Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Bos resultado d@s nos@s atletas nun intenso fin de semana

 

"XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada"

Estadio Gregorio Pérez Rivera, Lugo

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O sábado celebrouse en Lugo a "XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada", onde o noso club estivo representado por vari@s d@s nos@s atletas.

Na xornada matinal acadaron os seguintes resultados:

  • Irma Veiguela Tizón na proba de 600 ml, acadou unha marca de 1'41"54.
  • Isabel Rodríguez Pérez participou na proba de 800 ml logrando un rexistro de 2'44"68.
  • Adrián Rivadulla Alonso, cruzou a liña de meta na primeira posición nos 800 ml cunha marca de  2'02"30.
  • Olga Sánchez Romar competiu nos 300 ml logrando un rexistro de 49"97.

Na xornada vespertina, a nosa atleta Antía Martínez Queimaño, competiu na proba de 60 mv, onde acadou un rexistro de 9"67 na semifinal e na final logrou unha marca de 9"69, conseguindo o segundo posto das participantes.

 

 

"IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada"

Expourense, Ourense

Sábado 14 de xaneiro de 2023

Na tarde do sábado celebrouse en Ourense o "IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada", ata alí desprazáronse tres atletas do noso club, obtendo os seguintes resultados:

  • Lucía Blanco Méndez na proba de 60 mv logrou unha marca de 9"42.
  • Alicia Barreiro López competiu nos 400 ml acadando un rexistro de 58"67, o que supon a marca mínima para participar no Campionato de España de Pista Cuberta Sub18.
  • Xiana Lago Andrade participou na proba de peso realizando un lanzamento de 12.80 m.                                                                                                        
  • Resultados                                                           

 

 

"Málaga Indoor Match 2023"

Antequera, Málaga

Sábado 14 de xaneiro de 2023

En terras malagueñas, a nosa atleta Ana Carvajal Herrera, representou ó noso club na "Málaga Indoor Match 2023" competindo na proba dos 1500 ml onde acadou un rexistro de 4'49"23

 

 

"Reunión FAM 3"

Centro Deportivo Municipal Gallur, Madrid

 Sábado 14 de xaneiro de 2023

A pista cuberta de Gallur, acolleu a "Reunión FAM 3" onde a representante do noso club, Diana Jiménez Guerrero, logrou un rexistro de 3.61 m na proba de pértiga

 

 

"II Control de Invierno FCA" 

Complexo Deportivo Ruth Beitia, Santander 

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O "II Control de Invierno FCA", celebrado o sábado pasado en Santander, contou coa presenza da nosa atleta Rocío Díaz Granda que competiu na proba de altura logrando un salto de 1.63 m.

 

 

"Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC 2023"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 14 de xaneiro de 2023

O velódromo Luis Puig, en Valencia, foi a sede do "Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC". A atleta do noso club Celia Muñoz de Morales Castro tomou parte na proba de 60 ml, facendo un rexistro de 7"96.

 

 

"LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20"

Xinzo de Limia, Ourense

Domingo 15 de xaneiro de 2023

Na mañá do domingo tivo lugar a celebración do "LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20" nas instalacións do hipódromo de Antela, na localidade ourensá de Xinzo de Limia.

A representación do noso club estivo formada por Sofía Fernández Castro que acadou a terceira posición na categoría absoluta, e na categoría Sub20 as atletas Ararat Pazos Meixus, que logrou a oitava posición e Carolina Santos Villalón que non puido rematar a proba.

 

 

"XXXIX Carreira Popular San Xiao" 

Ferrol, A Coruña

Domingo 15 de xaneiro de 2023

As rúas de Ferrol foron de novo o escenario da celebración da clásica proba popular "XXXIX Carreira Popular San Xiao", que está incluida no Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través .

Un total de corenta das nosas "balitas vermellas" participaron nesta proba, logrando unha destacable actuación. Os resultados acadados son os seguintes:

Categoría Sub16

  • Irma Veiguela Tizón 1ª posición.
  • Olga Sánchez Romar 14ª posición.
  • Idaira Maceiras López 19ª posición.

Categoría Sub14

  • Alejandro Soto Montes de Oca 11ª posición.
  • Marta Cuadrado Dorrio 15ª posición. 
  • Edurne López Cordero 19ª posición.
  • Bárbara Requejo Regal 26ª posición.
  • Alba Bonome Pereda 28ª posición.
  • Sara Martínez Campos 29ª posición.
  • Sara Fernández Rodriguez 31ª posición.

Categoría Sub12

  • Hugo Veiguela Tizón 3ª posición.
  • Fernando Arias Vázquez 16ª posición.
  • Juanra Martínez Rodríguez 19ª posición. 
  • Asier San Emeterio Carballeira 36ª posición.
  • Ángel Martínez Yáñez 41ª posición.
  • Laura Fernández Pérez 12ª posición.
  • Cecilia Fernández Pérez 17ª posición.
  • Cayetana Rey Dobarro 21ª posición.
  • Julia Peñas Moriceau 23ª posición.
  • Lara Pita Cereijo 24ª posición.
  • Sara Lema Gosset 27ª posición.
  • Aroa Goti Vidal 35ª posición.
  • Uxía Santana López 44ª posición.

Categoría Sub10

  • Hugo Cajamarca Díaz 27ª posición.
  • Xoel Regueiro González 29ª posición.
  • Mario López Piñón 32ª posición.
  • Leo Garabana Rey 41ª posición.
  • Paula Rascado Piñeiro 31ª posición.
  • Noelia San Martín Martínez 33ª posición.

Categoría Sub8

  • Roi Agra Pita 11ª posición.
  • Lucas Ramos Santamaría 13ª posición.
  • Ezequiel Otero Méndez 44ª posición.
  • Héctor Fernández Rodríguez 68ª posición.
  • Miguel Rivera Díaz 69ª posición.
  • Neizan Cabaleiro Fernández 70ª posición.
  • Luka Domínguez Rojas 71ª posición.
  • Mario Ramos López 72ª posición.
  • Javier Pita Torreiro 73ª posición.
  • Daniela Varela Pardo 5ª posición.
  • Sofía Rey López 10ª posición.

 

¡Parabéns a tod@s!