Diario Oficial de Galicia
xoves, 15 de abril de 2010
VI. ANUNCIOS
Número do Dog:
70
Páxina do Dog:
5.907
Data da Disposición:
Sección:
VI. ANUNCIOS. OUTROS ANUNCIOS
Organismo:
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
Rango:
Anuncio
Título:
Anuncio da convocatoria do Programa específico de axudas para
deportistas galegos/as de alto nivel. Edición 2009.
Anuncio da convocatoria do Programa específico de axudas para deportistas
galegos/as de alto nivel. Edición 2009.
Bases: na sede
da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4, 15781
Santiago de Compostela (A Coruña) ou na páxina web oficial www.deportegalego.es.
Teléfono 881 99 98 40. Fax 881 99 98 42.
Lugar de presentación: a
instancia de solicitude e a documentación correspondente serán presentadas no
Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4
(15781 Santiago de Compostela).
Os/as interesados/as
poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos
termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o
Regulamento dos servizos postais.
Prazo: o prazo de
presentación das solicitudes será de 30 días naturais contado desde o seguinde
día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de
Galicia.
Resolución: conforme os criterios establecidos
nas bases, o prazo máximo para ditar e notificarlles aos/ás interesados/as a
resolución expresa das axudas será de catro meses a partir do día seguinte ao
que remate o prazo de presentación das solicitudes.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2010.
José Ramón Lete
Lasa
Vicepresidente executivo da
Fundación
Deporte Galego
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es