Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Os equipos moven ficha

Noticias FGA

Os equipos moven ficha

Ca nova tempada en marcha, xa sabemos cales teñen sido os movementos e as fichaxes máis importantes dos distintos clubs de cara a abordar os retos deportivos que encerra este novo e longo curso, que remará o 31 de decembro do ano 2019.
Para comezar unha das formacións máis importante a nivel estatal o Playas de Castellón, segue a contar para esta campaña cos atletas Borja Barbeito, Uxía Pérez, Belén Toimil e Mauro Triana, abandonando a entidade Tariku Novales quen  fichará polo Go Fit Athletics. Esther Pedrosa é outra das novidades, recalando no club levantino logo de pasar boa parte da súa traxectoria no C.Deportivo Universitario de Santiago.
O F.C. Barcelona segue apostando por un cuarteto de calidade renovando a Adrián Ben, Esther Navarrete, Ruth Marie Ndoumbe e Jean Marie Okutu. Ana Peleteiro pola súa banda, continúa unha tempada máis vestindo a camiseta do C.A. Adidas.
O actual campión de liga feminina, o Valencia Esports, renova a Saleta Fernández,  Raquel Meaños,Solange Pereira e Claudia Rojo facéndose cos servizos para esta campaña de Leticia Fernándezprocedente do ADAS Proinor.
O Fent Cami Mislata continúa cos servizos de Manuel Uriz quen estará acompañado polas novas altas de Pablo Denis e Isaac Vicente ambos procedentes do Maratón madrileño.
A nivel galego a Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen xunto o RIA Ferrol milita na máxima categoría do atletismo, ven de reforzar a súa estructura cas fichaxes de Eva Arias (ADAS Proinor) para o sector dos obstáculos, Lucía Ferreiro (RIA Ferrol) en pértega, Ana Isabel Fiestras(C.A.Santiago) nos 400 m., así como a temén velocista Eugenia Gil procedente do Marineda. Na categoría masculina o máis salientable sería a incorporación de José Alfonso Palomanes que abandona o F.C.Barcelona logo de varias tempadas o mesmo que Xulio Ventín quen tamén pon punto e peche o seu periplo no ADAS Proinor.
Por parte dos clubs vigueses tanto do Real Club Celta como do Atletismo Feminino, a liña marcada sería a incorporación de atletas procedentes das categorías inferiores, na que o máis salientable é a fichaxe do subcampión de España Sub16 nos 3.000 m. Hugo García procedente da Gimnástica.Mar Chillón (Valencia Esport) sería a aposta no sector de marcha no club feminino.
A nivel individual Lolo Penas apostará este ano polo C.A. O Pino ó igual que Martín Liste polo C.A.Narón. A xóven promesa Carolina Santos  pola súa banda deixa o A.V.A. para recalar no C.A. Ourense continuando un ano máis como independente o discóbolo pentaolímpico Frank Casañas.