Noticias Club

Bo debut de Yaiza Sanz baixo as nosas cores

"Resultados Pruebas de Control FNA Pista Cubierta"

Módulo Zizur Mayor (Navarra)

Venres 7 xaneiro 2022

Yaiza Sanz Calvo debutou coas nosas cores no módulo Zizur Mayor de Navarra no día de onte acadando unha marca de 8s na proba de 60ml. ¡Parabéns!

Fin de semana repleto de competicións

"Pruebas de Control FNA Pista Cubierta"

Módulo Zizur Mayor (Navarra)

Venres 7 de xaneiro de 2022

A nosa atleta  Yaiza Sanz Calvo compite mañá día 7 de xaneiro nas probas de lonxitude e 60ml no módulo Zizur Mayor de Navarra.

 

"III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"

Pista Cuberta de Atletismo, Ourense

Sábado 8 de xaneiro de 2022

O sábado celebrase o "III Control de Pista Cuberta" en Ourense onde estarán dúas das nosas balas vermellas. Nas probas de 60 metros valos e 200 metros lisos contaremos coa presenza de Antía Rodríguez Queimaño e, na proba de peso de 4kg estará Xiana Lago Andrade.

 

"I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"

Salamanca

Sábado 8 de xaneiro de 2022

Na tarde do sábado teremos presenza de tres atletas do noso clube en Salamanca. Por un lado, Inés Celorio Talía Pérez tomarán a saída na proda de 60 e 200 ml e, por outro lado, Ana Camino Lacarte correrá os 400 ml.

 

"Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Sábado 8 de xaneiro de 2022

En Sabadell contaremos coa presenza de Laura Alonso da Costa na proba dos 400 metros lisos e  de Elena Llobera  na proba de lonxitude.

 

"LXXVIII Cross Internacional Juan Muguerza"

Elgoibar

Domingo 9 de xaneiro de 2022

O domigon pola mañá disputaráse o "LXXVIII Cros Internacional Juan Muguerza" en Elgoibar, ata onde se desplazarán 7 atletas do noso clube. Por un lado, as 10:20h correrá na categoría cadete femenino Aroa Amado sobre unha distancia de 2452m. Por outra banda, as 10:50h correrán as atletas xuvenís Carolina Santos  e Carmen Carrera unha distancia de 3449m. E, por último, as 11:10h tomarán saída Ricardo Negrete, Joel Novoa, Diego Sánchez e Marcos Pérez sobre unha distancia de 5535m.

 

"Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Domingo 9 de xaneiro de 2022

Na tarde do domingo teremos a presenza nas pistas de Sabadell de Ona Alonso Camps na proba dos 800 metros listos.

 

¡Moitísima sorte a todos e todas!

 

Carolina Santos e Carmen Carrera comezaron a tempada en Portugal

"Torneio Dr. Braga dos Anjos"

Altice Forum Braga (Portugal)

Domingo 2 de Xaneiro de 2022

As nosas atletas Carolina Santos Carmen Carrera iniciaron a nova tempada competindo esta mañá en terras portuguesas na proba de 1500 metros lisos do "Torneio Dr. Braga dos Anjos" realizando unha marca de 4'52''11 5'07''73, respectivamente. Bo comezo de ano para as nosas, ¡noraboa!

 

Caras novas nas nosas balas vermellas

Acércase o final de tempada e, a escasos días de rematar o ano e tras a visita de Papá Noel, anunciámosvos boas novas de cara a tempada que vai comezar en forma de fichaxes. Incorpóranse ao club as seguintes atletas:

  • Nas probas de velocidade e lonxitude estará connosco Yaiza Sanz.
  • Marina Bagur na proba dos obstáculos.
  • En mediofondo contaremos coa presenza de Ona Alonso Camps.
  • Nos 400m e 800m temos a Marta Pla Botella.
  • Irene Bonilla Segura en 800m e 1500m.
  • E en fondo teremos á galega Carmen Carrera, xuvenil de primer ano.

¡Desexamos unha boa tempada para todas elas!

Por outra parte, despedímonos de Paulette N. Fernández Ngo, Inés Bereijo Albo, Cristina Regalón, Nuria Montala, Candela Díaz Rivas e Nerea Iglesias Barbazan que ao finalizar esta tempada xa non seguirán defendendo as nosas cores. Dende aquí desexarlle moítisima sorte a cada unha de elas no seu futuro e agradecer a confianza posta na nosa entidade, así como, a súa dedicación e profesionalidade. ¡Vémonos no tartán! 

Bruno Castro participou no "Circuito Deputación da Coruña"

"Circuito Deputación da Crouña probas en pista 2021"

Noia

Domingo 26 de Decembro de 2021

Hoxe pola mañana disputouse en Noia a proba correspondente ao "Circuito Deputación da Coruña" onde participou o noso atleta Bruno Castro Pereira  nas probas de lonxitude e 60ml. Na proba do foso acadou unha marca de 3.55m e na proba de velocidade conseguiu unha marca de 8.8s.

Dous segundos postos para os nosos canteiráns no cross de San Miguel de Oia

"44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia"

San Miguel de Oia, Vigo

Domingo 19 de Decembro de 2021

Hoxe pola mañá disputouse o "44º Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia" onde tivemos representación da nosa canteira.

Irma Veiguela Tizón acadaría o segundo posto sub14 tras percorrer, aproximadamente, 1km e medio, mentres que Hugo Veiguela Tizón faría o mesmo  na categoría sub10 sobre unha distancia de 700m aproximadamente.

¡Noráboa a ambos!

 

Bos resultados este fin de semana para as nosas atletas.

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Se pensades que as alegrías veñen só dende Salamanca estades equivocados. Elena Llobera Miro competiu onte nos 60ml do "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde mellorou a súa marca realizada fai sete días ata deixala en 8s. ¡Noráboa Elena!

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Criterium autonómico PC + Control" no Velódromo Luis Puig, en Valencia, onde participou a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro na proba de 60ml, realizando unha marca de 7.85e na proba de 200ml cruzou a línea de meta nun tempo de 26.23s.

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de onte competiu unha das nosas lanzadoras no "Jornada de lanzamiento de disco" disputada en Madrid. Iris de Castro González foise ata os 40.10m na proba abosulta femenina de disco (1kg).

 

Salamanca é sinónimo de alegría este fin de semana para o noso clube.

"Resultados Campeonato autonómico 200mv absoluto + Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Maravillosas noticias chégannos dende Salamanca este fin de semana. A nosa atleta Paulette Fernández Ngo despedíase da tempada e do noso clube, nada máis e nada menos, que cun RÉCORD DE ESPAÑA na proba de 200 metros valos do "Campeonato autonómico de 200mv absoluto", ao realizar unha marca de 27.82s. Dende aquí, desexámoslle moita sorte no novo clube para a próxima tempada. ¡Noráboa, Paulette!

Por outra banda, tamén tivemos participación das nosas atletas en Salamanca no "Control autonómico absoluto" acadando os seguintes resultados:

  • Talía Mara Pérez Dambrauskas realizou unha marca de 7.67s na semifinal e 7.74s na final dos 60ml.
  • Inés Celorio Sánchez acadou unha marca de 7.90s na semifinal e 7.87s na final dos, tamén, 60ml. Ademáis, na proba de 200ml cruzou a línea de meta nun tempo de 25.80s.
  • Paula González García correu os 60mv en 8.95s na semifinal, mentres que na final realizou unha marca de 9.00s, obtendo así a marca mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta sub20.

¡Noraboa a todas!

 

O "Club Atletismo Ría Ferrol" foi premiado na Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo.

"Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo"

Auditorio Municipal de Lalín

Venres 17 de Decembro de 2021

Na noite de onte celebrouse a "Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo" onde se recoñeceu a traxectoria de atletas, entrenadores, clubes, xuíces, entidades, medios de comunicación e institucións que fixeron e fan posible que o atletismo galego siga medrando ano a ano. 

É un orgullo contarvos que a labor que facemos dende o "Club Atletismo Ría Ferrol" foi recoñecida durante a gala. O noso vicepresidente, Manel Castro, recolleu o premio a unha traxectoria deportiva de máis de 30 anos. Non podemos facer outra cousa que non sexa agradecer todo o apoio mostrado durante todo este tempo a todas aquelas persoas, institucións e patrocinadores que nalgún momento da nosa vida deportiva formaron parte de esta entidade, a quenes seguen loitando por detrás para que sigamos medrando máis e máis, e por suposto, a todos e todas que actualmente manteñen lazos coa nosa entidade. Adestradores, atletas, pais e nais, gracias por facer posible que onte puidesemos estar recollendo este premio e oxalá podamos seguir celebrando recoñecementos xuntos 30 anos máis.

Así de contento recibía o premio o noso vicepresidente, e así estamos todos hoxe. ¡Gracias, unha vez máis, a todos e todas!

Catro cidades españolas contarán coa presenza do noso clube este fin de semana

"Campeonato autonómico 200mv absoluto"

"Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 18 as nosas cores se verán na pista cuberta de Salamanca. Por un lado, teremos a presenza de Paulette Fernández Ngo na proba de 200mv do campeonato autonómico absoluto e, por outro lado, no control autonómico absoluto participarán Talia María Pérez Dambrauskas nos 60mlInés Celorio Sánchez nos 60ml e 200mlPaula González García nos 60ml e 60mv.

Dita competición disputaráse en xornada vespertina e se poderá seguir en STREAMING.

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado 18 de decembro celebrarase, tamén en xornada vespertina, o "Criterium autonómico PC + Control" na pista cuberta de Valencia onde estará competindo nos 60ml a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro.

 

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá sábado terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación do noso clube na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

 

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá teremos representación do clube na "Jornada lanzamiento de disco" en Madrid gracias á participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de disco 1kg.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias Club