Enviado por RIA el Lun, 07/07/2014 - 10:58
Gran éxito do atletismo galego: 9 medallas no Campionato de España Junior e 5 no Campionato de España Promesa
|
Un total de 14 medallas foi o balance da fantástica actuación dos atletas galegos nos Campionatos de España Junior e Promesa que se celebraron esta fin de semana. En Castellón, os junior acadaron 1 ouro, 4 platas e 4 bronces. A atleta do F.C. Barcelona Ana Peleteiro unha vez mais alzouse co titulo de campeona de España no triple con un millor salto de 13.30. As platas viñeron da man de Pablo Castro do Vila de Cangas na proba de peso con 15.89, nova millor marca galega da categoria, o velocista do Coruña Comarca Mauro Triana nos 200m con 21.82, Carmela Cardama do Comesaña con uns fantásticos 9.37.10 (MMP) que refrendan a fantástica tempada que leva e Martin Liste no lanzamento de disco con 47.72. Finalmente, bronce para Eva Cid da Atlética Val Miñor nos 1500 con 4.42.67, José González Portero do ADAS nos 800 con 1.55.70, Miguel Pérez do Lucus cuns excelentes 13.89 nos 110, millor marca galega tamén e o atleta do ADAS, Adolfo Sainz-Maza nas combinadas con 6709 puntos. Xa en .jpg) Durango nos promesas, medalla de ouro por partida doble para Belén Tomil no peso (15.49) e disco (49.50) e ouro tamén para a atleta do Barbanza Lidia Parada na xavalina con 49.50. E dous bronces para Leticia Fernández , do Ría Ferrol, nos 1500 con 4.31.13 e Carlos Moro do Riazor Coruña nos 400 valados con 51.55, millorando notablemente a sua millor marca. Tamen melloró marca pormesa o marchador Fran Duran nos 10000 metros marcha con un rexistro de 42.18.54 (anterior de Marcos Carracedo desde o ano 1994)
|
Enviado por RIA el Dom, 07/06/2014 - 17:55
05/07/2014 . Campionato Galego de 5 Km. en ruta: Ivan Docampo e Barca Toba, campións galegos |
.jpg) Ultima Hora: Na tarde-noite de hoxe no Concello de Curtis, disputouse o galego de 5 Km. en ruta onde se proclamaron campións galegos da distancia Ivan Docampo da Sociedade Gimnastica de Pontevedra e Barca Toba do Comesaña Sporting club cunhas marcas de 15.51 e 19.13 [Resultados]
|
Enviado por RIA el Dom, 07/06/2014 - 17:43
05/07/2014 . Boa actuación galega na primeira xornada dos nacionais Junior e Promesa
|
Durango e Castellon son as sedes dos Campionatos de España Junior e promesa que se dispuntan este fin de semana e trala a primeira xornada os atletas galegos estan realizado unha boa xornada.
Campionato Junior: 2 Medallas (ouro e prata)
Dúas foron as medallas conseguidas na primeira xornada a cargo de Ana Peleterio en triplo salto,cun mellor rexistro de 13,30, logrando un novo titulo ao seu impresionante palmares. A prata foi lograda por Pablo Castro, con 15,89 en peso, mellorando o seu MMP e batendo a mellor marca galega da categoria que o mesmo poseia con 15,77 lograda o pasado dia 21 de xuño no Campionato Galego Junior
Campionato Promesa : Belen Toimil e Lidia Parada, campioas de España
Os lanzamentos deron as dúas primeiras medallas ás atletas galega na primeira xornada do Campionato que se celebra en Durango
En disco non se produciron ningunha sorpresa e Belen Toimil fíxose coa medalla de ouro, cunha marca de 49,50 metros, e Lidia Parada en jabalina tambien proclamar campioa cun bo rexistro de 52,25 metros Resultados Junior - Resultados Promesa
|
Enviado por RIA el Jue, 07/03/2014 - 21:59
Representación galega no LXI Campeonato de España Junior e XXIX Campeonato de España Promesa
|
Mais de 60 atletas compoñen a representación galega que participará esta fin de semana no LXI Campionato de España Junior e XXIX Campionato de España Promesa en Castellón e Durango, respectivamente. Entre os junior destacar a presencia de Ana Peleteiro no triple e o velocista do Coruña Comarca Mauro Triana nos 200, ámbolos dous coa millor marca dos inscritos. Para a atleta do F.C Barcelona será unha boa competición para testar o seu estado de forma de cara o Campionato do Mundo da categoría que se celebrará nas vindeiras semanas en Eugene. Tamén estará loitando polo título Carmela Cardama, do Comesaña, nos 3000. Outras opcións claras de medallas son os lanzadores Pablo Castro (Vila de Cangas) no peso e disco e Martin Liste (Atlética A silva) no disco así como Adolfo Sain-Maza (ADAS) nas combinadas, Pablo Modia (Lucus) na lonxitude, González Portero (ADAS) nos 800, Anxo Blanco (Coruña Comarca) no triple ou Miguel Pérez (Lucus) nos 110, entre outros. Entre os promesas, as opcións mais claras de subir o mais alto do podium veñen da man de Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso (tamén participará no disco) e de Lidia Parada (Barbanza) na xavalina sen esquecer a outros coma Carlos Porto (R.C. Celta) nos 1500, Fran Durán (Simply-Scorpio71) nos 10000 marcha, Paula Ferreirós (Lucus) nos 400, Yuliana Velásquez (A.D. Maratón) nos 800 (tamén inscrita nos 400) ou Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 800 e 1500.
|
Enviado por RIA el Jue, 07/03/2014 - 21:50
03/07/2014 . Campionato Galego de 5 Km. en ruta
|
O sabado dia 5 a partir das 21,30 horas darase o pistoletazo de saída do Campionato Galego de 5 Km. en ruta.
O Concello de Curtis, a traves da Conselleria de Deportes será o organizador do evento, que á parte do Campionato Galego se celebra a I Edición da Carreira Popular de Curtis.
O evento deportivo acollerá unha gran cantidade de atletas populares e federados que daran coloridos ás rúas a partir de 20,35 horas que se dara a saída ás categoria de pitufos sobre unha distancia de 300 metros, a continuación seguiran coas diversas categorias e distancias, e as 21,30 será a carreira de 5 Km. que esta aberta ás categorias juveniles,junior,promesas,senior e veteranos que competiran polo campionato galego e o podio da Carreira Popular.
Máis información - Atletas inscritos no Galego de 5 Km.
|
Enviado por RIA el Mar, 07/01/2014 - 22:05
01/07/2014 . Publicada a Circular da Selección Galega Absoluta. Moi importante todos os atletas deben confirmar a súa participación
|
A Federación Galega de Atletismo publicou hoxe na Circular 49-2014 o listado selecto de atletas que representarán a Galicia no vindeiro Cto. de España de Federacións a celebrar en Alcorcón. Un campionato que goza dun excelente prestixio e que sen dúbida algunha Galicia loitará por estar entre as mellores seleccións autonómicas. (Circular 49-2014)
|
Enviado por RIA el Mar, 07/01/2014 - 22:00
30/06/2014 . Inscribete e colabora na I Edición Solidaria de Oleiros
|
O proximo domingo dia 6 a partir das 10.00 horas, celebrarase a I Edición solidaria de Oleiros,. A carreira realizarase nas proximidades do parque empresarial "PARQUE OLEIROS", organíza Parque Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros, da escola de negocios IFFE Business School, Coca-Cola, Club Atletismo Sada
As inscricións de todas as categorías de farán na tenda Decathlon Oleiros ou a través da páxina web www.carreirasgalegas.com con prazo ata o xoves 03 de Xullo ás 24:00.
Debido a que a carreira é solidaria en beneficio de familias con dificultades á hora de adquirir alimentos o prezo das inscricións á carreira serán de:
. Donativo de 3 euros nas categorías júniors, promesa, sénior e veteranos/ás e un quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número.
Donativo dun quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número para as restantes categorías.
Aquelas persoas que non participen na carreira e queiran colaborar poden realizar o donativo dun quilo de comida non perecedoira.
Non dubides en participar e colabora na carreira ANIMATE E INSCRIBETE ¡
Mais información INSCRIPCION
|
Enviado por RIA el Mar, 07/01/2014 - 21:53
30/06/2014 . Campeonato Gallego de 5Km. – Carreira Popular Concello de Curtis
|
O Concello de Curtis acollerá o vindeiro sábado 5 de xullo o Campionato Galego de 5 km en ruta 2014. Nun circuito homologado pola RFEA, a proba disputarase conxuntamente a unha proba popular onde poderán participar atletas federados e non federados. O mércores 2 de xullo ás 22 horas finaoizará o plazo de inscrición da carreira popular onde poderán participar atletas de todas as categorías. Mañá martes as 20 horas finalizará o prazo de inscrición do campionato galego.
Reglamento Carreira Popular Circular campionato Inscripcións
|
Enviado por RIA el Dom, 06/29/2014 - 19:57
29/06/2014 . O Celta de Atletismo ascende á Division de Honor
|
Disputouse ultímaa xornada da Ligas Nacional de Clubs de diversas sedes.
En Durango produciuse a alegria da xornada onde o Real Club Celta de Atletismo de homes, logro o ascenso á Divisón de Honor na súa disputa do encontro co Narón, Sabadell, Decathlon,Universidad do Pais Vasco, Alcorcon, Hospitalet e At. San Sebastian
O Celta logrou a segunda posición con 106 puntos, sendo terceiro o Affelou Narón con 95,5 puntos,siendo o vencedor o Sabadell con 113,5, quen acompará ao Celta no ascenso.
En división de Honra, a Sociedade Gimnastica de Pontevedra en homes e o Ria Ferrol logran manterse unha tempada mais na maxima categoria.
Na primeira division en mulleres o Atletismo Feminino Celta, clasifícase en terceira posición non logrando o ansiado ascenso por unha diferenza de 4 puntos.
O Lucus, no seu encontro pola permanencia logro a septima posción no seu encontro de Monzon
Dende a FGA destacamos o esforzo de todos os atletas e felicitamos os Clubs que lograron os seus obxectivosResultados
|
Enviado por RIA el Vie, 06/27/2014 - 10:30
27/06/2014 . Saleta Fernandez, seleccionada para os Xogos Olimpicos de la Juventud
|
Grande éxito da atleta Saleta Fernández, a saltadora de Monforte de Lemos, que formará parte da selección española que intervirá nos Xogos Olímpicos da Xuventude a disputar este verán en China. As miñas felicitacións para Saleta, Felipe Barata, Santi Ferrer, club A Gandara, Ría Ferrol e aos seus familiares. A deportista reside na actualidade no Centro de Tecnificacion Deportiva de la Xunta de Galicia. É unha gran noticia para o atletismo (Mas información)
|
Páginas