O inicio de tempada déixanos unha marca persoal e unha mínima nacional

"Resultados I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"

Salamanca

Sábado 8 de xaneiro de 2022

Na tarde do sábado celebráse o Control Autonómico Absoluto en Salamanca onde participaron as nosas atletas Talia Pérez e Inés Celorio, que non podían comezar a tempada de mellor maneira. 

Por un lado, Inés Celorio conseguiría unha mellor marca persoal nos 60ml ao parar o crono nun tempo de 7.80s. Na proba dos 200ml cruzaría a línea de meta en 25.62s.

Por otro lado, Talia Pérez acadou a mínima para o Cto. de España de PC Absoluto na proba dos 60ml cun rexistro de 7.58s, e na proba dos 200ml acadou unha marca de 24.77s.

  • Resultados.

 

"Resultados III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"

Pista Cuberta de Atletismo, Ourense

Sábado 8 de xaneiro de 2022

En Ourense tivemos a participación de Antía Martínuez Queimaño  na proba de 60mv cun tempo de 9.68s e na proba dos 200 ml acadaría unha marca de 27.49s. Na proba de lanzamento de peso de 4kg tivemos a presenza de Xiana Lago Andrade que lanzou 11.29m.