Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

As nosas guerreiras non deixaron de loitar na I Xornada de División de Honra

O fin de semana pasado as nosas balas vermellas desprazáronse a terras vascas onde celebrouse a I Xornada da Ligar Iberdrola de División de Honra na localidade de San Sebastián.

A nivel individual as nosas atletas conseguiron os seguintes resultados:

  • Na proba de 100ml Talia Mara e Celia Muñóz acadaron a 3ª e 4ª posición, respectivamente, cuns tempos de 12’’19 e 12’’47.
  • Nos 200ml Talia Mara conseguiu a 2ª posición cun tempo de 24’’50 e a súa compañeira Inés Celorio rematou no 7º posto cunha marca de 25’’96.
  • En 400ml, Laura Alonso cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 58’’49, mentres que Alicia Barreiro o fixo no posto 7 cun rexistro de 58’’96.
  • Na proba de 800ml Marta Pla conseguiu o 3er posto mellorando a súa marca persoal ao parar o crono en 2:08.98. Asimesmo, Ona Alonso cruzou a liña de meta en 7ª posición cunha marca de 2:19.86.
  • En 1500ml a victoria sería para Irene Bonafonte cunha marca de 4:36.18 mentres que Silvia Guerra  acabou en 7ª posición cun tempo de 4:49.42.
  • En 3000ml competiron Carolina Santos e Irene Bonilla conseguindo a 6ª e 7ª posición parando o crono en 10:52.34 e 11:08.75, respectivamente.
  • En 100 metros valos Paula González rematou en 2ª posición cun tempo de 14’’08, conseguindo así a mínima para o campionato de España sub20 e absoluto. Por outro lado, Antía Martínez non tivo un bo día e foi descalificada.
  • En 400 metros valos, Lucía Rivadulla e Lía Caride ocuparon a 7ª e 8ª posición parando o crono en 1:07.68 e 1:08.85, respectivamente.
  • Na proba de 3000m obstáculos Marina Bagur faríase coa victoria parando o crono en 10:51.73 mentres que Sofía Fernández quedou en 4ª posición cun tempo de 11:32.24.
  • Na proba de salto de altura, Rocío Díaz e Karolina Puchmertlova finalizaron en 7ª e 8ª posición cun salto de 1.55m e 1.40m respectivamente.
  • En salto con pértega, Diana Jimenez realizou un salto de 3.45m quedando en 4ª posición e, a su vez, María Blanco conseguiu a 7ª posición cun salto de 2.40m.
  • Na proba de lonxitude, Elena Llobera rematou en 2ª posición cun salto de 5.96m, mentres que Yaiza Sanza tivo que conformarse coa 8ª posición cunha marca de 5.15m.
  • No triplo salto, Diaou Diallo conseguiu a 2ª posición ao saltar 12.66m, e Eva Fernández acabou en 8ª posición cunha marca de 10.68m.
  • En lanzamento de peso Xiana Lago rematou en 3ª posición ao lanzar o artefacto ata os 11.37m, mentres que Karolina Puchmertlova rematou en 5ª posición cunha marca de 10.48m.
  • Na proba de disco, Iris de Castro e Xiana Lago remataron en 4ª e 8ª posición cuns lanzamentos de 38.32m e 28.53m, respectivamente.
  • En lanzamento de martelo, María Oliva acabou en 5ª posición lanzando o martelo ata os 44.31m e Lucía Majo conseguiu a 8ª posición cun lanzamento de 28.48m.
  • Na proba de xavelina Ivanna Carolina rematou en 6ª posición cun lanzamento de 32.84m mentres que a súa compañeira Antía Sestelo rematou en 7ª posición cunha marca de 31.59m.
  • Nos 5km marcha Iría Rivas finalizou en 3ª posición cunha marca de 24.56.93 e Marina Pajón acabou en 7ª posición cun rexistro de 28:49.73.
  • Na proba de relevos de 4x100m o relevo formado por Yaiza Sanz, Inés Celorio, Antía Alcalde e Celia Muñoz rematou en 4ª posición cun tempo de 49’’90.
  • Na proba de 4x400m o relevo formado por Lucía Rivadulla, Marta Pla, Ona Alonso e Irene bonafonte rematou, tamén, en 4ª posición cun tempo de 4:00.34.

Así mesmo, na clasificación xeral por equipos e grazas a o sacrificio realizado por todas elas o noso clube acadou a 3ª posición con 136 puntos.

¡Noráboa chicas!