Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web DELEGACIÓN FGA PONTEVEDRA .- Probas do vindeiro fin de semana

Del. PONTEVEDRA

Probas do vindeiro fin de semana

O vindeiro fin de semana levaranse a cabo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tres competicións, facendo de Pontevedra un dos puntos de maior interese atlético neses días.

Levantará o telón o sábado en xornada de mañá a segunda xornada Escolar Infantil en Pista, derradeira oportunidade na zona norte da provincia para acadar a calificación para o campionato provincial infantil.

Horario e Normativa 
(infórmase que permitirase a participación de máis de 6 atletas por entidade nas probas de saltos horizontais por ter sido éstes suspendidos na xornada anterior)

 

Xa en xornada de tarde comenzarán o Cto de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e o Cto de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas, a desenvolver ó largo de toda a tarde do sábado así coma o domingo en xornada de mañá, no que coñecerase o seu termo ós mellores clubs de Galicia en probas combinadas e ós veteráns máis completos. Asemade, haberá que ter moi en conta as actuacións individuais dos atletas, pois de Pontevedra sairán as listas dos atletas que representarán a Galicia no “Cto. de España de Federaciones de Pruebas Combinadas”.

Circular
Horario Modificado

 

Por último, e non de menor importancia, celebrarase o sábado, paralelamente ás combinadas, un Control de marcas de 100 e 300 metros de categoría absoluta.

Horario