Noticias FGA

Noticias Web FGA .- De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Noticias FGA

De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Lonxe queda xa aquel mes de outubro do ano 1960 cando na capital chilena de Santiago disputábanse os primeiros Xogos Iberoamericanos que inaugurarían o que pretendían ser un acontecemento atlético que xuntara a países de cultura e fala comúns a semellanza do que estaba a suceder cos Xogos da Commonwealth dende o ano 1930.
Sería precisamente nesta primeira edición onde acudiría o vigués Carlos Pérez que tería a honra de inaugurar tanto a participación dos atletas galegos como o seu medalleiro xa que remataría na terceira posición na proba dos 10.000 m.
Desde aquel intre pasarían ó longo das dazanove edicións seguintes (contando as dúas primeiras con denominación distinta) nada menos que un total trinta e cinco galegos dos cales dazaseis serían mulleres e dazanove homes. En todas estas edicións que terían por escenario os países de Chile, España, Cuba, México, Brasil, Argentina, Colombia, Portugal, Guatemala, Perú e Venezuela, os nosos representantes colleitarían un total de trinta e unha medallas (catro ouros, quince pratas e doce bronces).
O maior número de participacións correría a cargo de Ángeles Barreiro quen tomaría parte na especialidade de lanzamentos en seis edicións, sendo o atleta con máis número de medallas o xavalinista Julián Sotelo (formado en Galicia) con catro e Estela Estévez con tres.
En canto ós records do campionato cabe salientar que é David Gómez, quen tomaría parte nos anos 2004 e 2006 conseguindo un ouro e unha prata respectivamennte, o que posúe o récord de combinadas cun 7.940 puntos establecido en Huelva no ano 2004.
Presencia Galega nesta edición
Lembramos que á cita do 24 ó 26 de agosto na cidade peruana de Trujillo, acuden un total de tres galegos na que se atopa Solange Pereira quen tomará parte nos 1.500 m. (domingo ás 09:10 hora local) e Lidia Parada na xavelina (venres 14:40 h. local). Ambas repiten presenza logo de que no ano 2014 estiveran tomando parte en São Paulo. Na categoría masculina Jean Marie Okutu saltará no concurso de lonxitude (venres 16:30 h. local) aspirando a un novo metal que sumar as súas dúas pratas dos anos 2012 e 2016. Xunto eles, irá formando parte do corpo técnico o adestrador Javier Medrano

Noticias Web FGA .- Un cento de logros

Noticias FGA

Un cento de logros

Un total de 99 novos rexistros autonómicos son os que ata o día de hoxe se teñen establecido nas distintas categorías e probas do atletismo galego na pista ó aire libre nesta actual tempada (tomándose só a última marca batida).
De novo a maior proporción corresponde as mulleres que suman un total de 58 novas marcas polos 41 da categoría masculina reafirmando deste xeito a importancia do sector feminino como o verdadeiro impulsor hoxe en día do noso deporte.
Nas categorías de menores (ata infantil) establecéronse 10 melloras, polas 30 das categorías cadete ata absoluta. Os Máster seguen a representar unha parte moi activa do noso deporte cun medre considerable que os leva a acadar a cifra de 57 novas melloras, das cales é a categoría Máster 45 a que acumula un maior número con 12.
Por especialidades son os lanzamentos con 15 o sector que conta con máis variacións na táboa de récords, seguido dos valados con 14 e os saltos, mediofondo e velocidade ambos con 13.

Noticias Web FGA .- Paula Mayobre e Pedro Nimo dominaron o galego de 10 Km.

Noticias FGA

Paula Mayobre e Pedro Nimo dominaron o galego de 10 Km.

Pedro Nimo e Paula Mayobre convertéronse nos novos campións de Galicia de 10 Km. Ruta que no día de onte acontecería no Concello de Marín.
O campionato que se disputaría conxuntamente ca “Carreira +10 Marín Manuel Rosales Gran Premio Ence” levantaría moita expectación e interese o que faría posible que dende a línea de saida, tomaran parte máis de 700 atletas que se darían cita as 22:00 horas cara a liña da meta instalada na Alameda.
A cita, que se achegou a sua décimo primeira edición, vería como o compostelán Pedro Nimo, seleccionado para tomar parte no Campionato de Europa de Maratón, proclamábase campión galego cun rexistro de 30:58 sucedendo no palmarés ó anterior campión da edición do ano pasado en Padrón, Lolo Penas. Xunto ó atleta do Club 3RUN by PedroNimo entraría a 46 segundos no segundo lugar Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural, sendo o bronce para José Manuel Vieito do Club Atletismo SAR.
Na categoría feminia novamente Paula Mayobre do Clínicas Dental Seoane Pampin, como xa fixera o ano pasado, proclamaríase campioa galega con 33:19 (novo récord galego absoluto) poñendo un gran broche a súa excelente tempada. O subcampionato correspondería para Tina Fernández e o bronce para Esther Pedrosa, ámbalas dúas do Universidade de Santiago.
O resto de gañadores por categorías serían para:
Sub20 Jacobo Dopazo (C.A.Santiago) e Aida Martínez (ADAS Proinor)
Sub23 Jorge Puig (C.A.Santiago) e Inés Bereijo (Ria Ferrol-C. Arenal)
M35 Pedro Nimo (3RUN by PedroNimo) e Karina Callón (C.A.Sada)
M40 Juan Antonio Gude (Lucus Caixa Rural) e Ana María Alonso (Beade)
M45 Elias Salvador Domínguez (Miler Running Club) e Isabel Saez (CAI A Estrada)
M50 Carlos Adán (ADN Runners-Telmo Peluqueros FC) e Soledad Castro Soliño (Comesaña)
M55 Antonio Fuertes (R.C.Celta) e Esther Pedrosa 38.42 (record galego)  (C.D.Universitario)
M60 Antonio Fraga (A.Milladoiro) e María del Carmen Novo (Lucus Caixa Rural)
M65 Xosé Lois Otero (C.D.Universidade)38.02 (record galego) e Elvira Tresguerras (C.A.SAR)
M70 Adolfo Díaz (Veteranos Samil)
M75 Julio Cesar Constenla (Atenas Running Vda)

Noticias Web FGA .- Solicitude de prazas para o CGTD de Pontevedra

Noticias FGA

Solicitude de prazas para o CGTD de Pontevedra

Como todos os anos ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de todas as persoas interesadas en optar a algunha das prazas/bolsas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra na vindeira tempada 2018/19.
Lembramos que para este curso as prazas ofertadas serán para os sectores de marcha elanzamentos rematado o prazo de presentación de solicitudes antes do día 6 de agosto ás 14:00 h. na Federación Galega de Atletismo.

Noticias Web FGA .- Ourense acollerá o nacional absoluto de pista cuberta en 2020

Noticias FGA

Ourense acollerá o nacional absoluto de pista cuberta en 2020

A Pista Cuberta de Ourense, será sede no 2020 do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta segundo acordaría no día de onte a Xunta de Goberno da Real Federación Española de Atletismo reunida durante o transcurso do nacional de Getafe. A solicitude presentada pola Federación Galega, inclúe ademáis a disputa no ano 2019, do Campionato de España Máster sen renunciar a máis posibles eventos de rango nacional.

Noticias Web FGA .- O Atletismo galego saca músculo en Getafe

Noticias FGA

O Atletismo galego saca músculo en Getafe

Un total de nove medallas (3 ouros, 3 pratas e 3 bronces), tres récords de Galicia e doce postos de finalista, sería o balance total acadado polos nosos atletas no transcurso do Campionato de España de Atletismo que se disputou durante esta fin de semana en Getafe.
As medallas acadadas no día de onte de Lidia Parada en xavelina, Belén Toimil en peso e Leticia Gilen lonxitude, sumaríanselle hoxe seis metais máis.
Para dar comezo, como de fantástico teriamos que calificar os concursos levados a cabo polos nosos dous mellores saltadores horizontais do momento. Ana Peleteiro en triplo segue a facer historia ó lograr no día de hoxe impoñerse cun salto de 14.55 m. o que representa un novo récord galego absoluto e sobre todo unha importante tarxeta de presentación de cara aos europeos de Berlín. Continuando no foso de lonxitude Jean Marie Okutu pasaría un centímetro da barreira dos oito metros que lle servirían para lograr o seu sexto título nacional e un billete directo para tomar parte na gran cita europea do mes de agosto. Destacado concurso de Ruth Ndoumbe quen sobre a proba de triplo ramataría cuarta con 13.42 m.
Esther Navarrete confirmaría os pronósticos e acadaría a medalla de prata nos 5.000 m. con 16:13.84 nunha proba na que como nela é costume pelexaría ata o remate. Paula Mayobre asinaría unha importante cuarta posición con 16:23.69 a catro segundos do bronce.
Nos 1.500 m. teríamos dúas medallas de bronce a cargo dos internacionais Adrián Ben e Solange Pereira. O lucense nunha fantástica progresión sobre a distancia, pelexaría o indeceible para establecer un rexistro de 3:40.09 que lle servirían para sumar un meritorio bronce nesta emblemática proba do medio fondo . Mesmo metal para a nosa mundialista quen cedería tan só ante Marta Pérez e Esther Guerrero marcando ó remate un tempo de 4:16.30.
Nos 200 m. un colosal  Mauro Triana marcaría tanto nas series semifinais como na final, na que quedaría cuarto,  un rexistro de 20.93 que supoñen un novo récord galego absoluto, converténdose no primeiro galego en baixar da barreira dos vinteún.
Non menos destacado sería o concurso de Irene Gómez do Celta, codeándose cas máis grandes en martelo e rematando sexta con 53.86 m. Raquel Meaños e Eva Queimaño do Celta serían outra das atletas que ocuparían posición de finalista ó rematar sétimas a primeira sobre os 800 m. con 2:11.20 e a segunda nas combinadas con 4.472 puntos.
Por último, salientamos o cuarto posto do equipo dos 4×400 masculinos da Gimnástica de Pontevedra con 3:14.05

Noticias Web FGA .- Catro medallas e cinco finalistas na primeira xornada dos nacionais

Noticias FGA

Catro medallas e cinco finalistas na primeira xornada dos nacionais

Un total de catro medallas (un ouro, dúas pratas e un bronce) e cinco postos de finalista sería o que daría de sí a primeira xornada dos Campionatos de España Absolutos de Atletismo que se están a desenvolver en Getafe.
A proba de xavelina depararía sen lugar a dúbidas a excelente nova da xornada, xa que Lidia Paradanun formidable concurso lanzaría no seu último intento ata os nada menos que 61.25 m. o que supón un novo récord galego absoluto sendo ademais mínima de participación para os Campionatos de Europa de Berlín. Por se fose pouco Andrea González da Gimnástica lograría unha brillantísima cuarta posición ó lanzar xa no seu  primeiro intento ata os 49.93 que representa unha MMP.
Leticia Gil lograría a segunda medalla para a nosa comunidade na proba de lonxitude grazas ó seu terceiro salto na que se iría ata os 6.25 m. que suporían un novo récord de Galicia se non fora polos 2.9 de vento a favor. En calquera caso excelente comportamento da atleta de O Barco de Valdeorras que colgaría un bronce nesta cita.
No concurso de Martelo Nacho Fernández do Celta con 61.84 m. entraría en postos de finalista cun meritorio quinto posto ó igual que as atletas dos 3.000 m. Obstáculos Alice Marie Genevieve sexta con 10:34.84, e Eva Arias oitava con 10:39.77.
De novo Belén Toimil subiría ó podio no concurso de peso logo dunha tempada difícil para ela, sendo nesta ocasión para recoller a prata que lograría con 15.77 m. do seu primeiro intento.
Seguindo cos lanzamentos, en disco nova prata de Frank Casañas o cal tan só cedería ante Lois Maikel Martínez. O pentaolímpico faría dous lanzamentos válidos, chegando no cuarto ata os 56.97 m.
Saleta Fernández que partía como clara favorita, tería que ceder ante unha inoportuna lesión que a faría ocupar a cuarta praza no concurso de altura.
Por ultimo salientar a Javi Cancela do C.A. Santiago quen quedaría as portas da final dos 100 m. despois de acadar o cuarto posto nas semis con 10.48 que representa unha MMP situándose a tan só dúas centésimas do record galego.

Noticias Web FGA .- A elite galega parte rumbo ó Campionato de España Absoluto

Noticias FGA

A elite galega parte rumbo ó Campionato de España Absoluto

Un total de 43 galegos e galegas, tomarán parte esta fin de semana no acontecemento estatal máis importante da tempada como é a disputa do XCVIII Campionato de España Absoluto de Atletismo e que durante o sábado e domingo xuntará en Getafe a un total de 775 atletas.
Ata alí se achegarán os atletas galegos con aspiracións, metas e obxectivos ben distintos pero ca satisfación de poder tomar parte por méritos propios na cita máis importante do ano.
Na velocidade o único representante galego nos 100 m. Javi Cancela do C.A. Santiago, intentará facerse un posto nunha sempre cara final da proba raíña da velocidade ó igual que o coruñés Mauro Triana con idénticos obxectivos sobre o doble hectómetro.  Xiana González da Gimnástica e Sergio Rodríguez do Coruña Comarca nos 200 m. por unha banda e a medallista de bronce no Sub23 Paula Iglesias do Riazor Coruña e Pedro Juncal do Celta sobre os 400 m. pola outra, completan a lista de velocistas galegos nestes campionatos.
Nos 800 Raquel Meaños ca quinta mellor marca estará na loita polos postos importantes da proba o mesmo que Leti Fernández nos 1.500, proba esta última na que Solange Pereira loitará polo título nacional e Adrián Ben por estar o máis preto posible do podio.  Elian Numa do Coruña Comarca eFernando Vales do C.A. Santiago de igual modo, terán como obxectivo a mellora dos seus rexistros sobre os 800 m. Miguel González logo de deixar atrás problemas físicos tomará parte nos 1.500 m. na procura de sensacións.
Atención ós 5.000 m. onde as nosas representantes Esther Navarrete, que parte ca mellor marca, ePaula Mayobre, terceiro mellor rexistro, poderían dar a foto do campionato. Tariku Novales nesta mesma proba, estará na pelexa polos postos de medallas logo de acadar o título nacional dos 10.000 m. o pasado mes abril.
Nos valados curtos interesantísima igualdade entre Antía Martínez do Ría Ferrol, Alicia Merino eEmma Valencia do A.F. Celta, todas co mesmo rexistro acreditado de 14.59 e na que a loita será por coñecer quen é a mellor galega nesta cita. Miguel Pérez do Lucus será o representante masculino nesta distancia.
Nos valados longos Lía Caride do Ría Ferrol intentará facer un bo papel que lle permita mellorar marca e Carlos Moro do Riazor Coruña terá como difícil misión acadar posto de finalista.
Nos obstáculos a atleta francesa con ficha galega Alice Marie Genevieve vencedora no torneo de federacións, irá na procura dos postos de honra nunha proba na que tamén tomará parte a atleta valdeorresa internacional Eva Arias.
En altura e triplo, opcións claras de victoria para as internacionais Saleta Fernández e Ana Peleteirorespectivamente sobre os dous concursos que dominan amplamente. Atención en triplo a Ruth Ndoumbe que podería estar no caixón de medallas. Na lonxitude sexta mellor marca das participantes para Leticia Gil quen intentará saltar máis alá dos 6.20 m. e na que Jean Marie Okutu aspira a lograr o seu sexto título nacional logo dos acadados nos anos 2009, 2011, 2013, 2016 e 2017.
Nos lanzamentos outra clara opción de medalla representa o concurso da mundialista Belén Toimilen peso quen loitará polo ouro ca murciana Úrsula Ruíz. Un dos nosos máis admirados lanzadoresVíctor Gallego da Gimnástica estará un ano máis entre o máis granado do peso e disco proba esta última na que tamén concursarán Francisco Javier Guzmán da Gimnástica e outra das lendas do disco, Frank Casañas quen en a priori parte como favorito para a unha nova medalla que engadir ó seu dilatado palmarés nacional.
No martelo Irene Gómez do A.F. Celta nunha fantástica tempada acude a estos nacionais como premio a súa progresión sendo a xavelina onde a internacional do Barbanza Lidia Parada a priori parece ter asegurada a prata. Nesta mesma proba a gimnástica Andrea González deberá ratificar a súa pertenza a elite nacional logo da súa importante tempada. Manuel Uriz e Borja Barbeito, quenes comezan a sair das súas respectivas lesións, intentarán mellorar a MMT e estar entre os oito primeiros da proba de xavelina
Seguindo cos lanzamentos, interesantísimo duelo o que viviremos entre o Campión de Europa Máster Nacho Fernández do Celta e o valdeorrés Carlos Revuelta separados por apenas catro centímetros no martelo e cos postos de finalista ó alcance de ambos.
As combinadas contarán ca presencia da internacional do Celta Eva Queimaño e a do naronésAngel Menduiña, sendo a marcha onde Leyre Aramburu tomará parte con opción a estar entre as oito primeiras.
Neste mesmo escenario desenvolverase o Campionato de España de relevos onde a Sociedad Gimnástica de Pontevedra tomará parte co equipo masculino dos 4×400 m.

Noticia Web FGA .- Fantástico comportamento da Selección Galega

Noticias FGA

Fantástico comportamento da Selección Galega 

A nosa selección absoluta acadaría onte no Campionato de España de Comunidades desenvolto en Granollers unha fantástica quinta posición que a consolida un ano máis entre o top do atletismo nacional.  O encontro sería dominado pola selección catalana quen se imporía con 497 puntos, seguidos de andaluces e madrileños con 426,5, e valencianos con 423. A nosa comunidade lograría un total de 374 superando a seleccións importantes como a vasca e manchega. Con este posto Galicia repite e afianza esta importante posición logrado xa nos anos 2013, 2014, 2015 e 2017 e na que tan só o ano 2016 baixaría ata o sétimo posto.
A nivel de resultados, as baixas importantes de Triana, Chamosa, Peleteiro, Ben, Parada, ou mesmo Okutu, serían suplidas pola gran competitividade amosada por todos e cada un dos integrantes do combinado que de novo amosaron o seu compromiso e entrega, en todas e cada unha das probas pelexando ata o límite das mesmas.
O máis salientable serían os triunfos da nosa internacional Solange Pereira nos 1.500 m. con 4:22.20 e da francesa do Celta con ficha galega Marie Genevieve nos 3.000 m. Obstáculos con 10:28.96 nunha decisión de selección técnica arriscada e discutida, pero que se confirmaría como a máis acertada para os intereses galegos. Importante sería tamén a excelente contribución de Paula Mayobre co seu segundo posto sobre os 5.000 m. cun rexistro de 16:39.63.
O sector de lanzamentos sería un dos “motores” de Galicia cos segundos postos do noso pentaolímpico Frank Casañas en disco con 57.31 m. e da mundialista Belén Toimil no peso con 16.20 m. sempre fieles a chamada da Selección. Moi salientable unha vez máis, o terceiro lugar da Sub18 Irene Gómez en martelo lanzando ata os 52.62 m. Mesmo lugar e mesma importancia para para Carlos Moro, quen nos 400 m. valos con 52.04 melloraría en preto dun segundo a súa MMT.
Por último facer unha referencia ó fantástico comportamento dos equipos de relevistas a nivel xeral. Nesta ocasión serían os equipos femininos quenes lograran nada menos que o récord galego tanto nos 4×100 m. con 47.28 (l.Ferrer/C.Garrido/A.Pais/O.Becerril ) como no dos 4×400 m. con 3:45.03  (I.Oitaven/L.Sicre/S.Pereira/P.Iglesias) poñendo con elo o broche de ouro a unha gran xornada para o atletismo galego.

Noticias Web FGA .- Todo preparado na Selección Galega para a cita da fin de semana

Noticias FGA

Todo preparado na Selección Galega para a cita da fin de semana

Unha importante selección galega partirá no día de mañá rumbo Granollers para tomar parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Malia que con moitas e importantes baixas, desprazaranse ata a cidade catalana un equipo en liñas xerais bastante equilibrado na que se conta ademáis ca participación de varios dos nosos internacionais que parten a priori como favoritos na loita polas primeiras posicións.
Sobre as posibles opcións do combinado galego, sempre resulta difícil determinar unha posición exacta ainda que non debería andar moi lonxe dos postos de honra colleitados nos últimos anos. Dende o ano 2011, onde se produciría a unificación das categorías masculinas e femininas, a Selección Galega lograría un cuarto posto no ano 2012 , catro quintos lugares nos anos 2013, 2014, 2015 e 2017 así como dous sétimos nas edicións do 2011 e 2016.
En canto ós galegos que tomarán parte ca selección e que se atopan por marcas entre os cinco mellores rexistros dos participantes, contamos no sector de velocidade con Javi Cancela que tomará parte nos 100 m. logo de marcar recentemente un rexistro de 10.49. Pedro Juncal pola súa banda tomará parte nos 400 m. onde defenderá o seu rexistro de 48.45.
No medio fondo e fondo, as internacionais Solange Pereira e Paula Mayobre serán unhas importantísimas bazas tanto nos 1.500 m. como nos 5.000 m. sen esquecernos da importante presenza de Leti Fernández nos 800 m., Alejo Ares nos 5.000 nin de Alice Marie Finot nos 3000 m. Obstáculos.
Os lanzamentos serán o puntal básico da nosa selección na que se contará nada menos que ca presenza dos internacionais absolutos Frank Casañas en disco e Belén Toimil en peso e disco. Non menos importante serán os concursos de martelo con Irene Gómez e Carlos Revuelta, así como deManuel Uríz e Andrea González na xavelina.
Xa nos saltos destacado concurso de Ruth Ndoumbe quen defenderá os intereses galegos na proba de triplo e na que unha Leticia Gil, en excelente estado de forma, intentará saltar sobre 6.20 m. na lonxitude.
Os relevos, en especial os curtos, serán outros dos sectores onde se acode con boas expectativas.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA