Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Sergio Telleria superou os 5 m. na pértega no XXXV G.P. Ciudad de Vigo

 
 
Sergio Telleria superou os 5m na pértega no XXXV G.P. Ciudad de Vigo
Ademais do Campionato de España Juvenil a atención onte pasaba polo Vigo, Narón, Madrid e Corrales de Balbuena donde os atletas galegas apuraban o último día para mínimas. No XXXV GP Ciudad de Vigo o gran protagonista foi Sergio Tellería que,agora sí, conseguiu superar o listón na pértega sobre os 5m. Despois de saltar á primeira os 4.96, Telleria superou esa barreira mítica no seu terceiro intento. Destacar tamén o rexistro de Frank Casañas de 65.03, millor marca da tempada, no lanzamento de disco e os 10.72 nos 100 de Denis Galán. No XIII Trofeo Cidade de Narón o mais destacado foi os 56.39 da local Candela Rivas nos 400. Xa no Meeting de Madrid, salientar os 8.05 de Jean Marie Okutu ainda que inválidados polo vento. Finalmente, no control da RFEA en Corrales de Balbuena Solange Pereira non consegui a mínima da RFEA para estar no Europeo de Zurich ó parar o crono en 4.13.30.

 

Noticias Web FGA .- Campionato de España Xuvenil: Saleta Fernández e Uxia Pérez, CAMPEONAS e Francisco Rodríguez, MM Galega de 100 con 10.97

 
 
19/07/2014 . Campionato de España Xuvenil: Saleta Fernandez e Uxia Perez,CAMPEONAS e Francisco Rodriguez , MM Galega de 100 con 10.97
Ultima Hora: Esta celebrándose en Valladolid o Campionato de España Xuvenil, con numerosa presenza de atletas da nosa Comunidade. 
Na matinal da primeira xornada, disputáronse as finais de martelo homes, coa presenza de Gonzalo Brotons (CSN) cun quinto posto e unha marca de 53,74 e Victor Pérez (RCC) con 48,40 e undecima posición 
A outra final da mañá foi a proba de xavalina mulleres, onde tomou parte Laura Meira (NAR) con 40,38 e unha interesante cuarta praza. 
Destacar a marca de Laura Chapela en 200 con 25.37 e pase á seguinte rolda, asi como Claudia Rojo, nos 400 valados, gañando a súa semifinal con autoridade e metendose na final,  e Dario Costas (SGP) Francisco Rodriguez e Javier Garcia do Riazor que pasan ás semifinais de 100
Xornada Tarde 
A primeira final da tarde foi o martelo que tivo a presenza de Eva Doporto (ADAS) que lanzou o artefacto de 3 kg. a 49,43 metros, logrando a septima posición. 
Fantásticos Francisco Rodriguez (Riazor) e Dario Costas (SGP) ambos metendose na final de 100 cuns registros de 10.97 (MM Galega Xuvenil) e 11.01, retirandose Javier Garcia (Riazor) 
En semifinais de 200, Laura Chapela (AFC) on 25.73 métese na final  
Boa semifinal de 400 Paula Garnelo (Riazor) clasificándose para a final co segundo mellor rexistro de 58.65 das participantes. Lia Lois (Marineda) non logra meterse ao facer 1.01.36. En homes dos catro galegos soamente Alfonso Pérez (SGP)  clasificase para a final ao gañar a sua semi cun rexistro de 50.19.
Na final 100, Francisco Rodriguez (Riazor) foi quinto con 11.15 e Dario  Costas (SGP) sexto con 11.23    Na final de disco, Maria Rodriguez (Naron) clasificouse no posto 11 con 28,39 metros. 
Os 800 homes non terán presenza galega na final, xa que Jorge Puig, Noel Soto e Sergio Gonzalez, non lograron meterse na final de mañá.Quen si estaran na final de 800 son Angela Fernandez (CSC) e Laura Santos (ADB) ambas vencedores das súas series. 
En 1500 Adrian Lago (CSC) logrou praza na final, ao quedar segundo da súa semifinal e Laura Mendez (VÑM) non estara presente, ao quedar oitava. 
As mellores noticias para os nosos representantes chegaron coas últimas finais da xornada no salto de altura onde Saleta Fernández (RIA) e Uxia Pérez (TUI) en 3000 proclamáronse Campioas cuns registros de 1,70 metros e 10.08.13, respectivamente.
Na outra final da tarde foi a javalina, onde Francisco Michinel (CCC) e Kevin Fernandez (ADAS) lograron a septima e novena praza 
Resultados      Actuaccion Galega
Foto:carrreirasgalegas.com

 

Noticias Web FGA .- Claras opcións de medallas no LXIII Campionato de España Juvenil con amplia participación galega

 
 
Claras opcións de medallas no LXIII Campionato de España Juvenil con amplia participación galega
Cincuenta atletas compoñen a representación galega que participará o vindeiro fin de semana en Valladolid no Campionato de España Xuvenil, antesala do campionato absoluto. En homes estarán nos 100m, Dario Costas da SGP que participará tamén na altura, os atletas do Riazor Javier García (tamén no 200) e Francisco Rodriguez e Nacho Rivas, do C.A Santiago. Nos 400 claras opción para Alfonso Pérez (SGP) donde estarán tamén Hector Rivas (Ría Ferrol), Pedro Juncal (R.C. Celta) e Gabriel Rodriguez (Riazor). Nas duas voltas á pista Jorge Puig (SGP), Sergio Rodríguez e Noel Soto, os dous do Ría Ferrol, son os nosos representantes. Ivo Maseda (ADAS), Tariku Novales (Atletismo Noia) e Adrián Lago (Comesaña) loitarán polas medallas nos 1500 así como Miguel González (Lucus) nos 3000. Nos obstáculos ademais de Adrián Ben (Lucus) estará Iván Manso (ADAS). Xosé Manuel Fernández (R.C. Celta) e Damián Picouto (Ourense Atletismo) nos 400 valados, Fernando Rabade (R.C.Celta) na lonxitude, Kevin Fernández (ADAS), Michinel (Coruña Comarca) na xavalina e Gonzalo Brotons (San Narciso) e Victor Pérez (R.C.Celta) no martelo e finalmente, os marchadores do Comesaña Emilio Novas e Dani Chamosa completan a representación masculina. Xa nas mulleres, Noelia Graña (Vila de Cangas, tamén nos 200) e Xiana González (Atlética Lucense) participarán nos 100, Laura Chapela do Atletismo Femenino Celta nos 200, nos 400 estarán Paula Iglesias (Riazor, inscrita tamén nos 400valados e altura) e Lia Lois (Marineda), unha das grandes favoritas a subir o mais alto do podium será Angela González (Comesaña) nos 800 quen estará acompañada por Laura Santos (Barbanza) . No 1500, Laura Méndez (Atlética Val Miñor). Nos obstáculos estará Ana García (ADAS) loitando tamén polas medallas. Uxía Pérez do Atletismo Tui outra das grandes favoritas nos 3000. Tamén a ferrolana Claudia Rojo estará loitando por un novo título nos 400 valados na que tamén estará na liña de saída Nerea Martínez do Lucus. Nos concursos, opcións de campionato para Saleta Fernández (Ría Ferrol) na altura na que tamén participará Alexia Vidal (Vila de Cangas), Elvira Okutu (SGP) na lonxitude, María Rodríguez do Afflelou Narón no peso e disco, Eva Doporto (ADAS) no martelo, Laura Meira (Vila de Cangas) na xavalina e por último, as marchadoras do Comesaña Carmen Escariz e Carmen Fuentes e María Abeledo (Afflelou Narón) completan as inscritas.

 

Noticias Web FGA .- Troco de Horario no Trofeo Cidade de Narón

 
 
17/07/2014 . Troco de Horario no Trofeo Cidade de Narón
Unha vez pechado o prazo de inscripciones da XIII Edicion do Trofeo Cidade de Narón, que se celebrará o próximo día 19 no Estadio Rioseco de Narón, a competición sufrirá unha pequena variación no Horario circulado anteriormente. Novo Horario 

 

Noticias Web FGA .- GP Ciudad de Vigo

 
 
16/07/2014 . GP Ciudad de Vigo
O sábado 19, a partir das 19 horas, celebrarase no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos, a edición 35ª do Gran Premio Cidade de Vigo co que se pecha a tempada de pista ao aire libre en Vigo. 

Haberá premios de 200 € ao 1º e 100 € ao 2º de cada evento, agás os 1000 m lisos onde hai trofeo ao gañador Horario

 

Noticias FGA .- Composición de la Asamblea General de la Federación Gallega de Atletismo 2014-2018

 
 
 
Una vez celebradas las Elecciones a la Asamblea General, la composición de la Asamblea General de la Federación Gallega de Atletismo 2014-2018 es la siguiente:
 
 
 

Noticias Web FGA .- Aberto o prazo de inscripción para facer o Curso de Adestrador de Club Nivel II RFEA

 
 
15/07/2014 . Aberto o prazo de inscripción para facer o Curso de Adestrador de Club Nivel II RFEA

En Santiago de Compostela terá lugar os vindeiros meses de setembro, outubro e novembro o Curso de Adestrador de Club Nivel II da Real Federación Española de Atletismo. Con esta edición xa son 3 as ocasións que os adestradores galegos co título de monitor nacional de atletismo poden promocionar subindo un nivel mais de formación. O curso terá lugar ao longo de 9 fins de semana, en horario de venres pola tarde e sábado todo o día. Os alumnos poden faltar un máximo do 20%. A FGA contará co profesorado da Escola Galega de Adestradores e con profesorado da Escola Nacional de Adestradores da RFEA. Todos os interesados deben cubrir o formulario de inscripción e facer o pago do 50% da matrícula do curso. Os afiliados á EGA nesta tempada teñen un importante desconto na matrícula.

Inscríbete aquí facendo click aqui (BOLETIN INSCRIPCIÓN)  (CIRCULAR INFORMATIVA)

 

Noticias Web FGA .- Campionato de España de Seleccións Autonómicas: Bo campionato de Galicia cun gran 5ª posición e mellor marca galega absoluta de 4 x 400 metros

 
 
12/07/2014 . Campionato de España de Seleccións Autonomicas: Bo campionato de Galicia cun gran 5ª posición e mellor marca galega absoluta de 4 x 400 metros
Ultima Hora: Gran campionato de España de Autonomias, onde a favorita a selección de Cataluña revalido o titulo seguida de Madrid e Andalucia. 
A nosa Selección realizo un gran encontro gañando en 3 probas Frank Casañas (disco 62,70), Borja Barbeito (Jabalina 711,8) e Solange Pereira (1500 4.21.74) 7 segundos postos a cargo de Alejandro Fernandez (3000 / 8.12.93) Jean Marie Okutu (Lonxitude 7,77) Jose A. Palomanes (Triplo 15,42) Isaac Vicente (martillo 67,71) Esther Navarrete (3000, 17.02.74) Belen Toimil (peso 15,24) Mercés de Santalo (disco 50,60) e un terceiro posto Begoña Garrido (400 /54.51) 
O cuarteto de 4 x 400 formado por Candea Rivas, Paula Ferreiros, Solange Pereira e Begoña Garrido, logran mellorar a mellor marca galega de 3.50.74 realizada en Vigo no ano 1997 e deixalo en 3.47.89 
Tambien logra rebaixar a mellor marca galega da categoria xuvenil/junior de 400 valados, Claudia Rojo ao parar o crono en 1.00.61 
Gran quinto posto cunha puntuación de de 467,5 puntos a 32 puntos do terceiro posto de Andalucia, e a 12,5 puntos de Castilla-Leon 
Desde a FGA, felicitamos a todos os integrantes da Selección, polo seu esforzo e o bo campionato realizado   Resultados   - Actuacción Galega

 

Noticias Web FGA .- Publicado o plan de viaxe da Selección Galega Absoluta

 
 
08/07/2014 . Publicado o plan de viaxe da Selección Galega Absoluta

Xa está publicado na Circular 49-2014 o plan de viaxe da Selección Galega Absoluta, pregamos a todos os atletas que cotexen o seu lugar de incorporación e que notifiquen calquer incidente ao secretario xeral da Federación a través do email secretariogeneralfga@gmail.com .

Circular 49-2014 CLICK AQUI

 

 

Noticias Web FGA .- O plan de viaxe da Selección Galega Absoluta publicarase mañá

 
 
07/07/2014 . O plan de viaxe da Selección Galega Absoluta publicarase mañá
Tralas últimas confirmacións dos atletas seleccionados, a FGA está planificando a ruta que fará a expedición que viaxará ata Alcorcón. Avísase a todos os atletas que a viaxe será o venres pola mañá, polo que agradecemos que soliciten os permisos nos seus respectivos postos de traballo ou estudo para poder viaxar ca selección na mañá do venres.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA