Enviado por RIA el Vie, 10/17/2014 - 12:28
Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2014 . Exame Xuíz Territorial 2014 |
O domingo 14 de decembro realizarase o exame para o ascenso á categoría de Xuíz Territorial de Atletismo.
Todala información na tua Delegación Territorial ou no correo comitegalegoxuices@gmail.com.
Exames de anteriores convocatorias aquí.
Cando teñamos máis información a publicaremos na web. ¡ ANIMATE !
|
Enviado por RIA el Jue, 10/16/2014 - 12:29
Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15 Atletas independientes, xuices e adestradores. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20 |
A partir do vindeiro luns 20 de outubro, ás 10,00 horas, poderase dilixenciar o pago das licenzas de adestradores, xuíces, atletas independentes e de clubes non galegos, así como a licenza de clubes de nova creación na seguinte plataforma:http://carreirasgalegas.com/licencias/. As licenzas dos atletas pertencentes a clubes galegos deberán ser feitas na plataforma da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/ Con esta nova creación á FGA simplifica os procesos administrativos por vía telemática.
|
Enviado por RIA el Mar, 10/14/2014 - 21:08
Actualidade do Atletismo Galego
14/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estreará unha nova aplicación a partir do día 20 |
A FGA informa que para a renovación de altas e baixas de atletas, xuices e adestradores a FGA estreará unha nova aplicación telemática que entrará en funcionamento o vindeiro luns dia 20, polo que rogamos aos interesados en esperar ata esa data. A normativa de licenzas publicarase nesta semana. Adiantamos que trala aprobación da Xunta de Goberno o pasado sábado os prezos das licenzas autonómicas non diferirán con respecto ao ano pasado, soamente as cuotas de licenzas independientes de atletas terán unha baixada de 133 euros a 60 euros. O resto de cuotas de licenzas autonómicas serán as mesmas que na presente tempada. Por outra parte informamos que a RFEA subiu os prezos das súas licenzas, estas cuotas poden consultarse na normativa de licenzas da RFEA e tamén na circular que publicará a FGA.
|
Enviado por RIA el Sáb, 10/11/2014 - 17:18
Actualidade do Atletismo Galego
11/10/2014 . Intensa e longa reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA
|
No día de hoxe tivo lugar en A Coruña unha xuntanza da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA. A reunión con comezo ás 10:45 horas prolongouse ata as 15:15 horas. Nela aprobáronse numerosos puntos do orde do día entre os que cabe salientar: a normativa de licenzas 2014/15 (mantendo as cuotas do presente tempada, con excepción das cuotas de atletas independentes que sufren unha baixada), a normativa de carreiras populares na que salientamos a campaña de captación de novas probas populares con importantes descontos para os organizadores, tamén salientar neste apartado que dende o 1 de novembro todas as probas gozarán dun desconto do 10%, tamén aprobouse os records galegos establecidos ata a data, os orzamentos, e outros documentos. A reunión contou cunha importante afluencia de membros da Xunta de Goberno e con poucas ausencias xustificadas.
|
Enviado por RIA el Dom, 09/21/2014 - 20:35
Actualidade do Atletismo Galego
Vencedores nas populares da fin de semana |
Cristian Muiño do Club Alejandro Gómez e Teresa Castro do Club Atletismo Noia na Carreira Pedestre de Corcubión; Pedro Nimo do Dar2bCorredores Pedro Nimo e Paula Sahelices no CorreSanGranxa do Xexto-Cronoescalada ao Pedroso; Ero Doce do Ría Ferrol e Eusebia Maldonado na Milla de Valdoviño e, finalmente, Solange Pereira na II Carreria de la Mujer vencedores das probas populares do calendario da FGA de esta fin de semana.
|
Enviado por RIA el Mar, 09/16/2014 - 21:57
Actualidade do Atletismo Galego
José Carlos Tuñas novo responsable do sector de velocidade |
José Carlos Tuñas será o novo responsable do sector de velocidade. O adestrador coruñes é un dos grandes artífices do éxito da velocidade galega nas últimas tempadas. Mauro Triana, Patricia Carballo, Roi Avellaneda, Denis Galán ou Sergio Rodriguez son alguns dos velocistas adestrados por Tuñas sen esquecer outros como Marta Lolo ou Anxo Blanco en saltos. Dende a FGA queremos agradecer o compromiso e o traballo da responsable do sector nas últimas tempadas Margot Garnelo.
|
Enviado por RIA el Vie, 09/12/2014 - 23:05
Actualidade do Atletismo Galego
12/09/2014 . Publicada a Circular do Cto. Galego de Milla e 1000 metros ruta categorías inferiores |
O Campionato Galego de Milla en ruta e o Cto. de 1000 metros en ruta de categorías inferiores terán lugar o sábado 27 de setembro en Marín. A organización deste campionato estase volcando para intentar reunir a unha gran cantidade de atletas galegos. No día de hoxe incorporouse á Circular 53-2014 o listado de premios económicos que a organización outorgará aos mellores atletas. Podes consultar as bases facendo click AQUI
|
Enviado por RIA el Vie, 09/12/2014 - 21:46
Actualidade do Atletismo Galego
Firma do convenio entre a Federación e o Concello de Vigo |
Esta mañá desenvolveuse na dependencia da Alcaldia do Concello de Vigo o acto da firma do convenio entre a Federacion Galega de Atletismo e o Concello de Vigo en relación á xestión das pistas municipais de Balaidos. Ao mesmo asistiron o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos que estiveron acompañados tanto por parte do Concelleiro de Deportes Manel Fernández , como polo Delegado da FGA en Vigo Javier Alvarez Salgado.Coa firma do Convenio queda de manifesto cales son as responsabilidades do Concello de Vigo e a propia FGA en relación á xestión das pistas de Atletismo municipais, o cal redundase nunha maior facilidade para os usuarios e permitirá que a FGA desenvolva as súas actividades con maior flexibilidade.
|
Enviado por RIA el Dom, 09/07/2014 - 17:40
Actualidade do Atletismo Galego
06/09/2014 . A continuidade dun proxecto |
Publicamos as primeiras declaracións do presidente da FGA recientemente reelixido a un medio de comunicación na que comenta os seguintes pasos do seu gestion (Pinchar)
|
Enviado por RIA el Dom, 09/07/2014 - 16:51
Actualidade do Atletismo Galego
06/09/2014 . Manuel Oliver Perez e Raquel Suarez, vencedores en San Xoan de Piñeiro |
A localidade San Xoan de Piñeiro en Mugardos, foi o escenario da onceava proba da II Edicion do Circuíto da Diputacion da Coruña, onde resultaron vencedores absolutos, o atleta do Coruña Comarca Manuel Oliver Perez e Raquel Suarez do Ria Ferrol
Manuel estivo acompañado no podium por Sergio Piñon e Angel Maceiras, sendo as acompañantes de Raquel, Maria Cabadas e Eusebia Maldonado Resultados
Clasificaciones Circuito Deputacion A Coruña
|
Páginas