Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Deputación da Coruña premia ó seu circuíto

Noticias FGA

A Deputación da Coruña premia ó seu circuíto

No día de onte faríanse entrega dos premios correspondentes ó V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña na sede do citado organismo público. Ó acto acudirían boa parte dos premiados así como membros da Deputación que destacarían o excelente nivel tanto deportivo como organizativo deste evento.
O circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña formado por un total de 30 probas e organizado pola Federación Galega de Atletismo, constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.
Os gañadores absolutos desta quinta edición serían Rocío Alvite e Amador Pena quenes reeditarían o triunfo do ano anterior.