Noticias Club

Elena Llobera e Iria Rivas melloran marca en Sabadell e Getafe, respectivamente

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Control Pista Cuberta de Sabadell" onde participou a nosa atleta Elena Llobera Miro na proba de 60ml, realizando unha marca de 8.15s na semifinal e mellorando dita marca na final, onde acadou un tempo de 8.12s.

 

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de hoxe tivo lugar o Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista na localidade de Getafe, Madrid, onde participou a nosa atleta Iria Rivas Iglesias na proba dos 10km marcha na categoría absoluta femenina acadando un 14º posto e cruzando a línea de meta cun tempo de 49'26''. 

Actuación das nosas balitas vermellas no "XXXV Memorial Adolfo Ros"

"XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA Á RÍA 2021"

Neda

Domingo 12 de decembro de 2021

O noso clube tivo representación no Memorial Adolfo Ros nas categorías inferiores coa participación das nosas balitas vermellas.

  • Na categoría sub18 destacaron Carolina Santos conseguindo a primeira posición, e Alba Veiga acadando a segunda posición.

  • Na categoría sub16 destacaron os atletas Ricardo Negrete Joel Novoa conseguindo o 2º e 3º posto respectivamente. Tamén participaron Sergio Fernández Diego Sánchez.

  • Na categoría sub14 femenina Adriana Castiñeira acabou en 4ª posición, as irmás  Marina Blanco Virginia Blanco cruzaron línea de meta en 5ª e 8ª posición e Carlota Veiga fixo o mesmo en 9ª posición. 
  • Na categoría sub12 femenina Lara Fernández alcanzaría a primeira posición, Alicia Jove acabou en 5ª posición e na 6ª posición entrou Carla Rioseco. Tamén participaron Jimena LópezAmanda Carreño Elena Pita.

  • Na categoría sub10 femenino Carolina Ramil acadou a 4ª posición, mentres que Laura Fernández e Cayetana Rey acabaron no 7º e 8º posto. Por outra banda, na categoría sub10 masculina Hugo Veiguela rematou en 2ª posición, mentres que Martín Castiñeira Lucas Jiménez  acadaron a 8ª e 10ª posición. Así mismo, faría o mesmo no 17º posto Joaquín Lago.

  • Na categoría sub8 participaron Daniel Fachal acabando en 4ª posición, Mario López e Lucas Suárez.

Resultados "XXXV Memorial Adolfo Ros - Volta á ría"

 

Resultados IV Xornada da Deputación da Coruña

"RESULTADOS IV XORNADA. PROBAS DE ATLETISMO EN PISTA DEPUTACIÓN DA CORUÑA"

Pistas de Atletismo INEF de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña)

Sábado 11 de Decembro de 2021

No día de onte pola mañá celebrouse a IV Xornada da Deputación da Coruña en Oleiros, onde as nosas balitas vermellas acadaron os seguintes resultados:

  • Fernando Arias Vázquez realizou unha marca de 9.97s nos 50ml e, na proba de 500ml, acadaría unha marca de 2:06.72.
  • Bruno Castro Pereira correu os 60ml en 8.82s e, na proba de lonxitude, foise ata os 4.31m.
  • Aron Ñacle Purriños conseguiu unha marca de 10.33s nos 60ml, mentres que  na lonxitude saltou 2.70m.
  • Noa Seoane Rubiños correu os 60ml en 9.46s e os 500ml os finalizou cun tempo de 1:32.20.
  • Alicia Jove Novo fixo un tempo de 10.05s nos 60ml correu os 500ml nun tempo de 1:33.43.
  • Lara Fernández López conseguiría a mesma marca que a su compañeria Alicia, finalizando os 60ml en 10.05s, mentres que na proba de 500ml, cruzaría a línea de meta cun tempo de 1:37.56.
  • Pilar Sánchez Paz cruzaría a línea de meta cun tempo 11.74s na proba dos 60ml e acadaría unha marca de 2:03:36 nos 500ml.
  • Carla Rioseco San José conseguiu unha marca de 10.40s nos 60ml e finalizou os 500ml cunha marca de 1:43.30.

 

 

Carolina Santos mellora marca en Portugal

"Campeonato Regional Inverno Provas Combinadas"

Complexo Desportivo de Lousada (Portugal)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Hoxe tivo lugar o "Campeonato Regional de Inverno de Provas Combinadas" en Lousada, Portugal, onde a nosa atleta Carolina Santos Villalón participou na proba extra dos 1500m realizando unha marca de 4:52'07, convertíndose na súa mellor marca persoal. ¡Parabéns Carolina!

Sabadell e Getafe, citas para dúas das nosas atletas absolutas

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 11 terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Por outro banda, o domingo día 12 o noso clube estará representado no "Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista" que se disputará na cidade de Getafe (Madrid). Ata alí viaxará a nosa marchadora Iria Rivas Iglesias para participar nos 10km marcha absoluto femenino.

A IV Xornada da Deputación da Coruña contará con representación da nosa canteira

"IV XORNADA. PROBAS DE ATLETISMO EN PISTA DEPUTACIÓN DA CORUÑA"

Pistas de Atletismo INEF de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña)

Sábado 11 de Decembro de 2021

O sábado pola mañá disputaráse a "IV Xornada. Probas de atletismo en pista da Deputación da Coruña" onde teremos representación da nosa canteira.

Na categoría benxamín masculino participará Fernando Arias Vazquez nas probas de 50 ml e 500ml e, na categoría alevín masculino, a presenza do noso clube correrá a cargo dos atletas Bruno Castro Pereira Aron Ñacle Purriños, ambos os dous nas probas de 60ml e lonxitude.

Na categoría alevín femenina teremos a presenza das atletas Lara Fernández LópezCarla Rioseco San JoséNoa Seoane RubiñosAlicia Jove Novo e Pilar Sánchez Paz nas probas de 60ml e 500ml.

Cara e cruz para os nosos no Campionato de España de Cross por seleccións

"CAMPIONATO DE ESPAÑA CAMPO A TRAVÉS CSD"

Centro Ecuestre El Asturcón (Oviedo)

O "Campionato de España de Campo a Través por federacións autonómicas" déixanos con sentimentos encontrados.

Por un lado, a magnífica actuación de Ricardo Negrete acadando o 7º posto na categoría Sub16 e sendo o primeiro galego en pasar polo arco da meta e, por outro, o sabor agridulce debido ao lance de carreira que sufriu a nosa atleta Carolina Santos que obligouna a percorrer parte da mesma cun pé descalzo, aínda así, conseguíu ser a terceira galega en cruzar o arco de meta.

Na clasificación por seleccións, Galicia acadaría o 2º posto na categoría Sub16 de homes e o 10º posto na categoría Sub 18 de mulleres. ¡Noraboa!

Irene Bonafonte acada unha fantástica 3ª posición no "LV Cross Internacional de Catalunya"

"LV CROSS INTERNACIONAL DE CATALUNYA CIUTAT DE GRANOLLERS"

Instalaciones Municipales de Granollers

No día de hoxe disputouse o "LV Cross Internacional de Catalunya" onde a nosa atleta Irene Bonafonte acadaría unha maravillosa  terceira posición ao realizar unha marca de 30'51'' sobre os 8km do circuito de Granollers.

Resultados da nosa canteira en Lugo e A Coruña

" RESULTADOS 4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"

Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)

A competición de Lugo celebrada onte, día 4 de decembro, déixanos as seguintes marcas dos nosos atletas:

  • Bruno Castro Pereira fixo unha marca de 4m na proba de lonxitude.
  • Adriana Castiñeira realizou unha marca de 1.38m na proba de altura, mellorando así a súa anterior marca. Desafortunadamente, na proba de 500m tivo que abandonar.
  • Irma Veiguela Tizón realizou unha marca de 1.35m  na proba de altura, mentres que na proba de 500 metros acadou unha marca de 1:26.4 min.
  • Carmen Grandal Ardao conseguiu unha marca de 1:29.7 min na proba dos 500 metros.
  • Daniela Calvo Prados fixo unha marca de 1:40.5 nos 500m.

       Resultados módulo cuberto   

       Resultados aire libre

"RESULTADOS I CONTROL DE INVERNO"

Pistas Universitarias de A Coruña

Por outra banda, nas Pistas Universitarias de A Coruña, as nosas atletas realizaron as seguintes marcas:

  • Noa Seoane Rubiños  conseguiu unha marca de 9.51s na proba dos 60ml, quedándose moi preto da súa mellor marca.
  • Alicia Jove Novo acadou unha marca de 1:35:57 min na proba de 500 metros, preto tamén da súa mellor marca.
  • Lara Fernández López fixo unha marca de 3:33:81 min na proba de 1000ml.

       Resultados I Control Inverno A Coruña

Fantástica fin de semana para os nosos nenos e as nosas nenas, deixando un bo sabor de boca despois de tanto tempo sen competir.

A nosa atleta Diaou na concentración de Navidad da RFEA.

CAMPUS DE NAVIDAD SUB-20 PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA (PNTD) 

Nerja (Málaga)

27 de Decembro 2021 - 30 de Decembro 2021

O noso clube estará representado por partida doble na concentración que realiza a RFEA dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva, ao ser convocados para a mesma a nosa atleta Diaou Diallo Chao e o seu adestrador Marcelino Crespo Rabanal.

¡Noraboa a ambos!

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias Club