Control de marcas USC

 

Na tarde de onte celebrouse un control de marcas na pista da Universidade de Santiago, onde o noso club tivo representación na mesma por partida dobre. 

A atleta Adriana Reguera competiu na proba de martelo (4 kg), acadando un mellor lanzamento de 41,13 m.

Pola súa banda, Erika Martínez participou na proba de martelo (3 kg), na que logrou un rexistro de 44,48 m.

¡Parabéns rapazas!

A prensa local faise eco dos resultados acadados polas nosas atletas a pasada fin de semana.

No día de hoxe, o Diario de Ferrol faise eco dos resultados acadados a pasada fin de semana polas atletas do noso club.

           

Tags:

Magnífico rexistro de Marina Bagur nos 10 km Villa de Laredo.

 

 

Na tarde de onte, a nosa atelta Marina Bagur participou nos "10 Km Villa de Laredo", onde acadou un fantástico rexistro de 34'44" quedando a tan só un segundo de batir o récord de Baleares.

¡Parabéns Marina!

Carolina Santos dobre medallista no Campionato de Galicia de 5KM en Ruta.

Na tarde de onte tivo lugar, nas rúas de Santiago de Compostela, o "Campionato Galego de 5 km en Ruta", tras ser aprazada por mor do mal tempo o pasado 31 de decembro do 2022.

A nosa atleta Carolina Santos, cun rexistro de 19'13", proclamouse Campiona Galega na categoría Sub18 e 3ª na categoría Absoluta.

¡Parabéns Carolina!

Un bronce e tres MMP no Campionato Xunta de Galicia Sub16 en Pista Cuberta.

                                                   

              

Onte celebrouse en Ourense o "Campionato Xunta de Galicia Sub16 en Pista Cuberta" e onde participaron catro das nosas atletas.

Nos 300 ml competiron:

Olga Sánchez que rematou na 2ª posición na súa serie, acadando MMP cun tempo de 48"40.

Daniela Alonso finalizando na 4ª posición na súa serie cun rexistro de 49"16.

Desiree Manso que gañou a súa serie na semifinal, cun tempo de 44"70 MMP, e na final acadou un rexistro de 46"25

Nos 600 ml, Irma Veiguela cruzou a liña de meta cun tempo de 1'40"85 MMP, acadando a medalla de bronce.

¡Parabéns rapazas!

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 EN PISTA CUBERTA.

 

                                            

Esta fin de semana disputouse en Salamanca o "XLVI Campeonato de España Sub18 en Pista Cubierta".

Na xornada matinal de onte, a atleta Alicia Barreiro competiu na proba de 400 ml rematando na 4ª posición da semifinal cun rexistro de 58"11.

Adrián Rivadulla, na xornada vespertina, disputou a semifinal dos 800 ml acadando a 5ª posición cun tempo de 2'00"65.

​¡Parabéns!

Regulamento de Réxime Interno do Club.

A través da seguinte ligazón, pódese consultar o "Regulamento de Réxime Interno do Club" que entra en vigor a  partir do día de hoxe:

Xiana Lago na lista de convocados para o encontro internacional Sub 20 FRA-ESP-ITA-GER en Pista Cuberta.

 

                                              

A nosa atleta Xiana Lago Andradre foi convocada para representar a España no Encontro Internacional Sub20 entre Francia, España, Italia e Alemaña, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de marzo na localidade gala de Liévin.

¡Parabéns Xiana!

Intensa fin de semana con varios Campionatos Autonómicos e un Campionato Nacional.

 

 

  

O sábado día 4 tivo lugar nas pistas de Balaídos o "VII Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos Sub 20, Sub 18 e Sub 16". 

Os resultados acadados polas nosas atletas foron os seguintes:

Laura Rico proclamouse Campiona de Galicia Sub 20, na proba de Xavelina, cun lanzamento de 33,82 m.

Erika Martínez acadou o Subcampionato de Galicia Sub 18, na proba de Martelo, cun rexistro de 45,12 m, que supón MMP.

Marta Gómez competiu na proba de Martelo na categoría Sub 16 na que acadou un mellor lanzamento de 27,83 m.

Adriana Suárez non tivo o seu mellor día na proba de Martelo, na que reralizou tres nulos.

¡Parabéns rapazas!

 

 

 

                              

O Circuito da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, foi o escenario o pasado sábado do "Campionato Galego de Campo a Través Xogade".

O atleta Hugo Veiguela acadou unha estupenda 8ª posición na categoría Sub 12.

¡Parabéns Hugo!

 

                             

 

                                              

 

     

Durante a pasada fin de semana disputouse, na pista cuberta de Sabadell, o "50 Campeonato de España Sub20 en Pista Cubierta". 

Competiron catro atletas do noso club acadando os seguintes resultados:

Lucía Blanco competiu nos 60 mv cun rexistro de 9"19 nas eliminatorias, que lle supón MMP,  e unha marca de 9"32 na semifinal.

Carolina Santos participou nos 1500 ml rematando na 5ª posición na súa serie unha marca de 4'56"89. 

Diaou Diallo acadou a medalla de bronce, na proba de Triplo, cun salto de 12,33 m.

Xiana Lago proclamouse Subcampiona de España na proba de Peso ó realizar un mellor lanzamento de 13,48 m, que supón MMP. 

¡Parabéns rapazas!

Campionato de España de Marcha en Ruta

 

 

 

                                                         

A localidade murciana de Cieza albergou no día de onte o "Campeonato de España de Marcha e Ruta", que discorreu por un circuito urbán na Avenida de Abarán. 

Duas atletas do noso club competiron neste campeonato, Iria Rivas na proba de 35 km, realizando 20 km cun excelente resultado e Natalia Rivas nos 10 km, formando parte da Selección Galega, finalizando nunha magnífica 7ª posición e acadando a medalla de bronce por equipos.

 

¡Parabéns rapazas!

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS