Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Ouro e bronce no Campionato Galego Sub18 en Pista Cuberta.

        

 

No día de onte, a pista cuberta do recinto de Expourense foi o escenario do "LXVI Campionato Xunta de Galicia Sub18".

Os resultados d@s nos@s atletas foron os seguintes:

Alicia Barreiro López proclamouse campiona galega na proba de 400 ml, cun rexistro de 58"57.

Adrián Rivadulla Alonso acadou a medalla de bronce na proba de 800 ml, cunha marca de 1'58"14.

Erika Martínez Tilve competiu na proba de peso, na que rematou na 4ª posición cun lanzamento de 7,56 m. 

¡¡Parabéns!!