Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Tres anos despois, o Club Atletismo Ría Ferrol tivo unha gran representación na XXVII Gala do Deporte Ferrolán

O Auditorio de Ferrol acolleu este xoves a XXVII Gala do Deporte Ferrolán onde foron recoñecidas as traxectorias deportivas dos mellores deportistas da nosa cidade nos anos 2019, 2020 e 2021.

Tras tres anos de ausencia derivada da situación sanitaria, volvimos a vestirnos de gala nunha tarde fascinante para o noso clube, xa que ata nove galardóns foron recollidos polos nosos atletas.

Como mellores atletas do ano 2019 foron premiados Laura Rico e Martín Rodríguez. Así mesmo, a Diaou Diallo otorgáronlle o premio á mellor deportista promesa.

En relación coa tempada 2020, os mellores atletas recoñecidos polo Concello foron Marina Pajón e Adrián Rivadulla. Ademáis, Laura Rico conseguiu o premio á mellor promesa, grazas ao seu título de campioa de España de xavelina en lanzamentos de menores.

E, por último, no 2021 como mellores atletas foron recoñecidos Ricardo Negrete e Alicia Barreiro. Ademáis, Diaou Diallo conseguiu alzarse coa Carabela de Plata convertíndose así na mellor deportista ferrolá do ano.

Dende o Club Atletismo Ría Ferrol gustaríanos felicitar a todos os galardoados e, en especial, aos nosos deportistas.

¡Noráboa chic@s!