Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Segunda competición ao aire libre para a nosa canteira que segue sumando experiencia.

Esta fin de semana disputouse a 2ª Xornada de Atletismo en Pista de categorías menores en Coruña onde a nosa canteira obtivo os seguintes resultados.
 
En categoría sub10:
  • En triatlón masculino Fernando Arias conseguiu unha marca de 87 puntos, Lucas Jiménez acadou unha marca de 531 puntos e Mario López rematou con 130 puntos. En categoría feminina, Laura Fernández rematou con 491 puntos e Noa Bermejo fixo 149 puntos.
En categoría sub12:
  • Na proba de 60ml femininos na final A Noa Seoane acadou a 1ª posición cun tempo de 9’’21, Pilar Sánchez quedo en 1ª posición na final B cunha marca de 10’’17 e Gala Fernández en 3ª posición con 10’’36 na final C. En categoría masculina, Arsenio Romero rematou en 3ª posición na final C cun tempo de 9’’93 e Hugo Veiguela acadou a mesma posición na final D cun tempo de 9’’87.
  • Na proba de lonxitude, Pilar Sánchez rematou no 9º posto da final A cunha marca de 2.79m.
  • En 500ml Noa Seoane e Lara Fernández acadaron a 1ª e 2ª posición na final A cunhas marcas de 1:34.62 e 1:38.23, respectivamente. Pola súa parte, Arsenio Romero acabou en 4ª posición na final A masculina cunha marca de 1:49.74. En 1000ml Hugo Veiguela rematou en 6ª posición cunha marca de 3:52.32.
  • En triatlón femenino Noa Seoane e Alicia Jove acabaron en 1ª e 2ª posición cun rexistro de 1058 e 917 puntos, respectivamente. Gala Fernández acabou en 7ª posición cunha puntuación de 546 puntos. En categoría masculina, Arsenio Romero e Hugo Veiguela acabaron en 10ª e 11ª posición cunha marca de 436 e 353 puntos, respectivamente.
  • O relevo femenino de 4x60m conseguiu o 1º posto cunha marca de 39’’23.
En categoría sub14:
  • Na proba de 80ml Bruno Castro quedou en 1ª posición da súa serie cun tempo de 11’’53, Irene García e Olga Sánchez acadaron a 3ª e 4ª posta da final A cun rexistro de 12’’42 e 12’’58, respectivamente, Edurne López acabou en 4ª posición na final C cun tempo de 13’’34 mentres que as súas compañeiras Carolina Piñeiro e Barbara Requejo remataron en 6ª e 8ª posición cunha marca de 13’’67 e 13’’82, respectivamente. Na Final D Eugenia Baeza e Jimena López acabaron en 3ª e 4ª posición cun rexistro de 13’’12 e 13’’40 e na final E Marina Blanco e Marta Cuadrado acadaron a 1ª e 2ª posición cunha marca de 12’’31 e 12’’69, respectivamente.
  • Nos 150ml Bruno Castro conseguiu o 1º posto cun tempo de 21’’47. En categoría feminina, na final A Irma Veiguela quedou en 2ª posición cun tempo de 20’’66, Adriana Castiñeira en 6ª posición cun rexistro de 22’’48 e Olga Sánchez en 7ª posición con 23’’83. Na final B, Daniela Calvo acadou a 2ª posición cunha marca de 22’43 e Barbara Requejo rematou no 7º posto con 26’’82. Na Final C Irene García fíxose coa victoria cun tempo de 24’’25, Edurne López conseguiu a 3ª posición con 24’’73 e Eugenia Baeza alcanzou o 4º posto con 25’’76. Na final D Marina Blanco e Marta Cuadrado acadaron a 2ª e 5ª posición respectivamente cunha marca de 22’’66 e 24’’65, respectivamente. E, por último, na final E Virginia Blanco acadou o 1º posto cun tempo de 22’’59.
  • En 500ml Brais Troitiño conseguiu o 3º posto da súa serie cunha marca de 1:44.18. Irma Veiguela rematou en 3ª posición con 1:24.04.
  • Na final B de lonxitude, Virginia Blanco e Eugenia Baeza acadaron a 6ª e 7ª posición cun salto de 3.85m e 3.83m, respectivamente, Irene García e Julia Casal remataron en 10ª e 11ª posición cunha marca de 3.73m e 3.61m e Jimena López acabou no 16º posto cun rexistro de 3.12m.
  • Na proba de altura Adriana Castiñeira e Daniela Calvo conseguiron a 2ª e 3ª posición respectivamente cunha marca de 1.31m e 1.28m, mentres que Marina Blanco acabou en 7ª posición cunha marca de 1.22m.
  • En lanzamento de xavelina Olga Sánchez conseguiu a 5ª posición cunha marca de 15.43m. 
  • O relevo femenino 4x80m acadou a 4ª posición da súa serie cunha marca de 46’’35.

Así mesmo, celebrouse tamén o "Campeonato nacional de lanzamientos largos de invierno" en Castellón onde tivemos a participación de Xiana Lago  na proba de Disco sub20 onde conseguiu unha oitava posición cunha marca de 35.82m, pese a non ter moi boas sensacións no transcurso da proba. 

Por outro lado, a localidade madrileña de Móstoles celebrou unha xornada de disco onde competiu Iris de Castro que conseguiu a 2ª posición cunha marca de 39.94m. E, por último, nas pistas madrileñas de Vallehermoso celebrouse o "Campeonato madrileño universitario" coa participación de Diana Jiménez na proba de salto con pértega, onde fíxose coa medalla de ouro cun salto de 3.70m.

¡Noráboa a tod@s!