"XIII Copa Deputación de Lugo – 1ª Xornada"
Lugo
Sábado 14 de xaneiro de 2023
O sábado celébrase en Lugo a 1ª Xornada da Copa Deputación, onde o noso club estará representado por Adrián Rivadulla e Isabel Rodríguez nos 800 ml, Irma Veiguela nos 600 ml, Olga Sánchez nos 300 ml e Antía Martínez na proba de 60 mv.
"IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra – C.A. Sada"
Ourense
Sábado 14 de xaneiro de 2023
En Ourense terá lugar o "IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra- C.A. Sada", onde competirán Alicia Barreiro na proba de 400 ml, Lucía Blanco nos 60 mv e Xiana Lago na proba de lanzamento de peso.
"Reunión FAM 3"
Madrid
Sábado 14 de xaneiro de 2023
A nosa atleta Diana Jiménez competirá na proba de pértiga na "Reunión FAM 3" en Madrid.
"Málaga Indoor Match 2023"
Antequera
Sábado 14 de xaneiro de 2023
Na localidade de Antequera disputarase o "Málaga Indoor Match 2023", contaremos coa participación da atleta Ana Carvajal na proba de 1500 ml.
"II Control de Invierno FCA"
Santander
Sábado 14 de xaneiro de 2023
Santander celebrará o "II Control de Invierno FCA" onde está inscrita Rocío Díaz na proba de altura.
"XXXIX Carreira Popular San Xiao"
Ferrol
Domingo 15 de xaneiro de 2023
O domingo celebrarase nas rúas de Ferrol a "XXXIX Carreira Popular San Xiao" onde terán protagonismo as nosas "balitas".
"Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través individual"
Xinzo de Limia
Domingo 15 de xaneiro de 2023
As instalacións do Hipódromo de Antela nos Concellos de Sandiás e Xinzo de Limia, acollerán este domingo o "Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través Individual", onde contaremos coa presenza das atletas Sofía Fernández na categoría Absoluta e Carolina Santos e Ararat Pazos na categoría Sub 20.
¡Moitísima sorte a tod@s @s nos@s atletas!