Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Crónica da fin de semana: Dende a ledicia en Navarra ata o debut en Sabadell.

Esta fin de semana disfrutamos do regreso ao tartán da nosa atleta  Ana Camino Lacarte por partida dobre, xa que o venres disputou a proba de 60ml das "Pruebas de Control FNA PC" no módulo Zizur Mayor de Navarra acadando unhaa marca de 8.22s e o sábado pola tarde competiu no "Control A" disputado en Logroño tamén na proba curta de velocidade obtendo unha marca de 8.31s na seminifal.

Por outra banda, o sábado celebrouse en Asturias o "Campionato de Asturias de Inverno e Control de xavelina e marcha" na localidade asturiana de Gijón. onde tivemos a participación de tres das nosas atletas. Marina Pajón Area gañou a proba dos 5km marcha mellorando marca persoal ao facer 28'28''92. Así mismo, Laura Rico Bouza impúsoxe na proba de xavelina 500gr sub18 cunha marca de 35.71m. Por último, Paula González García proclamouse Campioa Asturiana de Inverno de 60 metros valos parando o crono en 8.86s.

 

E, para poñer a guinda a este sábado repleto de competicións, tivemos o debut de Ona Alonso Camps coas nosas cores no "Control Absoluto en Pista Coberta" celebrado na localidade catalana de Sabadell. Participou nos 800ml conseguindo un rexistro de 2''22'51.

O domingo volvimos a ter presenza en Sabadell coa participación de Elena LLobera que fixose coa victoria na proba de salto de lonxitude cunha marca de 6m,  e Laura Alonso da Costa na proba de 400 metros lisos acadando un rexistro de 56.32s.

Ata Menorca chegaron este domingo as nosas cores da man da nosa atleta Marina Bagur Olives que participou no "Campeonato de Menorca de Cross" alzándose coa victoria en categoría absoluta femenina sobre unha distancia de 9000m aprox. e un tempo de 35'37''.

Por outro lado, celebrouse a "Reunión FAM 5" na pista madrileña de Gallur onde tivemos a presenza de Yaiza Sanz Calvo na proba de lonxitude cun salto de 4.84m, rexistro que deixoulle cun sabor agridulce xa que no conseguiu ter boas sensacións ao longo da proba.

E, como broche a este fin de semana competitivo, celebrouse en terras lucenses o "Cross Ponte Romana" onde tivemos unha amplia representación do noso clube. Na categoría sub18 masculina sobre unha distancia de 5000m participaron os atletas Ricardo Negrete Barrioluengo acadando o 4º posto, Diego Sánchez Aneiros Joel Novoa atravesaron a línea de meta en 17ª e 18ª posición, respectivamente. Marcos Pérez faría o mesmo na 23ª posición e Sergio Fernández remataría a proba no 27º posto. Na categoría sub16 femenino correu Aroa Amado Prieto quedando na 18ª posición nun percorrido de 2400m. Na Categoría sub14 femenino tivemos a participación de Irma Veiguela Tizón que conseguiu a 5ª posición tras recorrer os 1800m da proba. Na categoría sub12 femenina participaron as atletas Lara Fernández Noa Seoane facendo un doblete ao acadar a 1ª e 2ª posición, respectivamente. Así mismo, Alicia Jove cruzaría a línea de meta en 4ª posición. E, por último, na categoría sub12 masculino tivemos a presenza de Hugo Veiguela que rematou os 1800m do circuito no 13º posto.

¡Noraboa a todos/as!