Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Aprobación novas datas Campionatos Galegos

 
 
08/04/2014 . Aprobación novas datas campionatos
Comunícase a todos os estamentos que trala consulta á Xunta Directiva e Comisión    Delegada esta Federación comunica as seguintes novas datas:
  • Campionato Galego benxamín, alevín e infantil. 7 de xuño.
  • Campionato Galego cadete de pista aire libre. 17 de maio.
  • Campionato Galego benxamín, alevín e infantil por equipos. 14 de xuño
  • Campionato Galego Absoluto de pista aire libre. 15 de xuño
Fuente:   Página Web FGA

Noticias Web FGA .- AVISO IMPORTANTE: Exclusión da Media Maratón VIG-BAY do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo

 
 
31/03/2014 . AVISO IMPORTANTE: Exclusion da Media Maraton VIG-BAY do Calendario Oficial da FGA
Ante a postura do organizador da Media Maratón Vig-Bay de non facer fronte dos custos da licenza de dia, aprobada pola Comisión Delegada e Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo para a tempada 2013/2014, malia haberse comprometido coa súa firma a asumir as responsabilidades indicadas na circular 57/2013 o día 24 de outubro do 2013, exclúese esta carreira do calendario oficial da FGA. O canon será devolto ao organizador e os rexistros dos atletas, que se inscribiron pensando que participaban nunha carreira oficial, non serán válidos nin para o ranking galego nin para o español. Polo que informamos deste feito para  posibles danos e perxuízos dos atletas afectados, xa que no regulamento publicado pola organización da Vig-Bay figura que a proba é oficial e que as marcas serán válidas, así como que o circuito está homologado, sen poder este feito ser certificado e comprobado polo Comité Galego de Xuíces. A FGA dará parte desta decisión de última hora da organización da VIG-BAY á RFEA e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Fuente:   Página Web FGA

Noticias Servicio de Deportes Xunta de Galicia A Coruña .- Enlace Reportaxe na TVG2 sobre o Campionato Galego de Campo a Través Escolar (A Pobra do Caramiñal, 8.Mar.2014)

 
Achegamos enlace da reportaxe do programa CITIUS ALTIUS FORTIUS da TVG2 que saiu o pasado sábado día 15 de marzo/2013, dentro da programación da TVG2, a reportaxe do Campionato Galego de Campo a Través do pasado sábado 8/03/2014 da Pobra do Caramiñal, por si non a poideron ver en directo.
 
 
 
Fuente:   Servizo de Deporte
                A Coruña
 

 

 

 

Noticias Web FGA .- A Diputación da Coruña convoca as súas bolsas para deportistas

Noticias FGA

14/03/2014 . A Diputación da Coruña convoca as súas bolsas para deportistas
Xa está publicada a Convocatoria Anual de Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña.  Poderán optar a estas bolsas os deportistas da provincia da Coruña que teñan cumpridos de 10 a 17 anos ou 18-23 anos.  As bolsas serán de 2500 euros cada unha e se outorgarán un total de 20 bolsas. O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro 31 de marzo. (Máis información click aqui)

 

 

 

Noticias Web FGA .- Campeonato de España Promesa

Noticias FGA

 
Campionato de España Promesa
Un total de 15 atletas galegos competirán no Campionato de España Promesa que se celebrará esta fin de semana en Antquera. Nos homes participarán Alejandro Rios (Coruña Comarca) nos 60m, Carlos Moro (Riazor) nos 200m despois dos seus fantásticos 22.42 no galego absoluto, os célticos Carlos Porto nos 1500, Sergio Telleria na pértega e Erik Calvo no heptalón proba na que tamén estará Angel Menduiña do Vila de Cangas. Completan a participación os saltadores David Barreira do ADAS na altura e Iván Rodríguez da SGP na lonxitude. Entre as mulleres claras opcións de subir ao podium para Paula Ferreiros (LUCUS) nos 400, Belén Tomil no lanzamento de peso e as mediofondistas Leticia Fernández (Ria Ferrol) e Yuliana Velásquez (A.D. Maratón) nos 800. Leticia inscrita tamén nos 1500, terá que decidir en que proba competirá finalmente. Tamén estarán as saltadoras do Atletismo Femenino Celta Marta Gómez na lonxitude e Rosa Mª Manzano no triple.
(Madó González)
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

 

 

 

Noticias Web FGA .- ¿ Ainda non coñeces a nova web de carreiras galegas ? . Entra xa e disfruta do atletismo popular ao teu alcance.

 
31/01/2014 . ¿Aínda non coñeces a nova web de carreiras galegas? Entra xa e disfruta do atletismo popular ao teu alcance
A Federación Galega de Atletismo ao obxecto de dar unha mellor cobertura ás carreiras populares oficiais de Galicia creou recentemente unha nova web www.carreirasgalegas.com. A web conta cun diseño claro e moi intuitivo que permite aos visitantes acceder cun só click a distintas seccións. Ademais de atopar información sobre as carreiras populares, os internautas poderán acceder  a artigos con información relevante sobre adestramentos e saúde, así como utilizar unha novedosa e robusta plataforma de inscrición de fácil manexo.

 

Noticias Web FGA .- Valiosas fotos da primeira reunión atlética de Galicia

 
 
30/01/2014 . Valiosas fotos da primeira reunión atlética de Galicia
En 1913 disputouse a primeira reunión atlética en Vigo na que tomaron parte un equipo alemán e outro inglés, ademáis dos atletas locais. Nas 2 primeiras fotos pódense ver os participantes. Os ingleses levan a "Union Jack" no peito, os alemáns levan unha aguia. No fondo  aparece unha bandeira cun aguia que representa aos tedescos. Sentado e con pucha aparece Manuel de Castro (artífice da fundación do Celta, da súa sección de atletismo, seleccionador nacional de fútbol, xornalista, directivo e tremendo defensor do atletismo).  A última foto foi de un par de anos posterior. Pódese ver ao fondo o monte do Castro, todo un emblema na cidade de Vigo.
O Campo onde se disputou foi o Campo de Coia (cruce  rúas Beiramar e Coruña ).

Meu agradecemento persoal a J.Ramón Cabanelas, autor do libro "Vía Vigo". Sen el, non sería posíbel disfrutar destas fotos.

Óscar Fernández fainos chegar o enlace ao seu blog cun alto contido histórico do atletismo galego. Desexa agradecer  a J. Ramón Cabanelas, autor do libro "Vía Vigo" as fotos que se publican no seu blog.  Recollemos aquí a súa entrada do blog.

 

Noticias Web FGA .- O xornalista deportivo Emilio Navaza publica unha excelente web sobre a historia do atletismo galego

Noticias  FGA

29/01/2014 . O xornalista deportivo Emilio Navaza publica unha excelente web sobre a historia do atletismo galego
O periodista deportivo Emilio Navaza ven de facer pública a súa web titulada "Vida atlética de Galicia" www.vidaatleticadegalicia.org . A web ten carácter histórico. Nela preténdese congregar os datos relativos a atletas máis destacados de Galicia, campións de España ou internacionais. Ademais abordará acontecementos que foron relevantes na nosa terra, como por exemplo o podería do Club Celta Atletismo en cross a nivel nacional ou os Campionatos Mundiais Militares disputados en Riazor nos anos 60. A intención do autor é escribir un traballo cada semana. Dende a FGA desexamos darlle a noraboa a Emilio por esta gran iniciativa e traballo e desexamos o mellor para este rincón web da historia do atletismo.

Noticias Web FGA .- Este venres terá lugar a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

 

 

21/01/2014 . Este venres terá lugar a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO
Como en anos anteriores a Federación Galega de Atletismo celebrará este venres día 24 de xaneiro a Gala Anual do Atletismo Galego. Unha gala que sirve para rendir un merecido homenaxe a aqueles atletas que obtiveron importantes éxitos, adestradores, clubes, xuíces e institucións que apoiaron ao atletismo ao longo da tempada 2012/13. A gala terá lugar no Auditorio de Monforte de Lemos ás 20:30 horas, tras finalizar as premiacións ofrecerase uns pinchos para todos os asistentes. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer ao Concello de Monforte de Lemos polo seu interese en acoller este importante evento na súa fermosa cidade. O programa Citius, Altius, Fortius dará cobertura a este importante evento. [Consulta aqui o listado de premiados].
 

 

Noticias Web FGA .- Acordo Fisioterapia Lence & Martínez e Ximnasio Saúde & Deporte

 
FGA
 
 
Acordo Fisioterapia Lence & Martínez e Ximnasio Saúde & Deporte
A FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO informa de que realizamos un interesante convenio de colaboración para esta tempada co CENTRO DE FISIOTERAPIA LENCE & MARTÍNEZ na rúa Martín Echegaray, 2, baixo, e no XIMNASIO SAUDE & DEPORTE na rúa Manuel de Castro, nº 7 (Vigo) -moi próximos ás pistas de Atletismo de Balaídos (200 metros) e a tan só 800 metros do Parque de Castrelos- con tarifas especiais para os ATLETAS FEDERADOS, que serían: 17 euros por sesión de fisioterapia e 38 euros ó mes no seu Ximnasio por Adestramentos Persoalizados e Especializados.
Informámosvos deque ámbolos dous centros ademais de ofreceren estes prezos moi por debaixo dos do mercado contan cun equipo de especialistas cunha gran formación e experiencia en Fisioterapia Deportiva (recuperación e prevención de lesións…) como en alto rendimento colaborando co Celta de Atletismo nas competicións das últimas ligas dende hai máis de 10 anos. Ademais, contan cunhas modernas así como ben dotadas instalacións e mesmo cunha pequena pista de tartam para obte-lo máximo aproveitamento dos adestramentos.
Para máis información podedes consulta-las súas páxinas web:
“fisioterapialenceymartinez.es" e "ximnasiosaudedeporte.es" ou  na rede social de Facebook (Ximnasio Saude Deporte) ou Twitter (twitter.com/ximnasioSaude).

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA