaraio, Lucus, Ourense, ADAS e Vila de Cangas

 

Noticias Web FGA .- Convocatoria de eleccións da Federación Galega de Atletismo

29/05/2014 . Convocatoria de eleccións da Federación Galega de Atletismo
En base ás competencias emanadas dos Estatutos da Federación Galega de Atletismo; da Ley 3/2012 do Deporte de Galicia maila Orde do 8 de setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de setembro de 2010, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas, 
Convócase: elección dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo, con representatividade durante o período 2014 ata o 2018. 
En consecuencia, dende hoxe 29 de maio ata que finalice o proceso electoral, constitúese á Xunta 
Electoral da Federación Galega de Atletismo, que estará integrada polos seguintes membros: 
•D. José Antonio Bastos González (Presidente) 
•D. Manuel Mora y Vita da Veiga (Secretario) 
•D. Ramón Tasende Díaz (Vocal) 
Asemade, dende hoxe, a Xunta Directiva da FGA queda disolta, contituíndose en Comisión Xestora que non poderá realizar mais que actos de mera administración e trámite

 

Noticias Web FGA .- PLAN DE VIAXE DA SELECCIÓN GALEGA CADETE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA POR SELECCIONS AUTONÓMICAS

 
PLAN DE VIAXE DA SELECCIÓN CADETE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA POR SELECCIONS AUTONÓMICAS
A Secretaría Xeral para o Deporte acaba de confirmar o plan de viaxe da selección galega para o campionato de España por Seleccións autonómicas na categoria cadete que se celebrará este vindeiro fin de semana en Valladolid.
Viaxe de ida09.00h VIGO (Kiosko Praza España)- 09.30 PONTEVEDRA (Pavillón Municipal de Deportes. Rúa Juan Manuel Pintos)-10.15 SANTIAGO (Estadio Multiusos San Lázaro)-10.45 Area de Servizo Repsol Coirós (Autovía E-70, A-6 Km.558)-11.45 LUGO (Hotel Jorge I. Ctra N-640 k,89)- 14.15 Parada en Astorga para xantar-17.30 Chegada a Valladolid
Estancia Hotel La Vega
Viaxe de regreso
: 14.30 Saída de Valladolid- 18.45 LUGO (Hotel Jorge I. Ctra N-640 k,89)- 20.15 SANTIAGO(Estadio Multiusos San Lázaro)- 21.00 PONTEVEDRA (Pavillón Municipal de Deportes. Rúa Juan Manuel Pintos)-21.30 VIGO (Kiosko Praza España)
Lembramos a tódolos atletas a obrigaroriedade de levar DNI ou pasaporte, forografía e folla de autorización para a viaxe asinada polos pais/tutores.

 

Noticias Web FGA .- Campionato Galego de Probas Combinadas

 
Campionato Galego de Probas Combinadas
Nunha última xornada pasada por auga, celebrouse nas pistas de atletismo do CGTD o Campionato Galego de Probas Combinadas. Santi Ferrer con 6381 puntos e Sandra Carballo con 4137,ámbolos dous da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, foron os dominadores e novos campeóns absolutos no decatlón e heptalón, respectivamente. Dominio claro tamén para o atleta do ADAS Adolfo Sainz-Maza na categoría junior con 6210 puntos, millorando notablemente o seu rexistro acadado hai unhas semanas no Campionato de España de Probas Combinadas. Na categoría xuvenil os vencedores foron dous dos atletas galegos con maior proxección, Dario Costas da SGP no decatlón xuvenil e Claudia Rojo, do Ria Ferrol en hexatlón con 4.807 puntos. Finalmente, a categoria mais disputada e con maior participación foi a cadete femenina  con triunfo  para  Andrea González do Millaraio con 2900. Resultados
Fotos: Antón Gómez

 

Noticias Web FGA .- Notificación de convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da Federación Galega de Atletismo

 
23/05/2014 . Notificación de convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da Federación Galega de Atletismo
Habéndose recibida nesta federación a resolución do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, asinada o 21 de maio de 2014 e aprobando o Regulamento Electoral remitido previamente pola FGA, tras a proposta feita pola Asemblea Xeral Extraordinaria, conforme á súa adecuación á Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia e á Orde do 8 de setembro de 2010, pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, é en aplicación do calendario electoral aprobado pola Xunta de Galicia, notifícase a convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da Federación Galega de Atletismo, con cinco días de antelación á data da convocatoria oficial (xoves, 29 de maio de 2014). Nesa data publicaranse, tal e como indica á Orde do 8 de setembro de 2010 e Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, os censos dos diferentes estamentos que reúnen ás condicións mínimas aprobadas no Regulamento Electoral para ser candidatos a membros da Asemblea Xeral. 

Circular

 

Noticias Web FGA .- Importantes premios económicos no Campionato Galego Absoluto de Aire Libre

 
 
20/05/2014 . Importantes premios económicos no Campionato Galego Absoluto de Aire Libre
O Campionato Galego Absoluto, a proba máis importante que abrangue a tódolos sectores do atletismo, desenvolverase nas pistas do C.G.T.D de Pontevedra o vindeiro domindo dia 15 de Xuño. A Delegación de atletismo de Pontevedra xunto ao Comité Galego de Xuices está xa a traballar nas tarefas organizativas desta gran cita que contará cos millores atletas especialistas. Tal e como se fixera na última edición, a FGA dotará ao campionato de importantes premios económicos (6.000 €)acumulables recibindo cada campión galego a cantidade de 100 €. Da mesma maneira, haberá 300 € a millor marca dos sectores de velocidade e valados; Medio fondo, fondo e marcha; saltos e por ultimo lanzamentos

 

Noticias Web FGA .- Gran éxito do atletismo galego: Nove atletas xuveniles formarán parte nos Xogos Olímpicos da Xuventude en Bakú .- Galicia encabeza a lista de Federacions que mais atletas aporta

 
 
Gran exito do atletismo galego:Nove atletas xuveniles tomaran parte nos Xogos Olimpicos da Xuventude en Baku . Galicia encabeza a lista de Federacions que mais atletas aporta
Nove atletas galegos seleccionados pola RFEA para participar nas probas de clasificación para los JJOO de la Juventud que se celebrará en Baku (Azerbaiyán) entre o 30 de maio e o 1 de Xuño. Os nosos representantes serán Ivo Maseda (ADAS) e Tariku Novales (Atletismo Noia) en 1500, Miguel González (Lucus Caixa Rural Galega) en 3000, Adrián Ben (Lucus Caixa Rural Galega) nos 2000 obstáculos e Dani Chamosa (Comesaña Sporting) por parte dos homes e Angela González (Comesaña Sporting) nos 800, Uxía Pérez (Atletismo Tui) nos 3000, Saleta Fernández na altura e Claudia Rojo nos 400 valados, ámbalas duas do Ria Ferrol. Parabéns para tódos eles e para os seus adestradores. Ca expedición tamén estará o adestrador Santi Ferrer.
Galicia encabeza na masculina a lista con 5 homes  por diante de Madrid e Andalucia. En mulleres, a Federación Galega  encabeza conxuntamente con o Pais Vasco con 4, o que demostra a grande calidade os nosos xuvenis.
¡ Paraben a todos eles, clubes e adestradores¡ 
Fotos, gentileza de Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- Publicada a Selección Galega Escolar para o Cto. de España por autonomías en Valladolid

 
 
20/05/2014 . Publicada a Selección Galega Escolar para o Cto. de España por autonomias en Valladolid
IMPORTANTE: Tódolos atletas convocados deben confirmar á maior brevidade a súa participación, o lugar desexado de incorporación e no caso de non recibir nos últimos 4 anos a equipación da selección a súa talla.
Pregamos aos clubes e adestradores que colaboren na difusión desta información co fin de poder publica o plan de viaxe á maior brevidade. (CLICK AQUI PARA VER A SELECCIÓN)     

 

Noticias Web FGA .- Resumo da actuación dos Clubes galegos no Campionato de España de Clubes

 
 
Resumo da actuación dos clubes galegos no Campionato de Clubes
Boa actuación dos clubes galegos participantes na 1ª Xornada do Campionato de Clubes de División de Honra e Primeira División. Na máxima categoría  tanto os homes da Sociedade Gimnástica como as mulleres do Ría Ferrol foron terceiros nos seus encontros celebrados en Alcobendas. A destacar as victorias dos dous Victor, Riobo no 1500 e Gallego no disco e de Claudia Rojo (400mv) e Lidia Parada na xavalina. Xa na primeira división fantástico o Atletismo Femenino Celta que venceu no seu encontro con un total de 11 victorias (Laura Chapela nos 200, Esther Navarrete 1500, Uxía Pérez 3000, Jenny Fernández 3000obstáculos, Bea Viteri pértega, Lucía Pérez triplo, Eva Costas peso, Ana Revuelta disco, Noelia Ferradanes martelo, Laura Meira xavalina e o relevo 4x400). Nese mesmo encontro o Lucus foi cuarto con victoria da cadete Miriam Otero nos 100 e Paula Ferreiros nos 400. Victorias tamén para o R.C. Celta e o Afflelou Narón nos seus encontros na primera división masculino. A destacar entre os célticos as victorias de Carlos Porto, Gonzalo Basconcelos, Fernando Paredes, Luis González, David Gómez e Sergio Telleria e Mauro Triana nos 100 e 200, Miguel González, Sergio Piñón, Samuel Paz, Anxo Blanco e David Martínez por parte do Afflelou Narón. A próxima xornada disputarase o fin de semana do 7-8 de xuño.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA