Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Intensa fin de semana con varios Campionatos Autonómicos e un Campionato Nacional.

 

 

  

O sábado día 4 tivo lugar nas pistas de Balaídos o "VII Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub 20, Sub 18 e Sub 16". 

Os resultados acadados polas nosas atletas foron os seguintes:

Laura Rico proclamouse Campiona de Galicia Sub 20, na proba de Xavelina, cun lanzamento de 33,82 m.

Erika Martínez acadou o Subcampionato de Galicia Sub 18, na proba de Martelo, cun rexistro de 45,12 m, que supón MMP.

Marta Gómez competiu na proba de Martelo na categoría Sub 16 na que acadou un mellor lanzamento de 27,83 m.

Adriana Suárez non tivo o seu mellor día na proba de Martelo, na que reralizou tres nulos.

¡Parabéns rapazas!

 

 

 

                              

O Circuito da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, foi o escenario o pasado sábado do "Campionato Galego de Campo a Través Xogade".

O atleta Hugo Veiguela acadou unha estupenda 8ª posición na categoría Sub 12.

¡Parabéns Hugo!

 

                             

 

                                              

 

     

Durante a pasada fin de semana disputouse, na pista cuberta de Sabadell, o "50 Campeonato de España Sub20 en Pista Cubierta". 

Competiron catro atletas do noso club acadando os seguintes resultados:

Lucía Blanco competiu nos 60 mv cun rexistro de 9"19 nas eliminatorias, que lle supón MMP,  e unha marca de 9"32 na semifinal.

Carolina Santos participou nos 1500 ml rematando na 5ª posición na súa serie unha marca de 4'56"89. 

Diaou Diallo acadou a medalla de bronce, na proba de Triplo, cun salto de 12,33 m.

Xiana Lago proclamouse Subcampiona de España na proba de Peso ó realizar un mellor lanzamento de 13,48 m, que supón MMP. 

¡Parabéns rapazas!