Noticias Delegaciones

Noticias Web DELEGACIÓN FGA FERROL .- XOGADE - I Xornada Atletismo en pista Infantil

Del. FERROL

XOGADE – I Xornada Atletismo en pista Infantil

[Nuevo Horario]

Resultados

Noticias Web DELEGACIÓN FGA LUGO .- CAMPEONATO GALEGO DE CLUBS

Del. LUGO

CAMPEONATO GALEGO DE CLUBS

O estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo será escenario este sábado 23 de Abril do Campeonato Galego de Clubs e no cal tomarán parte os 8 mellores clubs da autonomía tanto no apartado masculino como femenino.

2016 - Cartel - Campionato Galego Clubes

Os clubs participantes no apartado masculino serán o R.C. Celta, o C.A. Narón, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o ADAS O Barco, O CA Santiago, os coruñeses Riazor e Marineda, e por último o equipo local do Lucus Caixa Rural.

Entre as mulleres, presencia do tamén das locales do Lucus Caixa Rural, máis o Ria Ferrol, o Atletismo Femenino Celta, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o ADAS O Barco, o Vila de Cangas, o CA Santiago e tamén o CA Narón.

LISTAS DE SALIDA

As probas comenzarán a partir das 11 da mañá, disputándose o evento en xornada de maña e tarde, e onde o R.C. Celta na categoría masculina e o Ria Ferrol na categoría femenina, tratarán de revalidar os títulos conqueridos na tempada pasada nas pistas de A Malata en Ferrol. Nesa edición completaron podium o CA Narón e o Lucus Caixa Rural na categoría masculina e o Atletismo Femenino Celta e a SG de Pontevedra na categoría femenina, o lograr o segundo e terceiro posto respectivamente.

O igual, que ocurrira no Campeonato Galego de Clubs que se celebrou na nosa cidade fai dous anos, o evento poderá ser visualizado en directo en streaming, gracias a colaboración da Delegación Lucense de Atletismo ca Fundación TIC da Diputación de Lugo, e tamén gracias a colaboración de Coca-Cola, que participa activamente neste evento.

Noticias Web DELEGACIÓN FGA SANTIAGO .- Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Del. SANTIAGO

Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

 
O Concello de O Pino celebra a décimo terceira edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 1 de maio de 2016 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago)
 
  • DISTANCIAS E HORARIOS:

10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)

10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO 300 m (1 volta ó circuito pitufo)
´
CONSULTA INFORMACIÓN E INSCRÍBETE AQUI

Noticias Web DELEGACIÓN FGA FERROL .- XOGADE - II Xornada Atletismo en pista Benxamín - Alevín

Del. FERROL

XOGADE – II Xornada Atletismo en pista Benxamin-Alevin

[Horario]

 

Resultados

Noticias Web DELEGACIÓN FGA PONTEVEDRA .- Resultados en directo

Del. PONTEVEDRA

Resultados en directo

Para consultar los resultados del campeonato gallego de combinadas por clubs:

http://www.fgatletismo.es/resultados/pontevedra/20161604 Combinada por equipos//

Para consultar los resultados del campeonato gallego de combinadas veteranos:

http://www.fgatletismo.es/resultados/pontevedra/20161604 Combinada Veterana//

Noticias Web DELEGACIÓN FGA PONTEVEDRA .- Probas do vindeiro fin de semana

Del. PONTEVEDRA

Probas do vindeiro fin de semana

O vindeiro fin de semana levaranse a cabo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tres competicións, facendo de Pontevedra un dos puntos de maior interese atlético neses días.

Levantará o telón o sábado en xornada de mañá a segunda xornada Escolar Infantil en Pista, derradeira oportunidade na zona norte da provincia para acadar a calificación para o campionato provincial infantil.

Horario e Normativa 
(infórmase que permitirase a participación de máis de 6 atletas por entidade nas probas de saltos horizontais por ter sido éstes suspendidos na xornada anterior)

 

Xa en xornada de tarde comenzarán o Cto de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e o Cto de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas, a desenvolver ó largo de toda a tarde do sábado así coma o domingo en xornada de mañá, no que coñecerase o seu termo ós mellores clubs de Galicia en probas combinadas e ós veteráns máis completos. Asemade, haberá que ter moi en conta as actuacións individuais dos atletas, pois de Pontevedra sairán as listas dos atletas que representarán a Galicia no “Cto. de España de Federaciones de Pruebas Combinadas”.

Circular
Horario Modificado

 

Por último, e non de menor importancia, celebrarase o sábado, paralelamente ás combinadas, un Control de marcas de 100 e 300 metros de categoría absoluta.

Horario

Noticias Web DELEGACIÓN FGA SANTIAGO .- CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS

Del. SANTIAGO

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS

O 24 de abril terá lugar no Concello de Teo unha nova edición da carreira pedestre da Batalla de Cacheiras.

Nesta edición o Concello desexa recuperar o contexto histórico do que foi a Batalla de Cacheiras e recuperar o trazado desta tradicional carreira que rematará no alto de Montouto.

Consulta aquí o reglamento da proba e inscríbete xa!:

REGLAMENTO e INSCRIPCIÓNS

Noticias Web DELEGACIÓN FGA SANTIAGO .- CONTROL DE MARCAS VENRES 08/04 e XORNADA ESCOLAR EN PISTA

Del. SANTIAGO

CONTROL DE MARCAS VENRES 08/04 e XORNADA ESCOLAR EN PISTA

O vindeiro venres celebrarase no Estadio de Santiago de Compostela un control de marcas para as categorías infantil e superiores. Consulta aquí o horario:

HORARIO CONTROL DE MARCAS 08 – 04

Ao día seguinte, no mesmo escenario celebrarase a I xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín. Consulta aquí o horario:

HORARIO XORNADA ESCOLAR EN PISTA 09 -04

Noticias Web DELEGACIÓN FGA OURENSE .- Cambio de Sede da FGA en Ourense

Del. OURENSE

Cambio de Sede da FGA en Ourense

Durante a pasada semana a Xunta de Galicia trasladou as dependencias das Federacións Deportivas en Ourense a unhas novas instalacións.

A nova ubicación, das Federación Deportivas, situase no baixo da grada de preferencia do Campo de Futbol de O Couto, con entrada pola rúa Carlos Maside.

Polo tanto, a partir de hoxe, a nova dirección da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, e a seguinte:

Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo

Rúa Carlos Maside, s/n – Local 2

32002 – Ourense

Os horarios de atención, teléfonos e direccións de correo electrónico seguen a ser os mesmos.

Noticias Web DELEGACIÓN FGA FERROL .- LIV TROFEO "JOAQUÍN ROMERO" . IV MEMORIAL

Del. FERROL

LIV TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”. IV MEMORIAL

 
3ª XORNADA DO XVI CIRCUITO FERROLÁN DE  CAMPO A TRAVÉS
O vindeiro sábado, día 26 de marzo de  2016, a partires das 11:00 horas no merendero das Cabazas, celebrarase o LIV TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”. IV MEMORIAL, co patrocinio do Concello de Ferrol e o control do Comité Territorial de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexerase polas normativas da F.G.A. e R.F.E.A.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias Delegaciones