Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Claudia Rojo, 1:00.77 nos 400 m. valados

 
 
Claudia Rojo 1.00.77 nos 400mv
Fantástica, unha vez mais a xuvenil do Ría Ferrol, que onte na Liga de Clubes de División de Honra venceu na proba dos 400mv con novo récord xuvenil (1.00.77) é, esta vez si, mínima para os trials xuvenís que se celebrarán en Bakú. Parabéns para ela e o seu adestrador!

 

Noticias Web FGA .- Participación galega no Campeonato de España de Clubes

 
 
Participación galega no Campeonato de España de Clubes
O vindeiro fin de semana iniciase o Campeonato de España de Clubes da presente tempada con varios equipos galegos. O sábado 17 será o turno dos equipos de división de honra co equipo masculino da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e as mulleres do Ría Ferrol, ámbolos dous en Madrid. Xa o domingo farán o debut, nesta primeira xornada, tamén os equipos de primeira división con Afflelou Narón en Alcorcón e R.C. Celta en Cáceres nos homes e Atletismo Femenino Celta e Lucus Caixa Rural nas mulleres tamén en Alcorcón. A segunda xornada terá lugar o fin de semana do 7-8 de xuño e a final o día 28 do mesmo mes.

 

 

Noticias Web FGA .- Claudia Rojo, con 1:01.03 nos 400 m. valados, novo record galego xuvenil

 
 
Claudia Rojo 1.01.03 nos 400m valados, novo record galego xuvenil
 
Fantástica a atleta do Ria Ferrol quen onte volveu a batir o seu propio record nos 400m valados no Trofeo San Isidro celebrado na localidade madrileña de Aluche. Con eses 1.01.03, a galega acercase un pouco mais á mínima esixida para os Trials Juvenil de Bakú.

 

Noticias Web FGA .- Enmendas á modificación do artigo 32.4 da Ley do Deporte de España

 
 
05/05/2014 . Enmendas á modificación do artigo 32.4 da Ley do Deporte de España?
Hoxe pola mañán a Federación Galega de Atletismo recibíu o documento das emendas feitas no Parlamento de España dos diferentes grupos políticos en relación á modificación aprobada polo Consello de Ministros do anteproxecto da Ley de Racionalización do Sector Público e outras medidas da Administración que afecta ao artigo 32.4 da Ley 1990 do Deporte de España (tramitación de licenzas). Co obxecto de que todos os estamentos do atletismo galego dispoñan desta información e do que está acontecendo en relación a este importante asunto e as posicións dos diferentes partidos con representación parlamentaria se publicita o documento coas emendas feitas.  Enmiendas

 

Noticias Web FGA .- Aprobado o Regulamento Electoral por parte da Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Atletismo

 

 

APROBADO O REGULAMENTO ELECTORAL POR PARTE DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA F.G.A.

O pasado sábado 3 de maio, tal e como estaba previsto, celebrouse na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela) a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se aprobou o Regulamento Electoral. Todas as federacions deportivas galegas deben desenvolver durante o ano 2014 o proceso para a elección de membros da Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidente. O documento aprobado polos asembleistas será remitido, tal e como indica a Orde do 8 se setembro de 2010 maila Ley 3/2012 do Deporte de Galicia, á Secretaría Xeral para o Deporte para a súa revisión.

 

Noticias Web FGA .- Clubes participantes no Campionato Galego de Clubes en Pista aire libre

 
 
Clubes participantes no Campionato Galego de Clubes de Pista
Clubes participantes no Campionato Galego de Clubes de Pista a celebrar o vindeiro 26 de Abril nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo:
Homes: R.C. Celta, Sociedade Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Afflelou Narón, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural, Coruña Comarca e Riazor
Mulleres: Ria Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Lucus Caixa Rural, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Afflelou Narón, ADAS e Riazor

 

Noticias Web FGA .- Atletas e adestradores galegos concentrados coa Real Federación Española de Atletismo

 
 
Atletas e adestradores galegos concentrados coa RFEA
A Semana Santa é un período apropiado para a celebración de concentracións xa que serve de ponte entre a tempada de campo a través, pista cuberta e ruta e a tempada de aire libre. Adestramentos conxuntos, contacto con atletas doutros clubs e intercambio de experiencias e coñecementos dos adestradores son algúns dos obxectivos que se perseguen nas devanditas concentracións. Ademáis da concentracción de marcha a nivel galego son tamén varios os atletas que se atopan concentrados cos seus diferentes sectores a nivel nacional. Así en León, do 12 ao 16 de Abril ademais de Claudia Rojo del Ria de Ferrol e o seu adestrador José Antonio Paz no sector de valos atopánse algúns dos xovenes con mais futuro do atletismo galego e que tan bos resultados acadaron nos últimos campionatos de España. Eles son o lucenses Miguel González, Tariku Novales, do Atletismo Noia e Uxía Pérez, do atletismo Tui en fondo e Jorge Puig, da SGP e Angela González, do Comesaña en mediofondo. Nas mesmas datas, en Los Alcázares (Murcia) comparten sede as especialidades da marcha, as probas combinadas e saltos. Alí están a marchadora do Afflelou Narón Maria Abeledo, o atleta da SGP Dario Costas nas probas combinadas e a barbanza Iria Forján en lonxitude, quen parece estar xa recuperada das lesións que lle acompañaron case toda a tempada pasada. Tamén na concentración preparatoria para a copa do Mundo de marcha están preparandose dous galegos que xa saben o que é ser internacionais nesta disciplina: Lorena Luaces e Francisco Duran. Finalmente, durante os días 16 ao 21 abril no Car de San Cugat estará a monfortina que este ano defende as cores do Ria Ferrol Saleta Fernández na concentracción de altura.
A Semana Santa é un período apropiado para a celebración de concentracións xa que serve de ponte entre a tempada de campo a través, pista cuberta e ruta e a tempada de aire libre. Adestramentos conxuntos, contacto con atletas doutros clubs e intercambio de experiencias e coñecementos dos adestradores son algúns dos obxectivos que se perseguen nas devanditas concentracións. Ademáis da concentracción de marcha a nivel galego son tamén varios os atletas que se atopan concentrados cos seus diferentes sectores a nivel nacional. Así en León, do 12 ao 16 de Abril ademais de Claudia Rojo del Ria de Ferrol e o seu adestrador José Antonio Paz no sector de valos atopánse algúns dos xovenes con mais futuro do atletismo galego e que tan bos resultados acadaron nos últimos campionatos de España. Eles son o lucenses Miguel González, Tariku Novales, do Atletismo Noia e Uxía Pérez, do atletismo Tui en fondo e Jorge Puig, da SGP e Angela González, do Comesaña en mediofondo.

 

Noticias Web FGA .- Atletismo Marcha a FGA e a Escola de Marcha dá Diputación de Pontevedra concéntranse na Lanzada

 
 
14/04/2014 . ATLETISMO MARCHA: A FGA E A ESCOLA MARCHA DÁ DIPUTACION CONCÉNTRANSE NA LANZADA
A Lanzada é ou lugar elixido pola Federacion Galega e a Escola de Marcha dá Diputacion de Pontevedra para celebrar a concentracion de Semana santa, desde ou 12 ao 15 de abril, onde os atletas citados compartiran convivencia e adestramentos. 
Os 24 atletas convocados polo Director dá mesma Jorge Silva, baixo a tutéla dos técnicos Jose A. Pardal, Carlos Morais e Jose Calvar, vos atletas selecionados son: Roberto Vieiro, Alex Novas, Smail Laaribi, Daniel Chamosa, Cristian Curopos, Emilio Novas, Fabio Pereira, Hector Rodriguez, Samanta Mulloni (C.A.Ría Ferrol), Rocio Carbia, Laura Nuñez, Debora Pato, Inés Valentin, Ana Piñeiro, Carmen Fontes, Carmen Escariz, Iria Rivas, Valeria Fernandez, Antia Chamosa, Noa Ramirez, Leyre Aranburu, Sidnney Hernandez e Paula Villaverde, sen dúbida un elenco de medallistas autonómicos e nacionais que tendrán a ocasión de motivarse de cara ás importantes citas que se lles aveciñan. 

Galegos convocados pola RFEA sector de marcha 
Os atletas galegos bolseiro non CGTD, foron convocados pola RFEA, Maria Abeledo desprázarase a Murcia Maria Abeledo e Fran Durán a Torrevieja.

 

Noticias Web FGA .- A Diputación da Coruña promove un Curso de Formación continua para Técnicos Deportivos de Clubes da Provincia da Coruña

 
 
14/04/2014 . A Diputación da Coruña promove un Curso de Formación Continua para técnicos deportivos de Clubes da Provincia da Coruña

A Diputación da Coruña dentro do seu plan de formación deportiva publicou recentemente a convocatoria dun curso de formación continua gratuito para os técnicos e monitores de clubes deportivos da provincia da Coruña. Todos os interesados deben formalizar a súa inscrición no seguinte enlace, o curso abordará importantes materias como a responsabilidade civil na xestión dun club, a búsqueda de colaboradores e patrocinadores, ou a xestión de subvencións e a dirección dun club deportivo. O curso terá 6 edicións cunha capacidade de 45 prazas en cada unha delas, e cada edición celebrarase nunha localidade distinta da provincia da Coruña  (Click aqui para inscribirte)

 

Noticias Web FGA .- Actividade do fin de semana: Critérium de Combinadas e Control Técnico en Pontevedra, Memorial Gregorio Pérez Rivera en Lugo, Circuito Ferrolán en Pista en Ferrol e Control Técnico no Barco

 
 
Actividade do fin de semana: Criterium de Combinadas e Control Técnico en Pontevedra, Memorial Gregorio Pérez Rivera, Circuito Ferrolán en Pista e Control no Barco
Case sen tempo de asimilar a Pista Cuberta e o Campo a Través, iniciase a tempada de pista con a priori interesantisimas probas esta fin de semana. O criterium de Combinadas en Pontevedra hai que engadir o Memorial Gregorio Pérez Rivera en Lugo, o Circuito Ferrolán en Pista e os controles do Barco e Pontevedra. Salientar a participación do velocista do Coruña Comarca Mauro Triana  e de Miriam Otero do Afflelou Narón nos 100 e os lanzadores José Manuel Vila na xavalina e Mercedes de Santaló no disco en Lugo; Carlos Moro do Riazor e Claudia Rojo do Ría Ferrol nos 400m valados e as tamén locais Lidia Casal e Candela Díaz xunto con a barbanzana Jessica Rial nos 200 e 400m de Ferrol. Finalmente, en Pontevedra Palomanes estará no triplo, Alfonso Pérez nos 200 e 800 nesta proba tamén estará o seu compañeiro de equipo Jorge Puig e as millores mediofondistas galegas, Leticia Fernández, Yuliana Veslasquez e Solange Pereira disputarán os 800. Nas combinadas destacar a presenza de Santi Ferrer da SGP e Isabel Vázquez do Atletismo Salamanca. Así pois, esperamos bos rexistros neste inicio da tempada.  Fuente: Página Web FGA

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA