Noticias FGA

Noticia Web FGA .- Granollers agarda a Selección Galega Absoluta

Noticias FGA

Granollers agarda a Selección Galega Absoluta

Esta fin de semana a Selección Galega Absoluta acudirá a Granollers para tomar parte no XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas onde se medirá os mellores combinados do Estado. Nesta importante cita, o equipo de Catalunya está chamado novamente a proclamarse campión nunha edición na que veñen dominando claramente dende as súas orixes.
Facendo un pouco de historia, o primeiro ano de celebración deste certame sería 1976 onde as distintas federacións tomarían parte a un atleta por proba. Dous anos despois, no 1978, faríase un segundo encontro en sedes distintas para os equipos que tomaban parte xa na segunda categoría.
Con varios formatos de competición ó longo do tempo, no ano 2012 unificaríanse as categorías dando pé a que cada selección participe cun equipo feminino e masculino nun único encontro e no que as sumas de ambos determina a posición final das Seleccións.
A nosa Comunidade acollería no ano 2010 en Vigo a única celebración deste encontro na máxima categoría, sendo novamente Vigo no 1987, e A Coruña 1996 quenes a organizaran no grupo de prata.
En canto a triunfos, a Selección Galega gañaría os encontros masculinos de segunda división nos anos 1978 e 1982 (como Federación Provincial de A Coruña) 1991, 1996, 2002, 2005, 2007. O equipo feminino farían o propio tamén en segunda nos anos 1982 (como Federación Provincial de Pontevedra), 1996 e 2002. Os postos máis relevantes serían o segundo lugar das mulleres o ano pasado en Ciudad Real (quintos por Seleccións) e o terceiro lugar en homes do ano 2010 en Vigo.

Noticias Web FGA .- Intensa e importante actividade atlética autonómica

Noticias FGA

Intensa e importante actividade atlética autonómica

Importantes e variadas citas son as que durante esta fin de semana se desenvolverán tanto nas pistas coruñesas de Elviña como nas viguesas de Balaídos.
Para comezar as pistas da Universidade acollerán o I Campionato de Galicia de Clubs Máster que xuntarán a 200 atletas en representación dos equipos masculinos do Samertolameu, Marineda A., C.A.Narón, A Silva, C.A.Sada, C.A. Santiago e o Beade. Por parte da categoría feminina competirán as formacións de A Silva, C.A.Sada e Sanmertolameu na procura do primeiro título deste novedoso torneo. A cita dará comezo as 11:00 h. rematando sobre as 20:40 h.
As mesmas instalacións albergarán as probas correspondentes ó Campionato de Galicia Absolutoque quedaron suspendidas a semana pasada como consecuencia das adversidades meteorolóxicas e na que os concursos de lonxitude (16.30 h.), pértega (16.45 h.), xavelina e altura (18.15 h.)  así como o triplo (19.30 h.) na categoría feminina e os masculinos de triplo (18.35 h.) e xavelina (19.50 h.) serán desenvoltos.
Por último un Encontro de Probas Combinadas será tamén protagonista nas mesmas instalacións na que tomarán parte once atletas destacando a presenza da internacional do A.F. Celta Antía Queimaño.
Por último o XXXIV G.P. Cidade de Vigo arrincará as 19:30 horas do domingo nas pistas de Balaídos ca presenza de moi boa parte dos campións de Galicia da semana pasada e na que compre a presenza do olímpico Frank Casañas en disco, Mauro Triana nos 100 m. ou a xavelinista do Barbanza Lidia Parada. A proba será unha das últimas oportunidades para acadar as mínimas esixidas para tomar parte nos campionatos de España.

Noticias Web FGA .- Importantes bazas galegas no nacional Sub23

Noticias FGA

Importantes bazas galegas no nacional Sub23

Os días 7 e 8 de xullo un total de 619 incritos entre os que figuran 28 atletas galegos, tomarán parte no Campionato de España Sub23 que se desenvolverá en Soria.
Entre a presencia destacada dos nosos atletas salientamos a participación de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen parte ca terceira mellor marca das participantes nos 400 m. con 55.35 de pista cuberta.  Pedro Juncal do Real Club Celta tomará parte sobre a mesma distancia con aspiracións a entrar na final.
Unha das principais bazas galegas será a do lucense Adrián Ben quen estará na saída nas probas dos 800 m. e dos 1.500 m. onde parte como favorito en ambas grazas ós seus 1:46.94 e 3:39.40 acreditadas recentemente.
Outro dos internacionais que estará presente será Tariku Novales quen figura inscrito nos 1.500 m. e nos 5.000 m. proba esta última na que parte como favorito grazas ós seus 13:49.39. Nesta mesma proba Vicente Suárez do Comesaña intentará estar entre os oito primeiros e a mellorar os seus 14:53.45 cos que se achega a esta cita. Iago Núñez do Lucus CRG inscrito nos 400 m. v. e nos 110 m. v. estará na loita polos postos de finalistas nesta última proba.
A internacional absoluta Saleta Fernández con 1.86 m. aspira claramente ó titulo nacional no concurso de altura sendo Anxo Blanco da Gimnástica quen intentará facer valer os seus 15.62 m. de pista cuberta para estar na loita polas medallas de triplo.
No sector de lanzamentos Sergio Paredes da Gimnástica terá como obxectivo o subcampionato de España xa que o andaluz Alberto González figura como claro favorito ó titulo. Do mesmo modo en peso, atención ás evolucións de Raquel Villa do Vila de Cangas quen podería dar a sorpresa no seu concurso.
Por último na proba de marcha Inés Valentín do Ourense Atletismo intentará rebaixar os seus 52:35.00 que lle permitan estar entre as oito primeiras da súa proba.
A maiores as mesmas pistas acollerán o Campionato de España de Clubs de Relevos Sub23 onde toman parte os equipos coruñeses do Marineda nos 4×100 m. masculinos e o Riazor Coruña nos femininos.

Noticias Web FGA .- Tres atletas galegos e un xuíz no Campionato de Europa Sub18 de Hungría

Noticias FGA

Tres atletas galegos e un xuíz no Campionato de Europa Sub18 de Hungría

Do día 5 ó 9 deste mes acontecerá na localidade húngara de Gyor o Campionato de Europa Sub18 á que acoden un total de tres atletas galegos e un xuíz do CGX.
Iría Rivas quen competirá na proba dos 5.000 m. marcha será a máis madrugadora das galegas abrindo o campionato as 11:25 horas do xoves día 5. Tomará parte na final composta por un total de vinte catro marchadoras e na que o seu rexistro de 25:08.70 representa a décimo cuarta mellor marca das participantes.
Irene Gómez será a seguinte das galegas en entrar no estadio tomando parte no Grupo B do concurso de martelo as 12:25 horas do mesmo día. A súa marca de 59.16 m. supón a décima do seu grupo e a vixésima segunda de todas as lanzadoras sendo as doce mellores marcas quenes entren na final.
A ferrolana Lucía Sicre completará a participación galega sobre os 800 m. ás 19:06 horas na terceira serie clasificatoria. O seu rexistro de 2:10.63 sitúanna de décimo novena dun total de corenta e oito atletas sendo, de igual modo, o cuarto mellor da súa serie. Clasificarán para as “semis” as dúas primeiras de cada carreira e os tres mellores tempos.
Por último o xuiz galego Ángel López – Montesinos será o outro dos representates galegos en Gyor, acudindo en calidade de xuíz como parte do equipo técnico que a Selección Española desprazará ata a cidade húngara.

Noticias Web FGA .- Selección para o Campionato de España de Federacións autonómicas

Noticias FGA

Selección para o Campionato de España de Federacións autonómicas

Acábase de publicar a listaxe de atletas que oficialmente figuran convocados para formar parte daSelección Galega de Atletismo que representará a nosa comunidade o vindeiro día 14 no Concello catalán de Granollers no XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas.
A esta importate cita acode a nosa selección cun total de 48 atletas que teñen como díficil reto intentar igualar ou mellorar a excelente actuación do ano pasado na que lembramos o equipo feminino acadaría un histórico segundo posto e un sexto a dos homes  .
Entre a lista de convocados compre salientar o sector do medio fondo ca presencia dos internacionais Tariku Novales e Solange Pereira nos 1.500 m. así como de Paula Mayobre nos 5.000 m. No resto de especialidades importantes nomes como os das lanzadores Belén Toimil en peso e disco, Lidia Parada e Manuel Uriz en xavelina e Frank Casañas en disco.
Nos saltos Saleta Fernández en altura e Ruth Ndoumbe en triplo configurarán a punta de lanza neste sector sen esquecer a un potente combinado de relevos do que se agarda un bo comportamento.
Ó fronte da expedición irá a Directora Técnica da FGA, Madó González, sendo os responsables dos sectores de velocidade e saltos José Carlos Tuñas e Santiago Ferrer quenes acudan en calidade de técnicos.
Todos/as os atletas deben confirmar (ou non) e sinalar os distintos aspectos que marca a circular adxunta antes das 20:00 horas do xoves día 5 de xullo.

Noticias Web FGA .- Brillaron nos seus nacionais os Máster e os Sub16

Noticias FGA

Brillaron nos seus nacionais os Máster e os Sub16

Excepcional balance o acadado esta fin de semana nos campionatos de España Máster e Sub16 na que se acadarían un total de 51 medallas entre os dous campionatos.
Principiando polo Campionato de España Sub16, un formidable rexistro de once medallas serían o que traerían os nosos atletas de Castellón, escenario do evento. Este número total de podios amosa o importante incremento no número de metais que dende o ano 2016 (5), 2017 (7) e 2018 (11) pon de relieve o excelente traballo formativo das categorías base que se está a desenvolver por toda a nosa comunidade da man dos verdadeiros impulsores do noso deporte: os adestradores.
Citando esas medallas, os ouros corresponderían para para Erik Méndez do R.C. Celta en martelo con 59.81 m.; Antía Sestelo do A.F. Celta en xavelina con 45.75; Daniel Mato do Millaraio en xavelina con 51.85 m. e para Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 1.000 m. con 2:35.01.
As pratas irían parar a Belén Arias do ADAS nos 300 valos con 43.88; Hugo García da SGP nos 3.000 m. con 8:56.49 e a María Pena de A Silva en xavelina con 44.90 m.
Por último non menos importantes esos catro bronces da man de Aitor Fernández da Atlética Lucense en Pértega con 3.76; David García do R.C. Celta en martelo con 56.81 m.; Nerea Lage do Friol nos 3.000 marcha con 15:01.54 e de  David Ngwudile do San Miguel de Oia nos 300 valos con 40.01.
No que atinxe ao campionato de España Máster desenvolto en Vitoria Gasteiz un total de 40 medallas (22 ouros, 12 pratas e 6 bronces) sería o balance final dos atletas galegos que acudirían ata a capital Alavesa para tomar parte no seu campionato número 52.
Emilia Mesa con tres medallas de ouro en peso, disco e xavelina e os dous récords galegos dos lanzamentos longos sería a protagonista da expedición galega na que tamén destacarían os dous ouros de Esther Pedrosa (F55) do Universidade de Santiago en 1.500 m. e 5.000 m;  Miguel Gómez(M35) do Real Club Celta quen se impondría nas probas de velocidade dos 100 m. e dos 200 m.Rosario Sureda (F50) nos concursos de altura e lonxitude e de Luz Dominguez (F55) quen faría o propio cos 400 m.e os 800 m.
A maiores estableceríanse oito récords galegos da man de Miguel López Cordal nos 300 m. v.; José Cabado (M50) nos 400 m. v.; Luz Domínguez (F55) nos 400 m.; Emilia Mesa (F65) no disco e xavelina ; David Vázquez (M35) na lonxitude; Pilar Márquiz (F65) nos 800 m. e José Bao (M60) nos 200 m.

Noticias Web FGA .- A auga non puido co espectáculo no Campionato de Galicia

Noticias FGA

A auga non puido co espectáculo no Campionato de Galicia

A climatoloxía convertiríase na protagonista do Campionato de Galicia Absoluto que se desenvolvería esta fin de semana nas pistas da Universidade da Coruña. Unha intensa tromba de auga, que alagaría boa parte da cidade, afectaría ó campionato ata o punto de ter que parar por casi unha hora o desenvolvemento do mesmo e de ter que cancelar boa parta dos concursos da segunda xornada.
Sen embargo ata ese instante, e logo da reanudación, produciríanse actuacións destacadas entre as que salientamos no sector de velocidade o dominio do mesmo por parte de Nerea Iglesias do Fontes do Sar e de Mauro Triana do Playas de Castellón, logo de impoñerse tanto nos 100 m. como nos 200 m. con 12.55 e 25.41 para a santiaguesa polos 10.66 e 22.11 do coruñés o que pon de relieve a importante progresión deste sector no atletismo galego.
Elian Nuna do Coruña sería outro dos protagonistas da xornada ratificando o excelente estado de forma polo que se atopa e impoñéndose nos 400 m. con 49.15 así como nos 800 m. con 1.52.53. Na categoría feminina o triunfo nos 400 m. sería para a atleta local do Riazor Coruña Paula Iglesiascon 56.82 correspondendo o título autonómico nos 800 m. para a internacional Raquel Meaños con 2:13.30.
No medio fondo Leti Fernández do ADAS gañaría os 1.500 m. cun excelente rexistro de 4:32.71 o mesmo que o atleta internacional Tariku Novales que fiel ó seu compromiso co atletismo galego tomaría parte nestos campionatos gañando a proba con 3:51.41.
Paula Mayobre, outras das internacionais presentes, faría un carreirón nos 5.000 m. na que correndo completamente soa marcaría un crono de 16:20.63. Esteban Iglesias do Lucus faría o propio ca súa final con 14:58.82.
Nos valados curtos femininos igualdade máxina con dúas atletas compartindo a primeira posición,Alicia Merino do A.F. Celta e Antía Martínez do Ría Ferrol ámbalas dúas con 14.59. Na categoría masculina máis doado sería o triunfo para Miguel Pérez do Lucus con 14.77. Carlos Moro do Riazor Coruña un ano máis con 52.95 e Lía Caride do Ría Ferrol con 1:03.24 nos 400 m. v. serían os dominadores da distancia. Xa nos obstáculos o protagonismo sería tanto para Patricie Viadel do Universidade de Santiago como para Marcos Fernández do Rungalicia.com .
No que atinxe ós concursos dos que se poideron desenvolver, salientamos ó internacional Adolfo Sainz Maza quen dominaría a altura con 1.89 m. o mesmo que Miguel Cajaraville faría o propio ca pértega con 4.65 m. Pablo Modia do Lucus proclamaríase campión galego nun interesante concurso de lonxitude con 7.23 m.
Nos lanzamentos a nosa mundialista Belén Toimil tamén fiel a gran cita, e malia non atoparse no mellor momento por varios problemas físicos, mandaría o peso e disco ata os 15.27 m. e 43.50 m.Víctor Gallego, o carismático capitán da Gimnástica, un ano máis estaría no máis alto do podio sumando o seu enésimo título autonómico en peso e disco con 16.30 m. e 51.67 m.
O martelo tería no campión de Europa de Pista Cuberta Máster, Nacho Fernández do Celta, ó seu dominador grazas os 60.90 m. do seu terceiro intento. A tamén celeste e tamén internacional Irene Gómez non tivo problemas para imponerse neste absoluto no que mandaría o martelo ata os 52.86 m.
Xa na marcha Leyre Aramburo gañaría sobre os 5.000 m. con 24.42.6 sendo José Fernéndez do Celta quen se imporía con 22.17.73 logo de que fai vinte anos tomara parte no último campionato desenvolto na mesma instalación e na que acadaría, por aquel entón, o cuarto posto.
A maiores o campionato serviría para homenaxear as pioneiras do atletismo galego e atletismo coruñés aproveitando os cincuenta anos ininterrompidos de celebración dos campionatos femininos. Así Isidoro Hornillos presidente da Federación Galega de Atletismo,  Xulio Abalde Reitor da Universidade da Coruña e Manuel Sande Concelleiro de Cultura e Deportes do Concello da Coruña serían os encargados de entregar as placas conmemorativas a estas precursoras do noso deporte.

Noticias Web FGA .- Un Campionato de Galicia cargado de simbolismo

Noticias FGA

Un Campionato de Galicia cargado de simbolismo

Logo duns últimos días de intenso e frenético traballo de acondicionamento e de xestións a dúas bandas entre Universidade e Concello, xa se atopa todo preparado e dispoto para que mañá as Pistas Universitarias de Elviña acollan unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo.
Como novidade este ano, conmemóranse os cincuenta anos ininterrumpidos de atletismo feminino que se veñen desenvolvendo nos Campionatos de Galicia. Por todo elo a Federación Galega de Atletismo quere aproveitar este aniversario para por en valor a igualdade entre ambos sexos como un principio básico e fundamental sobre o que se sustenta o atletismo, facendo do mesmo, un elemento reivindicador que trascende máis alá do ámbito deportivo.
Lembramos que a incorporación da muller ó deporte de maneira plena ten sido una loita longa e dificultosa ata o punto de que o creador dos Xogos Olímpicos, o baron Pier de Coubertain, se posicionara en contra de que as mulleres tomaran parte nos mesmos.
Pouco a pouco o cambio de mentalidades, pero sobre todo o activismo de moitas atletas que en tempos de oscuridade serían quen de rachar barreiras e mesmo de enfrontarse ó socialmente prohibido, daría paso a unha apertura cara as mulleres no atletismo.
Precisamente algunhas desas mulleres galegas pioneiras, transgresoras pero sobre todo valentes, terán unha homenaxe no transcurso deste campionato no día de mañá na que se lles fará entrega dunha distinción e recoñecemento.

Noticias Web FGA .- Os Máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Noticias FGA

Os Máster e os Sub16 ante os seus nacionais

Victoria dará acollida os 2.097 atletas que durante os días 29 de xuño ó 1 de xullo, tomarán parte no Campionato Nacional Máster de Aire Libre.
A nosa comunidade acude cun total de 78 representantes tomando parte, entre outros, algúns dos medallistas do último  campionato de Europa de pista cuberta que se desenvolvería en Madrid o pasado mes de marzo. Entre elas Esther Pedrosa do Universitario de Santiago na W55 competirá nas probas de 1.500 m. e 5.000 m. Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W65 será outra das protagonistas completando os tres lanzamentos de peso, xavelina e disco. As probas de velocidade dos 100 m. e dos 200 m. M35 contarán ca presencia de Miguel Gómez do Real Club Celta ó igual que os valados baixos contarán con José Miguel Cordal do Marineda A. na M60
Por último José Vicente Rioseco, o plusmarquista mundial na M75 tanto dos 800 m. pista cuberta como nos 1.500 m., figura inscrito nesta última proba.
Si todo esto acontecerá en Castellón, a preto de 530 km. de distancia os Sub16 desenvolverán nas pistas de Mendizorroza de Vitoria o seu campionato número dazasete á que acuden preto do 80 atletas galegos.
Entre eles destaca a presencia no sector de velocidadede Jorge Román do Real Club Celta quen sairá na proba dos 300 m. No medio fondo e fondo Carmen Vitoria González do Franciscanos de Lugo tomará parte nos 600 m. ó igual que Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 1.000 m. con claras opcións de medalla. Hugo García Souto da Gimnástica tamén é outra das claras apostas ó título nacional nos 3.000 m. na que tentará revalidar o seu triunfo no nacional indoor de Sabadell logo de estar a completar unha extraordinaria tempada.
Nos valados Belén García do ADAS Proinor intentará poñer remate a esta fantástica tempada co título nacional nos 300 m.v.
No concurso de saltos tanto Aitor Fernández da Atlética Lucense en Pértega como Alba Cuns do C.A. Negreira en triplo,  intentará mellorar as súas marcas sen descartar ningunha sorpresa.
Xa nos lanzamentos estaremos pendentes tanto das evolucións de Antía Sestelo do A.F. Celta e deVictoria Eiriz da Atlética Lucense en peso, como a de Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco, quen loitará a priori pola prata. Paula Piñón do Friol no lanzamento de disco así como Laura Tilde eMarta Neira en martelo, completarán esta especialidade. Atención a xavelina ca presenza novamente de Antía Sesetelo favorita ó titulo, que estará acompañada por María Pena do Clube A Silva e de Paula Piñón do Friol
Eric Méndez acaparará o protagonismo no concurso de martelo ó ter todas as papeletas para proclamarse campión nacional. Interesante será ver na loita polas medallas o tamén celeste David García e non menos a Daniel Mato do Millaraio en xavelina, na que acude co segundo mellor rexistro dos inscritos.
Por último na marcha destacada presencia do representante da Atlética Lucense Mateo Díaz e de Ana Piñeiro do Vila de Cangas.

Noticias Web FGA .- Elviña ultima os preparativos

Noticias FGA

Elviña ultima os preparativos

Unhas remodeladas pistas da Universidade de Elviña ultiman xa os últimos preparativos previos a disputa do Campionato de Galicia Absoluto, que convertirán a cidade herculina no epicentro do atletismo galego este sábado día 30 de xuño.
Lonxe queda xa aquel mes xullo do ano 1998 cando A Coruña recibirá por última vez a celebración deste evento e na que os nomes propios de aquela cita serían os de Julia Vaquero, Gustavo Dacal, Marta Míguez, Angeles Barreiro, ou Elisardo de la Torre.
Nesta edición contarase tamén ca participación de destacados atletas internacionais absolutos entre os que salientamos a presenza do heptaolímpico Frank Casañas en disco, Belén Toimil en disco e peso, Mauro Triana nos 200 m., Tariku Novales e Paula Mayobre nos 5.000 m., Ruth Ndoumbe en triplo ou Lidia Parada, Manuel Uriz e Borja Barbeito en xavelina por citar algúns. Non menos importante será a presencia dos xóvenes talentos internacionais do noso deporte comoOlaia Guisela Becerril quen tomará parte no concurso de lonxitude, Eva Queimaño quen o fará e altura,  Irene Gómez en martelo, Raquel Meaños nos 800 m. Antía Chamosa na marcha, Lucía Sicrenos 800 m. ou mesmo Andrea González e Ivanna Carolina Román en xavelina.
As cita dará comezo as 10:30 do sábado dando remate sobre as 20:30 horas.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA