Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- 03/01/2016 . CAMPEONATO GALEGO DE CLUBS DE PROBAS COMBINADAS. CAMPEONATO PROVINCIAL DE CROSS. 1ª XORNADA PISTA CUBIERTA DIPUTACIÓN DE LUGO

Del. LUGO

CAMPEONATO GALEGO DE CLUBS DE PROBAS COMBINADAS. CAMPEONATO PROVINCIAL DE CROSS. 1ª XORNADA PISTA CUBIERTA DIPUTACIÓN DE LUGO

Intenso fin de semana atlético o que vivirá o atletismo provincial no fin de semana do 9 e 10 de Xaneiro e onde se celebrarán ata un total de tres eventos que deixarán un bo sabor de boca o aficionado o deporte rei. Así, o módulo do Estadio Gregorio Pérez Rivera vivirá un ano máis o Campeoanto Galego Galego de Clubs de Probas Combinadas e onde se citarán os mellores especialistas galegos da especialidade. Ademáis, tamén se disputará oCampeonato Galego de Heptathlón masculino e Pentathlón femenino veterán.

Tamén o día 9 se disputará a 1ª Xornada de Pista Cuberta Diputación de Lugo, organizada por esta Delegación de Atletismo en colaboración ca citada institución. Para esta cita se programarán as probas dos 60 metros lisos, os 60 metros valos, así como os concursos de triple salto, lanzamento de peso, salto de altura e salto de pértiga.

LU09-2015- I Xornada Pista Cuberta – Deputación de Lugo

Por último,o vindeiro 10 de Xaneiro o entorno do Parque da Feira de Exposicións da cidade de Lugo será escenario dunha nova edición doCampeonato Provincial de Cross para as categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos. O evento está organizado pola Delegación Lucense de Atletismo e polo Club Fluvial de Lugo.

Paralelamente a este evento, se disputará o I Cross Fluvial Concello de Lugopara as categorías de menores, dende benxamín a cadete. As probas comenzarán a partir das 11 da mañá e no mesmo estarán presentes os principais clubs da provincia nos primeiros entorchados provinciais da temporada.

LU08-2015-Campionato Provincial Cross – I Cross Fluvial Concello Lugo